Amosando publicacións coa etiqueta Maleta viaxeira. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Maleta viaxeira. Amosar todas as publicacións

20 de xan. de 2016

NOVA MALETA PARA PAIS E PROFES

Temos ata o entroido unha nova maleta emprestada pola consellería. Nela hai 37 libros e 3 películas. A maioría dos libros están destinados á lectura dos rapaces e rapazas pero tamén hai algúns que parecen moi interesantes tanto para profesores como para pais/nais. Desde o equipo da biblioteca convidámosvos a botarlles unha ollada antes de que marchen coa finalidade de coñecelos. Os que son para a lectura infantil están na cesta e os de adultos( pais, profes) na sección de novidades.
Premede na seguinte imaxe para ver os títulos que podedes atopar na nova maleta!


12 de out. de 2015

VOLTAN AS MALETAS VIAXEIRAS

Voltan as maletas viaxeiras ao noso cole!! Tanto para os máis pequenos coma para os maiores!! Como sabedes, estas maletas viaxarán por todos os niveis levando novas aventuras e datos interesantes a cada un de vós. Se non tedes tempo de ler todo o que quixerades mentres a maleta está na vosa clase, poderedes baixar á biblioteca e co voso carné coller o libro.



23 de abr. de 2014

DIA DO LIBRO




HOXE 23 DE ABRIL, FESTEXAMOS NO COLEXIO O DÍA DO LIBRO!


COMO NON PODÍA SER MENOS, HOXE NA BIBLIOTECA TIVEMOS VARIAS SORPRESAS. OS QUE NOS VISITASTES HOXE DURANTE A HORA DO RECREO XA O SABEDES, VERDADE? POIS SI, TODOS OS ALUMNOS E ALUMNAS QUE DECIDIRON VIR A BIBLIOTECA BEN PARA LER UN ANAQUIÑO OU BEN PARA FACER ALGUNHA CONSULTA RECIBIRON UN PEQUENO AGASALLO: UNHA CHAPA DA BIBLIOTECA!!




ADEMAIS, CADA AULA FIXO A SÚA ESPECIAL HOMENAXE A ESTE GRAN DÍA! ALGÚNS FIXERON MARCAPÁXINAS E COMO NON HOXE PRESTAMOS ESPECIAL ATENCIÓN AS MALETAS VIAXEIRAS!





23 de feb. de 2013

MALETA VIAXEIRA


O pasado mes de decembro decidimos enviar unha maleta viaxeira ao 3º Ciclo de E. Primaria para que os nosos alumnos coñezan as novidades que hai na biblioteca e se animen a desfrutar delas.

Cada semana permanece nunha aula diferente e cambiamos os títulos cada vez que cambia de curso.

Xa imos pola  3ª  maleta e parece que tén moito éxito.