Os membros do club de lectura "Os Comelibros" debuxaron unhas illustracións dos libros que leron. Podedes velas a continuación.
Amosando publicacións coa etiqueta Os Comelibros b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Os Comelibros b>. Amosar todas as publicacións
20 de xuño de 2017
3 de maio de 2016
REUNIÓN DOS COMELIBROS
NESTA PRIMEIRA SEMANA DE MAIO OS NOSOS COMELIBROS REUNÍRONSE PARA COMENTAR UN LIBRO BEN INTERESANTE DE LEDICIA CASAS, TITULADO "ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA" A VERDADE É QUE OS RAPACES E RAPAZAS FIXERON GRANDES TRABALLOS SOBRE A LECTURA E ESTÁN DESEXANDO COÑECER Á AUTORA QUE NOS VISITARÁ NO MES DE MAIO! QUE SORTE TEMOS DE QUE POIDA VIR VISITARNOS! TERÉMOSVOS INFORMADOS NO BLOG SOBRE A VISITA DA AUTORA!
6 de nov. de 2015
OS COMELIBROS

E COMEZAN OS COMELIBROS, O NOSO CLUBE DE LECTURA, TAN ESPECIAL PARA ESTA BIBLIOTECA. ESTE CURSO CONTAMOS CON DOUS GRUPOS.
NA PRIMEIRA REUNIÓN OS NOSOS GRANDES LECTORES RECIBIRON AS INSTRUCIÓNS NECESARIAS PARA PERTENCER AO CLUBE, ASÍ COMO O MATERIAL QUE PRECISAN PARA O CURSO!!
AQUÍ VOS DEIXAMOS OS VÍDEOS COS MEMBROS DE CADA GRUPO!
22 de maio de 2015
REUNIÓN DOS COMELIBROS DE MAIO
Esta reunión de "OS COMELIBROS" é a penúltima do curso e a última na que comentamos as lecturas do curso. En Xuño teremos unha reunión moi especial, a visita do autor dun dos libros que lemos neste curso!
Os grupos B e C, xuntáronse o luns 18 e o grupo A o mércores 20. Botádelle unha ollada ao vídeo para ver como foron as nosas reunións.
No grupo A dialogaron sobre o libro "El Samurai del Rey" de Marcos S. Calveiro
O grupo B reuniuse para intercambiar opinións de "Xoeliki" obra escrita por Abraham Carreiro
O grupo C falaron de "A lenda do rei lobo" de Xavier Estévez Ferreiro, autor que teremos o pracer de coñecer dentro duns días.
Velaquí un vídeo que resume esta penúltima reunión do curso, xa que a última será unha reunión diferente e especial!
O grupo B reuniuse para intercambiar opinións de "Xoeliki" obra escrita por Abraham Carreiro
O grupo C falaron de "A lenda do rei lobo" de Xavier Estévez Ferreiro, autor que teremos o pracer de coñecer dentro duns días.
Velaquí un vídeo que resume esta penúltima reunión do curso, xa que a última será unha reunión diferente e especial!
23 de abr. de 2015
REUNIÓN DE "OS COMELIBROS" DE ABRIL
O luns 20 de abril os GRUPOS B e C tivemos reunión do CLUBE DE LECTURA:
O grupo B analizou a lectura feita sobre o libro : "A Lenda do Rei Lobo" de Xavier Estévez Ferreiro.
O grupo C comentou a súa lectura de "El principito" en formato dixital.
O mércores 22 de abril o GRUPO A reuniuse para falar de "O Misterio das Badaladas"
O mércores 22 de abril o GRUPO A reuniuse para falar de "O Misterio das Badaladas"
Preme na imaxe para ver un breve resumo de como se desenvolveron ambas reunións.
A SEGUINTE REUNIÓN TERÁ LUGAR O DÍA 18 DE MAIO
Estas serán as próximas lecturas que comentaremos:
GRUPO B: "XOELIKI"
GRUPO C: "A LENDA DO REI LOBO"
GRUPO A: "EL PRINCIPITO"
GRUPO A: "EL PRINCIPITO"
24 de mar. de 2015
"EL PRINCIPITO"
"El Principito", un clásico do que poideron gozar esta semana OS COMELIBROS do GRUPO B.
