E velaquí máis novidades na nosa biblio. Xa tedes material para entretervos durante as vindeiras vacacións. A verdade é que son ben interesantes! Premede na seguinte imaxe para ver máis títulos.
Amosando publicacións coa etiqueta Novas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Novas b>. Amosar todas as publicacións
26 de mar. de 2015
9 de mar. de 2015
NOVAS NA BIBLIOTECA
13 de feb. de 2015
NOVIDADES DO MES DE FEBREIRO
NON DEIXEDES DE PASAR POLA BIBLIOTECA PARA VER AS NOVAS QUE TEMOS ESTE MES. ENTRE ELAS ATOPAMOS ESTES MARABILLOSOS CONTOS BILINGÜES! XA TEDES A VERSIÓN EN INGLÉS DOS VOSOS CONTOS FAVORITOS!
17 de xuño de 2013
Grazas, axudantes
Hoxe celebramos unha pequena festa cos axudantes da biblioteca. Queriamos agradecerlles o labor tan valioso que fixeron durante todo o curso asistindo unha vez por semana para axudar durante o tempo de recreo na biblioteca. Ao final entregámoslles un pequeno agasallo.
Algúns destes alumnos e alumnas xa se van para o instituto o vindeiro curso. Outros seguirán axudando o ano que vén.
Moita sorte a tod@s! Vós merecedes o mellor.
Algúns destes alumnos e alumnas xa se van para o instituto o vindeiro curso. Outros seguirán axudando o ano que vén.
Moita sorte a tod@s! Vós merecedes o mellor.
23 de maio de 2013
Roberto Vidal Bolaño en cómic
Desde a biblioteca escolar propuxemos a todo o colexio a elaboración de cómics sobre a vida e a obra de Roberto Vidal Bolaño.
Algúns deles foron elaborados colaborando diferentes cursos, outros elaboráronse en grupos dentro da mesma clase e mesmo houbo quen se atreveu a elaboralos de xeito individual. De momento están expostos nas paredes do colexio. Pasada unha semana serán encadernados e quedarán na biblioteca no noso recanto "Fixémolo nós".
Aí van algunhas fotos cos resultados.

15 de maio de 2013
"Contos de burros"
28 de feb. de 2013
Top febreiro
Libros máis emprestados no mes de febreiro foron:
- Animales de la granja
- El libro de la selva
- CEDRIC 1 Primeras clases
- O gran soño
- A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza
- Ibai Reportero
- Mulán
- ¡Me aburro!
- O traxe de luces
- 101 Dálmatas
- CEDRIC 5- ¿Qué mosca le ha picado?
- CEDRIC 3- Clases de esquí
- El pan y la pasta
- La fiesta
- Unha eiruga moi larpeira
- Néstor jardinero
- Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis
- CEDRIC 6- Frío y caliente
- El Rey León
- CEDRIC 2- Clases de alto riesgo
23 de feb. de 2013
Coplas do Entroido
Alumnos de de diferentes cursos cantaron para nós coplas de Entroido, algunhas inventadas por eles mesmos.
Foron gravadas e están sendo emitidas no programa da Radio Xornal Faladora.
Tamén poderedes velas na web do colexio: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnosasenoraremedios/
Recollerémolas nun libro que estara na biblioteca a disposición de todas e todos.

NOVAS LECTURAS
Seguimos lendo nos dous grupos do noso clube de lectura. As seguintes lecturas son:
GRUPO A: "O Carteiro de Bagdad"
GRUPO B: "Chamádeme Simbad"
Ámbolos dous tratan temas que teñen unha certa fondura e seriedade. Sabemos que os nosos alumnos xa teñen idade para pensar neles.
Agardamos que vos gusten.

