28 de nov. de 2014

2º XOGO DO RECUNCHO DE POPI!

COMO SABEDES ESTA SEMANA CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, ASÍ QUE POPI PLANTÉXAVOS UNHA SERIE DE PREGUNTIÑAS SOBRE O TEMA! NON ESQUEZADES QUE PODEDES UTILIZAR OS LIBROS DE CONSULTA, ASÍ COMA OS ORDENADORES DA BIBLIOTECA PARA BUSCAR INFORMACIÓN RELACIONADAS CO XOGO.

27 de nov. de 2014

CONTOS DE MEDO 2014

E por fin, como xa nos anunciara Popi, aquí temos a versión dixital do tan esperado libro dos contos de medo gañadores deste curso!! Noraboa a todos e todas polas vosas creacións
A versión en papel podedes atopala na biblioteca, no recuncho "FIXÉMOLO NÓS"

20 de nov. de 2014

SEGUNDA REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA

Esta semana tivemos a nosa segunda reunión do clube de lectura onde comentamos as primeiras lecturas do curso:

GRUPO A: "A carreira máis desatinada do mundo"

GRUPO B: "La niña de plata"

GRUPO C: "Unha xanela para Cecilia"


17 de nov. de 2014

RECUNCHO CREATIVO

Como xa anunciaramos, este ano cambiamos de sitio o noso RECUNCHO CREATIVO onde podedes colgar os vosos traballos máis creativos. Na biblioteca tamén temos un buzón onde podedes deixalos para que os expoñamos neste taboleiro. Aquí van imaxes dalgúns dos vosos traballos


16 de nov. de 2014

GAÑADORES DA PRIMEIRA EDICIÓN DOS NOSOS XOGOS



Aquí temos a Popi anunciando os gañadores dos nosos primeiros xogos deste curso! Escoitadea atentamente.
Os premios foron entregados esta semana!!NORABOA!!





                







FESTEXANDO O SAMAÍN


Samaín14 - Movie Maker


Aquí vos deixamos unha presentación de como festexamos no cole o día do Samaín, feita polo equipo de Imaxe do noso cole. Nestas fotos temos exemplos do material que creastes coas vosas familias e cos vosos profes para decorar os corredoiros do colexio. E tamén, temos fotos das narracións dos contos de medo gañadores que se leron ese día!

2 de nov. de 2014

SAMAÍN


POPI TAMÉN FESTEXOU CON NÓS O DÍA DO SAMAÍN. NO COLE HOUBO MOITOS DISFRACES, CABAZAS, CONTOS DE MEDO...FOI UN DÍA MOI ESPECIAL!