26 de mar. de 2015

CANTO ME GUSTA LER

E velaquí máis novidades na nosa biblio. Xa tedes material para entretervos durante as vindeiras vacacións. A verdade é que son ben interesantes! Premede na seguinte imaxe para ver máis títulos.


COÑECES ESTES INSTRUMENTOS?

Este é o tema do novo XOGO DO SABICHONDO! A ver se sabedes respostar estas 9 preguntas sobre os instrumentos!


24 de mar. de 2015

"EL PRINCIPITO"


"El Principito", un clásico do que poideron gozar esta semana OS COMELIBROS  do GRUPO B.


"El Principito" é a obra máis famosa do escritor e aviador francés Antoine de Saint-Exupéry. Publicouse por primeira vez en abril de 1943. Trátase dun conto poético que inclúe ilustracións feitas con acuarelas polo propio Saint-Exupéry.
É un dos libros máis vendidos e traducidos de todos os tempos.


12 de mar. de 2015

GUÍA DA BIBLIOTECA

Recentemente fixemos entrega dun tríptico coa GUÍA DA BIBLIOTECA, nela podedes atopar toda a información necesaria para facer un bo uso da biblioteca do noso colexio.
Deixamos aquí no blog, unha copia para que poidades botar un ollo cando precisedes.


9 de mar. de 2015

NOVAS NA BIBLIOTECA

AO IGUAL QUE EN FEBREIRO, COMEZAMOS O MES DE MARZO CON NOVASNA NOSA BIBLIOTECA! AQUÍ TEDES NOVOS TÍTULOS QUE PODEDES ATOPAR A PARTIRES DESTE MES NA BIBLIOTECA. ESPERAMOS QUE LLES SAQUEDES PARTIDO!


VISITA Á BIBLIOTECA DE PONTEAREAS


A biblioteca de Ponteareas conmemorou o nacemento de Rosalía de Castro cun concurso aberto aos escolares de primaria. 
Podían participar os alumnos/as de 1º a 4º con debuxos sobre Rosalía e os de 5º e 6º con algunha das súas poesías. 
Todos os traballos foron expostos na Sala Multiusos da biblioteca municipal.
Algúns de nós tivemos a oportunidade de ir velos, xa que fomos até a biblioteca municipal e aquí tedes unha presentación desa visita!




VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL - Kizoa Movie Maker

1 de mar. de 2015