26 de abr. de 2015

XOGO DO SABICHONDO ABRIL



O XOGO DO SABICHONDO  de abril está relacionado cos libros e as súas partes.
 A ver se sabedes que é cada cousiña! A investigar rapaces!!

RECUNCHO DE POPI ABRIL

Por fin, rapaces e rapazas! tedes a oportunidade de participara no "RECUNCHO DE POPI" a través do blog da Biblioteca!
Aquí vos deixamos as preguntas. 





     Lembrade:

  • Poñer o número da pregunta antes de responder


  1.            
  • Escribe a fonte que empregastes para coñecer a información
  • E, por último, o voso nome e curso.

Sinxelo non? As respostas publicaranse unha vez que remate o concurso e saian os gañadores

23 de abr. de 2015

PROGRAMA ESPECIAL DE RADIO

Para festexar o día do libro, que mellor que un programa especial sobre este día! A verdade é que estivo moi entretido. Rapaces e rapazas de todos os cursos (dende 4 anos ata 6º)
leron un cachiño dalgún libro ou poema interesante que están a traballar na clase! Ademáis poidemos coñecer a orixe do Día do Libro, que é BEN interesante. Se queredes volver a escoitalo, moi pronto estará aloxado na web do colexio!
Aquí vos deixamos algunhas fotos da gravación dese día! Esperamos que o pasarades moi ben!


FESTEXANDO O DÍA DO LIBRO

Este ano, como xa adiantamos no blog, os rapaces e rapazas crearon unha chea de caligramas durante todo o mes de abril para decorar os recunchos da biblioteca por mor do DÍA DO LIBRO!
A verdade e que a actividade foi todo un éxito e os CALIGRAMAS moi inxeniosos!
Aquí vos deixamos mostra dalgúns exemplos


BO DÍA DO LIBRO

REUNIÓN DE "OS COMELIBROS" DE ABRIL

O luns 20 de abril os GRUPOS B e C tivemos reunión do CLUBE DE LECTURA:
O grupo B analizou a lectura feita sobre o libro : "A Lenda do Rei Lobo" de Xavier Estévez Ferreiro.
O grupo C comentou a súa lectura de "El principito" en formato dixital.
O mércores 22 de abril o GRUPO A reuniuse para falar de "O Misterio das Badaladas"
Preme na imaxe para ver un breve resumo de como se desenvolveron ambas reunións.



A SEGUINTE REUNIÓN  TERÁ LUGAR O DÍA 18 DE MAIO
Estas serán as próximas lecturas que comentaremos:

GRUPO B: "XOELIKI"
GRUPO C: "A LENDA DO REI LOBO"
GRUPO A: "EL PRINCIPITO"

19 de abr. de 2015

GAÑADORES XOGOS DE ABRIL

Velaquí os gañadores do Xogo do Sabichondo e do Recuncho de Popi do mes de maio!

 SARA MAGARIÑOS RODRÍGUEZ DE 1ºB
KEVIN LÓPEZ GASCÓN DE 3ºC
 PEDRO ESTÉVEZ LOSADA DE 6ºA 

 NORABOA!