Amosando publicacións coa etiqueta Recuncho de Popi. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recuncho de Popi. Amosar todas as publicacións

26 de abr. de 2015

RECUNCHO DE POPI ABRIL

Por fin, rapaces e rapazas! tedes a oportunidade de participara no "RECUNCHO DE POPI" a través do blog da Biblioteca!
Aquí vos deixamos as preguntas. 





     Lembrade:

  • Poñer o número da pregunta antes de responder


  1.            
  • Escribe a fonte que empregastes para coñecer a información
  • E, por último, o voso nome e curso.

Sinxelo non? As respostas publicaranse unha vez que remate o concurso e saian os gañadores

19 de abr. de 2015

GAÑADORES XOGOS DE ABRIL

Velaquí os gañadores do Xogo do Sabichondo e do Recuncho de Popi do mes de maio!

 SARA MAGARIÑOS RODRÍGUEZ DE 1ºB
KEVIN LÓPEZ GASCÓN DE 3ºC
 PEDRO ESTÉVEZ LOSADA DE 6ºA 

 NORABOA!


15 de dec. de 2014

GAÑADORES DOS SEGUNDOS XOGOS DA BIBLIO

ESTA SEMANA DAREMOS OS PREMIOS AOS GAÑADORES DOS XOGOS DA BIBLIOTECA PROPOSTOS EN NOVEMBRO. ESTADE BEN ATENTOS!
AQUÍ VOS DEIXAMOS AS LISTAS DOS ACERTANTES. NORABOA!


RECUNCHO DE POPI





XOGO DO SABICHONDO



                            

28 de nov. de 2014

2º XOGO DO RECUNCHO DE POPI!

COMO SABEDES ESTA SEMANA CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, ASÍ QUE POPI PLANTÉXAVOS UNHA SERIE DE PREGUNTIÑAS SOBRE O TEMA! NON ESQUEZADES QUE PODEDES UTILIZAR OS LIBROS DE CONSULTA, ASÍ COMA OS ORDENADORES DA BIBLIOTECA PARA BUSCAR INFORMACIÓN RELACIONADAS CO XOGO.

16 de nov. de 2014

GAÑADORES DA PRIMEIRA EDICIÓN DOS NOSOS XOGOS



Aquí temos a Popi anunciando os gañadores dos nosos primeiros xogos deste curso! Escoitadea atentamente.
Os premios foron entregados esta semana!!NORABOA!!





                







20 de out. de 2014

NOVO XOGO DO RECUNCHO DE POPI!

Coa volta do novo curso, volven os novos Xogos da Biblioteca! E velaquí as preguntas para este novo concurso do RECUNCHO DE POPI!
Xa sabedes, que podedes buscar as respostas nos libros de consulta ou tamén a través de internet nos ordenadores da biblioteca!
Non esquezades poñer as vosas fontes de información, senón as respostas non serán válidas!


LÉMBRADE! ESTE XOGO É PARA OS RAPACES E RAPAZAS DE 4º, 5º E 6º.

27 de xuño de 2014

PREMIOS ESPECIAIS

QUEREMOS FACER ESPECIAL MENCIÓN A DOUS GAÑADORES EN CONCRETO, XA QUE ACERTARON TODOS OS XOGOS QUE SE PROPUXERON.  POLO QUE AMBOS OS DOUS RECIBIRON PREMIOS ESPECIAIS
OS SEUS NOMES SON:

MARÍA FERNÁNDEZ DE 3ºA: GAÑADORA ESPECIAL DO XOGO DO SABICHONDO



PEDRO ESTÉVEZ DE 5ºA: GAÑADOR DO RECUNCHO DE POPI


GAÑADORES DE XUÑO

E coa fin de curso chegan os últimos gañadores dos Xogos de Biblioteca!
Noraboa rapaces e rapazas!



6 de xuño de 2014

ÚLTIMOS XOGOS

Estamos chegando ao final e coa fin de curso rematamos cos Xogos de Biblioteca ata setembro! Como sabedes o último xogo do RECUNCHO DE POPI que comezou o mes de maio, estaba adicado ao escritor homenaxeado nas LETRAS GALEGAS neste 2014.


A vindeira semana, saberemos por fin os gañadores no só do RECUNCHO DE POPI, senón tamén do XOGO DO SABICHONDO! Coma sempre, ademáis de nos taboleiros da biblioteca, faremos a lista pública a través da nosa radio escolar! ESTADE ATENTOS!

