30 de mar. de 2020

Nós lemos na casa

Retomamos a Hora de Ler tras a fin de semana con "Chibos chibóns", de Olalla González. Moi atentas!

 

25 de mar. de 2020

Nós lemos na casa

Hoxe Xela ten ganas de falar inglés... aquí vos deixa "Three little pigs":



 Ademais, para que continuedes practicando o voso inglés, premede no seguinte enlace e fai o listening: 😊

https://eslvideo.com/quiz.php?id=33945

24 de mar. de 2020

Nós lemos na casa

Hoxe deixámosvos unha historia moi divertida, a da Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza:


23 de mar. de 2020

Nós quedamos na casa


       Xela quere aportar o seu grao de area para que neste tempiño na casa non perdamos o hábito de voar coa imaxinación a través das historias que viven nos libros.

      Cada día colgaremos un videoconto á hora de ler do cole, ás 11:55, para que nese intre nos sintamos todas e todos un pouquiño máis preto. 

        Hoxe comezamos por "Mago Rosa", de Txabi Arnal e Rashin Kheiriyeh. Agardamos que vos guste 😃





      Ademais, co fin de que estes días de corentena sexan máis entretidos, Eloy Moreno comparte con nós un libro gratuíto que podedes adquirir en versión electrónica en Kindle Amazon ou na súa web www.eloymoreno.com
 





Moito ánimo e boas lecturas!
#nósquedamosnacasa