"El Principito" é a obra máis famosa do escritor e aviador francés Antoine de Saint-Exupéry. Publicouse por primeira vez en abril de 1943. Trátase dun conto poético que inclúe ilustracións feitas con acuarelas polo propio Saint-Exupéry.
É un dos libros máis vendidos e traducidos de todos os tempos.
28 de feb. de 2015
REUNIÓN DE "OS COMELIBROS"
Esta semana, o luns 23 e o mércores 25 tivemos reunión do clube de lectura!Os grupos comentaron os seguintes títulos
O GRUPO A: "EL PRINCIPITO"
O GRUPO B: "O MISTERIO DAS BADALADAS"
GRUPO C: "QUIEN CUENTA LAS ESTRELLAS"
15 de xan. de 2015
REUNIÓNS DE "OS COMELIBROS" DO SEGUNDO TRIMESTRE
Comelibros, atentos, que aquí veñen as datas para as reunións do noso clube de lectura neste segundo trimestre.
O grupo A, soe ter a reunión un mércores de cada mes.
Os grupos B e C un luns ao mes.
NA VINDEIRA REUNIÓN OS NOSOS COMELIBROS COMENTARÁN AS SEGUINTES LECTURAS:
GRUPO A: LA NIÑA DE PLATA
GRUPO B: UNHA XANELA PARA CECILIA
GRUPO C: A CARREIRA MÁIS DESATINADA DO MUNDO
15 de dec. de 2014
GRUPO B DE "OS COMELIBROS"
Hoxe, 15 de decembro, reuniuse o GRUPO B do CLUBE DE LECTURA "OS COMELIBROS" para comentar a obra de Gerónimo Stilton!
A verdade é que lles gustou moito a historia e fixeron uns debuxos moi acordes, como podedes ver no seguinte vídeo!
A verdade é que lles gustou moito a historia e fixeron uns debuxos moi acordes, como podedes ver no seguinte vídeo!
O seguinte libro deste grupo será "UNHA XANELA PARA CECILIA"
14 de dec. de 2014
REUNIÓN CLUBE DE LECTURA
LEMBRARVOS AOS COMELIBROS DOS GRUPOS B E C, QUE MAÑÁ DÍA 15 DE DECEMBRO TEMOS A REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA!
O GRUPO B FALARÁ SOBRE O TÍTULO "A CARREIRA MÁIS DESATINADA DO MUNDO"
O GRUPO A, TERÁ A REUNIÓN O 17 DE DECEMBRO E DARÁN A SÚA OPINIÓN SOBRE O LIBRO QUE LEVA POR TÍTULO "UNHA XANELA PARA CECILIA"
O GRUPO B FALARÁ SOBRE O TÍTULO "A CARREIRA MÁIS DESATINADA DO MUNDO"
O GRUPO C COMENTARÁ A OBRA "LA NIÑA DE PLATA"
O GRUPO A, TERÁ A REUNIÓN O 17 DE DECEMBRO E DARÁN A SÚA OPINIÓN SOBRE O LIBRO QUE LEVA POR TÍTULO "UNHA XANELA PARA CECILIA"
20 de nov. de 2014
SEGUNDA REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA
Esta semana tivemos a nosa segunda reunión do clube de lectura onde comentamos as primeiras lecturas do curso:
GRUPO A: "A carreira máis desatinada do mundo"
GRUPO B: "La niña de plata"
GRUPO C: "Unha xanela para Cecilia"
GRUPO A: "A carreira máis desatinada do mundo"
GRUPO B: "La niña de plata"
GRUPO C: "Unha xanela para Cecilia"
25 de out. de 2014
PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA
Esta semana tivemos as nosa primeiras reunións do clube de lectura! A verdade é que este ano temos un montón de Comelibros! Polo que tivemos que facer 3 grupos. BENVIDOS A TODOS E TODAS! Esperamos que gocedes da lectura ao igual ca nós e o noso pequeno COMELIBROS!
