Amosando publicacións coa etiqueta Contos de medo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Contos de medo. Amosar todas as publicacións

31 de out. de 2015

CONTO EN SAMAÍN

Este xoves, con motivo da celebración do Samaín no colexio, o Equipo de Biblioteca quixo agasallar aos nenos e nenas coa lectura dun CONTO DE MEDO levada a cabo por alumnos e alumnas de 6º, que se escoitou a través da Nosa Radio Faladora!
Escollemos un conto de medo que foi gañador no ano 2013, escrito por Vanesa Freitas Táboas e que se titulaba "Unha meiga chuchona no pobo"


27 de nov. de 2014

CONTOS DE MEDO 2014

E por fin, como xa nos anunciara Popi, aquí temos a versión dixital do tan esperado libro dos contos de medo gañadores deste curso!! Noraboa a todos e todas polas vosas creacións
A versión en papel podedes atopala na biblioteca, no recuncho "FIXÉMOLO NÓS"

11 de nov. de 2013

CONTOS DE MEDO 2013

Agora xa podedes ler os contos de medos gañadores tamén aquí no blog! Nuns días tamén poderedes facelo en papel. Haberá un libro na biblioteca con todos os contos que creastes!

GAÑADORES DOS CONTOS DE MEDO


Velaquí tedes a lista dos gañadores dos contos de medo. Tamén están publicados nos taboleiros dos recunchos da Biblioteca!

NORABOA A TODOS E A TODAS! A verdade é que escribistes unhas historias incribles e terroríficas!
Moi pronto poderes ler as vosas historias gañadoras  aquí no blog de biblioteca








7 de nov. de 2013

CONTOS DE MEDO- SAMAÍN 2013


Por mor do día do Samaín, rapaces e rapazas do noso colexio crearon as súas propias historias de terror!
Moitas delas foron lidas polas aulas ao resto do alumnado. Tamén foron onde os máis pequenos para interpretar as súas historias!
Velaquí tedes algunhas fotos que fixemos durante as lecturas dos contos!

En breve, publicaremos neste blog o nome dos gañadores deses contos!