4 de out. de 2013

COMEZAN OS CONCURSOS DA BIBLIOTECA

Co mes de outubro chegan os xogos organizados pola biblioteca: "O XOGO DO SABICHONDO" e  "O RECUNCHO DE POPI" Con este motivo, tanto O Sabichondo coma Popi fixéronvos chegar unhas cartas anunciando o seu comezo e animándovos a PARTICIPAR!

Lémbrarvos que:

O "Xogo do Sabichondo" é un concurso para os de 1º, 2º e 3º no que teñen que escribir o nome das imaxes que aparecen no taboleiro. As respostas teñen que estar perfectamente escritas en galego.



O "Recuncho de Popi" é un xogo destinado ao alumnado de 4º, 5º e 6º. Para serdes gañadores e gañadoras deberedes contestar ás preguntas de Popi pero sen esquecervos de escribir a fonte de onde atopastes a información.




Ningún comentario:

Publicar un comentario