Esta semana, explicámoslle en que consiste pertencer a tal clube e entregámoslle todo o material que precisan. Sen esquecernos de lembrarlles as normas para permanecer neste CLUBE DE LECTURA!
Xa recibiron os seus primeiros libros que serán comentados nas seguintes reunións.
GRUPO A: "A carreira máis desatinada do mundo"
GRUPO B: "La niña de plata"
GRUPO C: "Unha xanela para Cecilia"
Velaquí algunhas fotos desta primeira reunión!
Esta semana, explicámoslle en que consiste pertencer a tal clube e entregámoslle todo o material que precisan. Sen esquecernos de lembrarlles as normas para permanecer neste CLUBE DE LECTURA!
Xa recibiron os seus primeiros libros que serán comentados nas seguintes reunións.
GRUPO A: "A carreira máis desatinada do mundo"
GRUPO B: "La niña de plata"
GRUPO C: "Unha xanela para Cecilia"
Velaquí algunhas fotos desta primeira reunión!
E aquí vos deixamos as datas das vosas reunións para este trimestre:
GRUPO A
GRUPO B
GRUPO C
27 de xuño de 2014
VISITA DE MARCOS CALVEIRO
O día 10 de Xuño tivemos a sorte de ter entre nós a Marcos Calveiro, autor de "El Samurai del Rey" e "O Carteiro de Bagdad", dous dos libros que Os Comelibros tiveron a oportunidade de ler.
Esta reunión do clube de lectura foi especial porque os rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de escoitar ao autor de ditos libros.
Marcos Calveiro fixo unha presentación na que nos explicou por que se decidiu a escribir "El Samurai del Rey", así como a situación histórica da súa novela.
Tras a presentación tivemos a oportunidade de facerlle preguntas sobre a súa obra. Aínda que tamén contestou a preguntas persoais feitas por os curiosos Comelibros.
Fixémoslle un pequeno agasallo dende o Equipo de Biblioteca e tamén uns debuxos feitos polos rapaces e rapazas sobre o seu libro.
Asinou autografos a todos e todas!
Aquí deixamos proba de como trascorreu a visita!
Despois de todo isto, fixémoslle unha pequena entrevista para a nosa Radio Faladora, así que todos os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de coñecer un pouquiño mellor a este gran escritor!
Dende aquí non podemos máis que agradecerlle a súa visita. MOITAS GRAZAS!
28 de maio de 2014
REUNIÓN DO CLUBE
O día 15 deste mes, tivemos as reunións do clube de lectura!
NO GRUPO A comentamos o libro "¿QUIÉN CUENTA LAS ESTRELLAS?" e
NO GRUPO B tivemos un coloquio sobre "EL SAMURAI DEL REY"
Por certo rapaces e rapazas, moi pronto o autor deste último libro, así coma de "O CARTEIRO DE BAGDAD" que tamén leron os Comelibros, nos fará unha visita ao noso centro para falarnos das súas obras. QUE SORTE!!!
11 de mar. de 2014
O PRINCIPITO
O grupo B do clube de lectura "Os Comelibros" reuniuse o pasado 18 de febreiro, unha vez lido "O Principito" en formato electrónico para falar e opinar sobre o libro.
En xeral gustoulles moito.
5 de feb. de 2014
IMAXES DOS COMELIBROS
Como xa aparece no almanaque de reunións o día 21 de xaneiro o grupo B de Os Comelibros reuniuse para falar do libro "AVENTURAS DE LA MANO NEGRA"
O grupo A non pudo reuniunirse ese martes, así que a reunión tivo lugar o 28 de febreiro para falar de "A CARREIRA MÁIS DESATINADA DO MUNDO".
Ambos os dous grupos comentaron o que máis lles gustou de cadanseu libro, fixeron unha análise crítica da historia e falaron sobre as personaxes preferidas.
