18 de dec. de 2017

Os pitiños tiveron premio!!!

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de premiarnos por Pitiños: un proxecto do ovo á galiña, que puxemos en marcha o curso pasado entre a biblioteca e as titoras Maite Domínguez e Susana Lamela.

O traballo entre as diferentes aulas e a biblioteca enriquece os proxectos e fomenta o uso da biblioteca, xa non só como un espazo de lectura e de búsqueda de información, senón tamén de realización de diferentes actividades, como a de búsqueda de pistas co robot.

Se queredes volver consultar o proxecto, pinchade no seguinte enlace:








10 de dec. de 2017

Nadal na biblio



Xa chega Papa Noël para desexarnos unhas boas festas en diferentes idiomas. El sabe moitos idiomas  xa que viaxa por todo o mundo. Deixounos este precioso mural nun recuncho da  nosa biblioteca.






25 de Novembro




Con motivo da celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero dende a biblioteca realizamos a actividade "Como cambia o conto..."Trátase de fomentar a igualdade  entre homes e mulleres a través dos contos tradicionais.

20 de nov. de 2017

Estamos con Popi na segunda reunión do club de lectura os nenos de 6ºB co seu libro xa lido. Vede que traballos máis bonitos fixeron. POPI ESTÁ MOI CONTENTA CON ELES. TODOS ESTÁN ENCANTADOS COA LECTURA DESTE LIBRO.
ESTOS SON OS NOSOS ALUMNOS DO CLUB DE LECTURA DE 6ºB.UNS GRANDÍSIMOS LECTORES.HOXE 20 DE OUTUBRO COMEZAMOS CO PRIMEIRO LIBRO QUE É "QUIEN CUENTA LAS ESTRELLAS".

24 de out. de 2017

POPI COÑECE AOS NOVOS COMELIBROS

HOXE A NOSA MASCOTA DA BIBLIOTECA POPI RECIBE A ESTES NENOS E NENAS DE 6º. SON OS NENOS QUE VAN FORMAR PARTE DO CLUB DE LECTURA DESTE ANO. PARA COÑECELOS E PRESENTALOS POPI FIXO UNHA PEQUENA REUNIÓN NUN ANAQUIÑO DO RECREO. CONTOULLE DE QUE TRATA O CLUB PERO NON LLE CONTOU AS SORPRESAS QUE VAN TER. ESTÁN ANSIOSOS POR EMPEZAR!!!!

29 de set. de 2017

VISITA GUIADA 1º

Xa están chegando a biblio os novos lectores deste curso. Os nenos de primeiro chegan con moitas gañas de lectura.

22 de xuño de 2017

Verán de boas lecturas

Desde o equipo da biblioteca desexamos que pasedes un bo verán e por iso vos recomendamos boas lecturas. Velaquí a guía para pequenos e maiores.

20 de xuño de 2017

As nosas ilustracións

Os membros do club de lectura "Os Comelibros" debuxaron unhas illustracións dos libros que leron. Podedes velas a continuación.

14 de xuño de 2017

Encontro con Gonzalo Moure

Hoxe tivemos o privilexio de desfrutar dun encontro con Gonzalo Moure. Alumnos e mestras quedamos engaioladas coas súas palabras e coa súa persoa.GRAZAS.
Velaquí algunhas fotos do encontro.

31 de maio de 2017

A PITA FALADORA

Velaquí a Pita Faladora, a revista do colexio editada polo Equipo de Normalización Lingüística.
Vaivos encantar.

30 de maio de 2017

Traballo por proxectos e a biblioteca

Dende hai varios cursos, estamos colaborando coas titoras de Primaria que traballan por proxectos ofrecéndolles bibliografía para levar á aula ou para consultar na propia biblioteca.

Este curso segumios con esta colaboración e paticipamos coas titoras de 1º nos proxectos A semana das mans e As follas do noso patio.



A semana das mans relacionouse co corpo humano, as súas partes, hábitos saudables...



Neste,a partir das follas do noso patio estudamos os tipos de plantas, as súas partes, os nomes vulgares e científicos... Para rematar o proxecto construímos un herbario.


Pero ademais destes proxectos, decidimos dar un paso máis e organizamos un proxecto en conxunto: Pitiños, un proxecto do ovo á galiña.

A colaboración pola nosa parte coas titoras de 1º consistíu en:

  • Poñer a disposición das familias os nosos ordenadores e a bibliografía para que puidesen facer o traballo de pescuda.
  • Poñer a disposición das titoras a maleta viaxeira chea de libros relacionados co proxecto.
  • Axudarlle ao alumnado de 1º nos recreos a atopar libros de literatura relacionados co proxecto.
  • Poñer a disposición das titoras o espazo da biblioteca para realizar a actividade de robótica "Na procura do pitiño lector".












Pinchando na seguinte imaxe poderase seguir o proxecto paso a paso.





21 de abr. de 2017

Poemas e cantigas de Ponteareas

Recopilamos todos os poemas populares recollidos, os de poetas locais e os inventados polas alumnas e alumnos neste libro:

30 de mar. de 2017

23 de mar. de 2017

Mes da poesía

Nete cartel vense as actividades en relación á poesía do mes de marzo. En breve poderedes ver as fotos.
Loading...

Loading...

23 de xan. de 2017

NOVIDADES XANEIRO

Velaquí os últimos libros e películas que se mercaron. Pinchando sobre cada portada poderás ver unha pequena reseña e o lugar onde está.

17 de xan. de 2017

NOVIDADES NOVEMBRO-DECEMBRO

Aquí temos os libros e películas que se mercaron para o colexio nestes dous meses. A maioría están na biblioteca e uns poucos en aulas.