28 de maio de 2014

VISITA DE PAULA CARBALLEIRA

O pasado martes tivemos a sorte de ter con nós non só a unha gran escritora senón tamén unha magnífica contacontos.
Entre outras cousas, veu para falarnos do súa obra "CASAS" que os rapaces e rapazas de 4º xa leran.
Estivo moi ben, moi entretido. Ao rematar os seus contos pudemos facerlle unha chea de preguntas. Ademáis tamén nos firmou autografos para ambas as dúas clases, como recordo do seu paso polo cole. Nós agasallámola cos debuxos que creamos tras lermos o seu libro.

REUNIÓN DO CLUBE

O día 15 deste mes, tivemos as reunións do clube de lectura!
NO GRUPO A comentamos o libro "¿QUIÉN CUENTA LAS ESTRELLAS?" e
NO GRUPO B tivemos un coloquio sobre "EL SAMURAI DEL REY
Por certo rapaces e rapazas, moi pronto o autor deste último libro, así coma de "O CARTEIRO DE BAGDAD" que tamén leron os Comelibros, nos fará unha visita ao noso centro para falarnos das súas obras. QUE SORTE!!!




MÁIS SABICHONDO

Neste mes de maio tivemos o XOGO DO SABICHONDO adicado ás letras galegas.
Desta vez, os máis pequenos tiñan que ordenar unhas palabras para formar unha frase sobre o autor homenaxeado o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Saberemos quen son os gañadores dentro duns días!!




18 de maio de 2014

OS VOSOS POEMAS

E por fin chegou a versión para o blog dos vosos poemas. Agora, ademáis de na biblioteca tedes á vosa disposición unha versión web onde ler as vosas creacións.


Ademáis, tamén podedes ver na canle de youtube do cole, os vídeos de cada un dos poemas. Podedes acceder a eles premendo na seguinte ligazón.