8 de xuño de 2020

Recomendacións lectoras

Despedimos este curso tan atípico
deixándovos unhas recomendacións
de lecturas para este verán:



Que pasedes unhas fabulosas vacacións e 
disfrutedes moito das vosas lecturas.
Vémonos en setembro!

18 de maio de 2020

Nós lemos na casa

Benvid@s unha semana máis
á hora de ler!
Nesta ocasión, en lugar dun vídeo,
deixámosvos o número do mes de maio 
da revista O Papagaio.
Feliz lectura!

15 de maio de 2020

Nós lemos na casa - Letras Galegas

E rematamos a semana con 
dous pasatempos sobre o Día das Letras Galegas
e Ricardo Carvalho Calero.
Agardamos que vos gusten!

14 de maio de 2020

Nós lemos na casa - Letras Galegas

Continuamos a nosa semana 
adicada ás Letras Galegas e 
Ricardo Carvalho Calero.
Hoxe temos unha adaptación dunha das
súas obras máis populares:
"As pitas baixo a choiva"

 

E aquí tedes unha felicitación de varias escritoras e escritores da nosa lingua:
 


13 de maio de 2020

Nós lemos na casa - Letras Galegas

Queredes coñecer un pouco máis
sobre Ricardo Carvalho Calero?
Aquí tedes a súa historia
fantasticamente narrada por un grupo 
de nenas e nenos
dun cole de Ourense:

12 de maio de 2020

Nós lemos na casa - Letras Galegas

Gustouvos o xogo de onte?
 Conseguistes rematalo?
😀

 Hoxe contámosvos a orixe do Día das Letras Galegas:

11 de maio de 2020

Nós lemos na casa - Letras Galegas

Esta semana temos unha celebración especial.
Como xa sabedes, o domingo 17 de maio
festexamos o Día das Letras Galegas.
Este ano o autor homenaxeado
é Ricardo Carvalho Calero.

Convidámoste a coñecelo un pouco máis 
a través deste Scape Room tan divertido:


8 de maio de 2020

Nós lemos na casa

Aquí temos unha vez máis 
á profe Rochi,
contándonos outra historia sobre
a súa avoíña Rosa:
 

5 de maio de 2020

Nós lemos na casa

Continuando co reto de crear historias 
con títulos de libros,
hoxe Lara de 2ºC preséntanos
Buscando a Xela:

 

4 de maio de 2020

Nós lemos na casa

Hoxe, para comezar a semana,
ademais do conto, deixámosvos un conselliño para subir correctamente as vosas tarefas
en fotografía:


 



30 de abr. de 2020

29 de abr. de 2020

Nós lemos na casa

Varios nen@s de 2º de Primaria
continuaron co resto proposto polas mestras
de crear historias cos títulos dos seus libros.

Hoxe temos a historia de Iciar de 2º C,
A misión de Matilda:
 
 

28 de abr. de 2020

27 de abr. de 2020

Nós lemos na casa

Inauguramos semana con outra 
colaboración moi especial:
Belem de Andrade



Moitísimas Grazas 💜

24 de abr. de 2020

Nós lemos na casa


Hoxe, para rematar por todo o alto a semana do libro, temos a historia da alma da biblioteca,
a profe Rochi:


23 de abr. de 2020

Nós lemos na casa

E chegou o gran día!
Hoxe, 23 de abril, festexamos o Día Internacional do Libro.
Temos a sorte de ter a 
Xosé Antón Bocixa enviándonos
un saúdo para o cole e léndonos un anaquiño.
Moitísimas grazas!



Ademais, convidámosvos a seguir un concerto online de Paco Damas pola Paz e a Igualdade que terá lugar esta tarde:



Felices lecturas!


21 de abr. de 2020

20 de abr. de 2020

Nós lemos na casa

          Como o xoves 23 de abril se conmemora o 
Día Internacional do Libro, 
varias mestras do cole quixeron ser as encargadas
de contarvos as historias desta semana. 
Agardamos que vos gusten moito!

A historia de hoxe está feita pola profe Paula,
a titora de 2ºC:

 

15 de abr. de 2020

14 de abr. de 2020

Nós lemos na casa

Bos días e benvid@s ao 3º trimestre!!!
Que tal estades? 
Líchedes moito estes días?
Xela estaba desexando volver compartir con vós o ratiño da hora de ler.

