31 de out. de 2012

contos do samain

Estes días os alumnos e alumnas de 2º e 3º ciclo estanlles lendo historias de medo aos pequenos. Son historias que eles inventaron, participando nun concurso de contos de medo con motivo do Samaín. As sesións de lectura comezaron onte día 30 e continuarán hoxe e toda a semana que vén. Durante a última sesión de cada día lenlles contos aos alumnos de 1º e 2º de E. Primara e de E. Infantil. Na hora do recreo poderán tamén asistir ás lecturas alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º.

16 de out. de 2012

Popi manda investigar

Estas son as preguntas que se propoñen este mes para o "Recuncho de Popi":

1ª  Cal é a orixe do nome da estación do outono?

2ª Escribe tres características desta estación.

3ª Que significa que as árbores sexan de folla caduca?

Lembrade que tedes que indicar cal é a fonte documental da que sacastes a información.

Anímate a participar!!!

NORMAS DO SABICHONDO

  NO TABOLEIRO APARECEN NOVE IMAXES DE COUSAS QUE PODES ATOPAR NA BIBLIOTECA.
2ª AO LADO DE CADA IMAXE HAI UN NÚMERO.
3º DEBES CONTESTAR Á PREGUNTA: EN QUE LUGAR OU RECUNCHO DA BIBLIOTECA PODES ATOPAR...?
4ª NA PLANTILLA DEBES CONTESTAR, AO LADO DE CADA NÚMERO O NOME DO RECUNCHO OU DO LUGAR DA BIBLIOTECA.
PARTICIPA E ...SORTE!!!

Atención aos comelibros


O día 15, na hora do recreo, fixemos a primeira reunión deste curso. Nela faíxose a entrega do material e dos primeiros libros:
"Xoeliki"
"Cómo complacer a todo el mundo sin dejar de hacer... lo que uno quiere"
A actividade tivo moi boa acollida e están apuntados 34 rapazas e rapaces de 6º . Agora... a desfrutar!!!

BENVIDOS!!

Benvidos un novo curso!!
Este ano a biblioteca está renovada e estamos desexando compartila con toda a comunidade educativa.
Polas mañás estamos aquí agardando a vosa presencia, especialmente na hora do recreo.
Tamén como sabedes podedes vir tódalas tardes, agás os martes, de catro a seis. Vinde! Non nos deixedes sós!
Comezou xa o primeiro xogo do Sabichondo e do Recuncho de Popi.
Animádevos a participar!

Tamén se entregaron os primeiros libros aos membros do clube "Os Comelibros".