4 de out. de 2013

BENVIDOS!



Dende a biblioteca do cole dámosvos a benvida a todos e a todas un curso máis! Un curso que vén cheo de novidades e sorpresas. Así que estade ben atentos a todo o que ocorra no cole e en especial a todo o que se conte neste blog.

Como sabedes, dende comezos desta semana, xa podedes vir á biblioteca polas tardes, agás os martes. O horario é o mesmo que o de outros anos, de 4 a 6 da tarde.

Ademáis de polas tardes, xa sabedes que podedes vir todos os recreos a ler un chisco ou a coller algún libro para ler na casa!

Ningún comentario:

Publicar un comentario