Hoxe deixámosvos cunha cara coñecida...😀

 

30 de mar. de 2020

Nós lemos na casa

Retomamos a Hora de Ler tras a fin de semana con "Chibos chibóns", de Olalla González. Moi atentas!

 

25 de mar. de 2020

Nós lemos na casa

Hoxe Xela ten ganas de falar inglés... aquí vos deixa "Three little pigs":



 Ademais, para que continuedes practicando o voso inglés, premede no seguinte enlace e fai o listening: 😊

https://eslvideo.com/quiz.php?id=33945

24 de mar. de 2020

Nós lemos na casa

Hoxe deixámosvos unha historia moi divertida, a da Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza:


23 de mar. de 2020

Nós quedamos na casa


       Xela quere aportar o seu grao de area para que neste tempiño na casa non perdamos o hábito de voar coa imaxinación a través das historias que viven nos libros.

      Cada día colgaremos un videoconto á hora de ler do cole, ás 11:55, para que nese intre nos sintamos todas e todos un pouquiño máis preto. 

        Hoxe comezamos por "Mago Rosa", de Txabi Arnal e Rashin Kheiriyeh. Agardamos que vos guste 😃





      Ademais, co fin de que estes días de corentena sexan máis entretidos, Eloy Moreno comparte con nós un libro gratuíto que podedes adquirir en versión electrónica en Kindle Amazon ou na súa web www.eloymoreno.com
 





Moito ánimo e boas lecturas!
#nósquedamosnacasa











12 de feb. de 2020

Día da lectura en voz alta

A asociación Lit World promove desde o ano 2010 a conmemoración anual do Día da Lectura en Voz Alta, como unha chamada de atención sobre a importancia desta práctica de lectura no desenvolvemento da linguaxe, o amor pola lectura e o desenvolvemeto e fortalecemento de hábitos persoais. Porque a lectura é poderosa... as persoas que len poden comprender mellor a outras persoas, sentir empatía por elas e ver o mundo desde a súa perspectiva. Leer en voz alta... crea comunidade. Na súa páxina recollen propostas para celebrar esta data na escola e nas nosas bibliotecas xunto a unha guía para ler en voz alta.

Pola nosa parte, deixámosvos un vídeo onde se recollen varios beneficios desta práctica de lectura:

 

28 de xan. de 2020

Creamos marcapáxinas

Para festexar a chegada da nova mascota da nosa biblioteca, fixemos un taller de marcapáxinas de Xela que tivo moito éxito!

22 de xan. de 2020

XELA

                            SORPRESA!!! 

Presentámoste a Xela, a curuxa que gañou o concurso para ser a nova mascota da nosa Biblioteca. Aquí tedes o vídeo de presentación que fixeron as nenas e nenos de 2ºC, a clase da nena creadora de Xela: Iria.




Cada semana, Xela estará cunha clase. Agardamos que disfrutedes moito das sorpresas que levará con ela, e que lle deixedes o voso recordo en forma de carta ou de debuxiño.

18 de xan. de 2020

Novidades

Na nosa biblioteca hai libros creados por uns  autores/as moi especiais... o alumnado do cole! Aquí tendes o resultado dunha actividade proposta polo equipo de Biblioteca, na que as nenas e nenos, a partir da letra que lles foi asignada, tiveron que crear un diccionario temático. Xa temos o diccionario do Nadal e o diccionario da Paz. Próximamente teremos o do Entroido. Podedes pasar a velos!





Ademais, tamén poderedes desfrutar de todas estas novidades. 

 

7 de xan. de 2020

Adiviña adiviñanza...

Feliz aninovo a todas!! Xa estamos de volta das vacacións. Que vos parece se comezamos o ano cun pasatempo que sempre vos gusta moito? Aí van unhas cantas adiviñas...

1. Anda e non ten pés; come, e non ten boca, e toda a comida lle parece pouca.

2. Ten un dente e tira pola xente.

3. No alto vive, no alto está, tecendo arreo sen liño e sen la. 

4. Cal é o animal? A ver se o acertas, que leva unha silla e non senta nela.






SOLUCIÓNS:
1. O muíño
2. A campá
3. A araña
4. O cabalo