Aquí temos algunhas das imaxes de ambas as dúas reunións
![]() |
| Free digital scrapbook created with Smilebox |
GRUPO A: "O MISTERIO DAS BADALADAS" en formato papel.
GRUPO B: "EL PRINCIPITO" en formato electrónico
LECTURAS DO COMELIBROS
As lecturas a comentar nesta última reunión do clube de lectura eran as seguintes:

- Os alumnos e alumnas do GRUPO A tiveron a oportunidade de ler no libro electrónico "A CARREIRA MÁIS DESATINADA DO MUNDO" de Gerónimo Stilton. Xa falamos un chisco sobre o libro. Que vos parece se hoxe comentamos algo sobre o autor?
Todos pensabades que este libro o escribira GERÓNIMO STILTON!
Pero é realmente ese o nome do escritor? Pois ben rapaces e rapazas, que saibades que ese é o nome ficticio co que firma a escritora italiana ELIZABETTA DAMI. Ás veces tamén escribe baixo o seudónimo de TEA STILTON. Elizabetta é filla de Piero Dami, que é un dos escritores de literatura infantil más coñecidos do mundo.
Se queredes coñecer máis sobre este escritor ficticio, GERÓNIMO STILTON, non tedes máis que premer na seguinte ligazón que está relacionado co seu mundo. Aquí atoparedes xogos, cancións e moitas cousas máis.
- Os alumnos e alumnas do GRUPO B leron sobre papel "AVENTURAS DE LA MANO NEGRA" que foi escrita por HANS JÜRGEN PRESS, un ilustrador e escritor de libros infantiles que naceu nun pequeno pobo alemán en 1926. A maioría dos seus libros conteñen historias nas que o lector debe buscar pistas nas ilustracións e resolver un enigma.
Félix, Adela, Rollo, Kiki e a súa aridlla forman "la mano negra" e reúnense á salida do colexio. Grazas ás súas dotes deductivas e de observación dedícanse a esclarecer misterios a partires da averiguación de datos. Nas catro historias que conforman este libro, o lector tamén participa coma dectective e pon a proba a súa capacidade deductiva, a través de pistas, do establecemento de relacións de causalidade entre os feitos, os actos e a intuición.REUNIÓNS DOS COMELIBROS
Lembrámosvos os días que temos as reunións do clube de lectura OS COMELIBROS para este segundo trimestre do curso. Tamén podedes botar unha ollada tamén na parte dereita deste blog para non esquecervos dos días.
23 de dec. de 2013
A CARREIRA MÁIS DESATINADA DO MUNDO
Pinky preparoume outra das súas! Inscribiume a traizón na Carreira Máis Desatinada do Mundo sobre patíns con foguetes... foi unha fin de semana de pesadelo! Ao final, xúrovolo polos bigotes de meu avó, non vía a hora de volver á oficina!OS MEMBROS DO GRUPO B DO CLUBE DE LECTURA "OS COMELIBROS" PODEDES DEIXAR AQUÍ AS VOSAS OPINIÓNS SOBRE O LIBRO
O CARTEIRO DE BAGDAD
Esta novela cóntanos a historia dun rapaz, chamado Abdulwahid de 11 anos e a súa familia, que viven nun barrio humilde da capital de Bagdad. O pai do cativo, Ibrahim, é o carteiro da cidade. A xente vive esculcando o ceo, as escolas pecharon e os cativos xa non xogan na rúa. Ibrahim reparte o correo na súa motocicleta. Leva no peto unha misteriosa carta que está decidido a entregar custe o que custe.
PARA OS QUE XA LERON A HISTORIA (GRUPO A) AQUÍ VOS DEIXAMOS NO BLOG UNHA SERIE DE ACTIVIDADES SOBRE O LIBRO. SO TEDES QUE PINCHAR NA IMAXE DO LIBRO QUE VOS APARECE Á DEREITA E QUE LEVA POR TÍTULO, O CARTEIRO DE BAGDAD!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










