31 de out. de 2015

CONTO EN SAMAÍN

Este xoves, con motivo da celebración do Samaín no colexio, o Equipo de Biblioteca quixo agasallar aos nenos e nenas coa lectura dun CONTO DE MEDO levada a cabo por alumnos e alumnas de 6º, que se escoitou a través da Nosa Radio Faladora!
Escollemos un conto de medo que foi gañador no ano 2013, escrito por Vanesa Freitas Táboas e que se titulaba "Unha meiga chuchona no pobo"


29 de out. de 2015

CLÁSICOS PARA PROFES, PAIS E NAIS


AO IGUAL QUE TEMOS NA BIBLIO NOVIDADES PARA TODOS OS RAPACES E RAPAZAS, TAMÉN TEMOS LIBROS PARA PROFES, PAIS E NAIS! NESTE MES, RECOMENDAMOS UNHA SERIE DE CLÁSICOS QUE DE SEGURO QUE AO BOTARLLES UNHA OLLADA, VOS VOLTAN AS GANAS DE LER UN LIBRO QUE LESTES XA FAI TEMPO! ANIMÁDEVOS
 PARA VER ALGÚN DOS TÍTULOS PREMEDE NA SEGUINTE LIGAZÓN

Sigue el tablero Novidades outubro- clásicos para adultos de biblioremedios en Pinterest.

19 de out. de 2015

OS CLÁSICOS

Grazas á doazón dunha familia temos á nosa disposición unha colección de clásicos da literatura universal.

12 de out. de 2015

VOLTAN AS MALETAS VIAXEIRAS

Voltan as maletas viaxeiras ao noso cole!! Tanto para os máis pequenos coma para os maiores!! Como sabedes, estas maletas viaxarán por todos os niveis levando novas aventuras e datos interesantes a cada un de vós. Se non tedes tempo de ler todo o que quixerades mentres a maleta está na vosa clase, poderedes baixar á biblioteca e co voso carné coller o libro.



6 de out. de 2015

NOVIDADES: LIBROS NOVOS DA BIBLIOTECA

Esta mensaxe vai dirixida aos nosos grandes lectores e lectoras. No lado dereito deste blog e debaixo de Popi, incluímos unha sección baixo o título de NOVIDADES no que poderes atopar os novos libros que nos van chegando á Biblioteca cada mes! Só tedes que premer na imaxe, botar unha ollada e pasar pola biblio a escoller o título que máis vos interese!



Comezamos o mes de outubro cunha chea de novidades, pero queremos resaltar as lecturas en inglés que podedes atopar na biblioteca. Animádevos rapaces e rapaces!Hai unha gran variedade, pasade a escoller o título que máis vos interese!

Ademáis dos libros en inglés tamén tedes á vosa disposición outras obras que están expostas na biblioteca! 
Desta vez, fixemos uso dunha fermosa cesta para meter esta serie d libros ben divertidos.
Outra nova foi a maleta que nos chegou ao cole con lecturas para pais e nais do alumnado. Tales lecturas están expostas no recuncho de novidades!

2 de out. de 2015

POSTA EN MARCHA DA BIBLIOTECA


Como en todos os comezos de curso, o Equipo de Biblioteca fai unha pequena presentación con información básica sobre a biblioteca para os mestres  (normas, o programa Meiga, como catalogar...)

Pero, este ano, todos os profes tivemos que colaborar na nova distribución dos libros na biblioteca, xa que se cambiou o seu etiquetado  para que a súa colocación e busca se adaptase aos parámetros que seguen todas as bibliotecas.
Tamén colaboraron na posta en marcha da biblioteca os rapaces e rapazas de 6º. Isto vai facer máis doado o seu traballo como AXUDANTES DE BIBLIOTECA, xa que agora coñecen perfectamente a distribución dos libros e poden guiar ao resto do alumnado. MOITAS GRAZAS POLO VOSO TRABALLO E IMPLICACIÓN!!

1 de out. de 2015

BENVIDOS!!



BENVIDOS RAPACES E RAPAZAS OUTRO CURSO MÁIS Á NOSA BIBLIOTECA!!!ESTADE BEN ATENTOS AS NOSAS NOVIDADES!!