Sabichondo: acertantes e novo tema
>O pasado día 15 entregamos os premios aos acertantes da última edición do Xogo do Sabichondo.
Había que atopar os nove valores positivos que para construir a PAZ:1. PACIENCIA
2. AMOR
3. AXUDA
4. ESCOITAR
5. COMARTTIR
6. AMISTADE
7. ALEGRÍA
8. DIÁLOGO
9. SOLIDARIEDADE.
Resultou un pouco difícil, sobre todo a última palabra.
>Os acertantes foron;
MARÍA , de 2º A, que xa ten a chapa laranxa por levar tres acertos, eAARÓN, de 2º C, con chapa amarela.
Queremos felicitarvos pola alta participación e, dunha maneira especial, aos acertantes. Seguide así.
>Nesta semana xa apareceu un novo tema para o Xogo do Sabichondo.
Desta vez tedes que acertar os oficios e profesións que teñen as mulleres do panel.
Animádevos a seguir participando, que o estades facendo moi ben.
21 de dec. de 2012
Novas reunións do noso clube de lectura
O martes e mércores pasado reuníronse os grupos A e B do clube de lectura Os comelibros.
No grupo A intercambiamos impresións sobre o libro "La niña de plata". Recordamos que a autora, a quen recibimos hai dous cursos, nos dixera que o libro foi inspirado na visión dunha nena estraña que se cruzara unha vez na súa vida.
Tomás amosou a súa preferencia por Rogata e Zaira ofreceunos un resumo do libro. Diversos alumnos expresaron a súa pena por algúns acontecementos terribles que conta o libro.
En xeral o libro gustou moito pero os membros do grupo aínda deberán vencer a timidez e participar máis.
No grupo B falamos sobre Xoeliki, o último libro que lemos, onde un neno vive emocionantes aventuras que levan a un final...feliz?. Invitámosvos a descubrilo.
É un libro de Abraham Carreiro, escritor e ilustrador a quen tivemos o pracer de recibir no colexio o pasado curso. gustou moito a todos os alumnos. Sobre os personaxes, os preferidos son Xoeliki e a súa amiga Ari.
Paula foi a alumna máis participativa. Animádevos para a seguinte.
Moitas grazas a Sara Vila e a Paula, que compartiron con todo o grupo un biscoito e unha torta de mazás deliciosas.
Felices lecturas de nadal
O equipo da biblioteca quere desexarvos un Bo Nadal e para iso seleccionamos unhas maravillosas lecturas que podedes pedirlles aos Reis. Se pinchades no seguinte enlace atoparédelas:
https://www.box.com/s/cyrlp4zjm0ixgn591g1n
https://www.box.com/s/cyrlp4zjm0ixgn591g1n
10 de dec. de 2012
Gañadores Xogo do Sabichondo
Mañá na hora do recreo entregaranse os agasallos e as chapas aos acertantes da segunda edición do Xogo do Sabichondo deste curso.
Os acertantes son os seguintes:
Os acertantes son os seguintes:
1ºA
CRISTINA
2º A
MARÍA *
2º C
EDGAR *
AARÓN
PABLO
3º B
ANTÍA
LUCÍA TURRADO*
NOTA: Os acertantes sinalados co asterisco xa acertan por segunda vez este curso e polo tanto recibirán a chapa amarela.
NORABOA A TODOS!!
As respostas correctas pódense ver no taboleiro de Novas da biblioteca.
28 de nov. de 2012
Reunión "Os Comelibros"
O mércores da semana pasada reuniuse o grupo B do clube de lectura "Os Comelibros" para poñer en común as nosas impresións sobre o libro que lemos "Como complacer a todo el mundo sin dejar de hacer... lo que uno quiere".
Pasamos un rato moi agradable recordando anécdotas curiosas e características especiais dalgún dos personaxes, especialmente do protagonista, que tén unha habilidade especial para resolver os problemas.
O autor do libro é alemán pero o libro está traducido a máis de vinte idiomas diferentes. Non deixedes de lelo, que é moi divertido.
De aquí a mediados de decembro imos ler "Xoeliki", o libro que xa leron os do grupo A e nos dixeron que tamén era moi divertido.
16 de out. de 2012
BENVIDOS!!
Benvidos un novo curso!!
Este ano a biblioteca está renovada e estamos desexando compartila con toda a comunidade educativa.
Polas mañás estamos aquí agardando a vosa presencia, especialmente na hora do recreo.
Tamén como sabedes podedes vir tódalas tardes, agás os martes, de catro a seis. Vinde! Non nos deixedes sós!
Comezou xa o primeiro xogo do Sabichondo e do Recuncho de Popi.
Animádevos a participar!
Tamén se entregaron os primeiros libros aos membros do clube "Os Comelibros".

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)