11 de mar. de 2014

GAÑADORES DOS XOGOS DE FEBREIRO

Velaquí tedes a relación de acertantes dos Xogos da Biblioteca propostos no mes de febreiro. Seguimos sen ter moitos acertantes no Recuncho de Popi, pero a verdade e que co Xogo do Sabichondo lucistesvos rapaces e rapazas! NORABOA A TODOS E TODAS!






































18 de feb. de 2014

NOVOS XOGOS

             Na semana pasada apareceu unha nova edición dos xogos.
 No Xogo do Sabichondo queremos que clasifiquedes os animais vertebrados que aparecen nas fotografías. Atención! Non é dicir o nome do animal senón dicir de que clase é. Tedes unha pista no papel das respostas.
            O Recuncho de Popi tratará sobre o Día de San Valentín, día dos namorados que, como sabedes, é o 14 de febreiro. Respondede ás preguntas e lembrade que debedes escribir o nome das fontes documentais.

PREMIOS DOS XOGOS DE XANEIRO

O pasado martes 12, entregamos os premios aos acertantes dos Xogos de Biblioteca propostos no mes de xaneiro. NORABOA A TODOS!

          XOGO DO SABICHONDO



            RECUNCHO DE POPI



10 de feb. de 2014

ACERTANTES DOS XOGOS DE XANEIRO

Xa foron publicados nos taboleiros do Equipo de Biblioteca os gañadores destes xogos de xaneiro, tanto do RECUNCHO DE POPI coma do XOGO DO SABICHONDO. Velaquí tedes as listas.






OS PREMIOS ENTREGARANSE MAÑÁ DÍA 12 NA HORA DO RECREO.

4 de feb. de 2014

NELSON MANDELA

Comezamos este novo ano con outro concurso máis do RECUNCHO DE POPI. Esta vez quixemos facer unha homenaxe a NELSON MANDELA ao cal se lle concedeu o PREMIO NOBEL DA PAZ en recoñecemento da súa contribución á cultura da paz e da liberdade.



ÁNIMO RAPACES E RAPAZAS! AS PREGUNTAS SON BEN SINXELAS! SE PRECISADES AXUDA PODEDES FACER USO DOS ORDENADORES E LIBROS DA BIBLIOTECA.



13 de dec. de 2013

ACERTANTES DOS XOGOS DE BIBLIOTECA

Comezamos co RECUNCHO DE POPI. Aínda que houbo moitos participantes, sinto decirvos que ninguén foi quen de escribir correctamente as articulacións do corpo. Outra vez será rapaces! Preparádevos para o seguinte xogo. A ver se hai máis sorte! 

 En canto ao XOGO DO SABICHONDO, aquí vos deixamos a lista dos acertantes. NORABOA RAPACES! Entregaranse os premios O LUNS 16 na hora do recreo na aula de AUDIOVISUAIS.


24 de nov. de 2013

VOLTAMOS CON POPI

Esta semana comezou o segundo Concurso Do RECUNCHO DE POPI! Esta vez poñerá a proba coñecementos culturais dun país de fala inglesa!
LEMBRADE: Non esquezades escribir a fonte onde atopastes a información.
E aquí tedes as tres preguntas que debedes respostar:

1. EN QUE PAIS SE ATOPA O "LONDON EYE"?

2. EN QUE ANO SE CONSTRUIU?

3. QUEN FOI O ARQUITECTO ENCARGADO DO SEU DESEÑO?

11 de nov. de 2013

4 de out. de 2013

O RECUNCHO DE POPI

Velaquí as primeiras preguntas do Recuncho de Popi. Botádelles un ollo, a ver se sabedes as respostas! Se non, xa sabedes rapaces e rapazas, correndo cara á biblioteca para atopar a información!


COMEZAN OS CONCURSOS DA BIBLIOTECA

Co mes de outubro chegan os xogos organizados pola biblioteca: "O XOGO DO SABICHONDO" e  "O RECUNCHO DE POPI" Con este motivo, tanto O Sabichondo coma Popi fixéronvos chegar unhas cartas anunciando o seu comezo e animándovos a PARTICIPAR!

Lémbrarvos que:

O "Xogo do Sabichondo" é un concurso para os de 1º, 2º e 3º no que teñen que escribir o nome das imaxes que aparecen no taboleiro. As respostas teñen que estar perfectamente escritas en galego.



O "Recuncho de Popi" é un xogo destinado ao alumnado de 4º, 5º e 6º. Para serdes gañadores e gañadoras deberedes contestar ás preguntas de Popi pero sen esquecervos de escribir a fonte de onde atopastes a información.