18 de dec. de 2017

Os pitiños tiveron premio!!!

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de premiarnos por Pitiños: un proxecto do ovo á galiña, que puxemos en marcha o curso pasado entre a biblioteca e as titoras Maite Domínguez e Susana Lamela.

O traballo entre as diferentes aulas e a biblioteca enriquece os proxectos e fomenta o uso da biblioteca, xa non só como un espazo de lectura e de búsqueda de información, senón tamén de realización de diferentes actividades, como a de búsqueda de pistas co robot.

Se queredes volver consultar o proxecto, pinchade no seguinte enlace:








10 de dec. de 2017

Nadal na biblio



Xa chega Papa Noël para desexarnos unhas boas festas en diferentes idiomas. El sabe moitos idiomas  xa que viaxa por todo o mundo. Deixounos este precioso mural nun recuncho da  nosa biblioteca.






25 de Novembro




Con motivo da celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero dende a biblioteca realizamos a actividade "Como cambia o conto..."Trátase de fomentar a igualdade  entre homes e mulleres a través dos contos tradicionais.