23 de maio de 2013

Roberto Vidal Bolaño en cómic

Desde a biblioteca escolar propuxemos a todo o colexio a elaboración de cómics sobre a vida e a obra de Roberto Vidal Bolaño.
Algúns deles foron elaborados colaborando diferentes cursos, outros elaboráronse en grupos dentro da mesma clase e mesmo houbo quen se atreveu a elaboralos de xeito individual. De momento están expostos nas paredes do colexio. Pasada unha semana serán encadernados e quedarán na biblioteca no noso recanto "Fixémolo nós".
Aí van algunhas fotos cos resultados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario