26 de nov. de 2018

25-N

Para conmemorar o 25 de Novembro, día Internacional contra a Violencia de Xénero, dende a biblioteca púxose en marcha un taller de siluetas de mans.



Durante uns días, alumnas e alumnos de todos os cursos de Primaria foron pasando pola biblioteca para debuxar a súa man.


























Un sinxelo xesto co que unha vez máis, o pequeno gran de area de cada nen@ vai facendo unha fermosa montaña.




Este é o resultado final. O CEIP Nosa Señora dos Remedios contra a violencia de xénero!









4 de nov. de 2018

Un cole terrorífico

Este ano a temática para a celebración do Samaín foron os "coles terroríficos". O cole decorouse para a ocasión, e ademais, os nenos e nenas fixeron unhas escalofriantes historias de medo... Mirade!















Durante o recreo desfrutamos da lectura de terroríficas historias grazas á colaboración dalgúns alumn@s:








Popi está desexando que chegue o Samaín do curso que vén para poder desfrutar outra vez da vosa creatividade e dos vosos disfraces!