Amosando publicacións coa etiqueta Chamádeme Simbad. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Chamádeme Simbad. Amosar todas as publicacións

16 de abr. de 2012

Xuntanza Club de lectura: Chamádeme Simbad

O luns 16 de xaneiro tivemos a xuntanza do Club de lectura co libro Chamádeme Simbad do escritor Francisco Castro.
Os asistentes afirman que foi unha lectura fácil e que non lles levou moito tempo ler o libro.
Tania Iglesias de 6ºB di que lle chamou a atención que o neno fose só a buscar ao avó.
Nicolás Astray de 6ºA comenta dúas escenas graciosas do libro e di que se nese momento pasouno ben porque lle fixeron moita graza.
Nicolás tamén di que o que menos lle gustou do libro foi que os pais do protagonista querían enviar ao avó a unha residencia.
Tivemos unha conversa moi amena pois falamos de diversos temas acerca do libro e tamén da enfermidade do Alzheimer.

CHAMÁDEME SIMBAD

Francisco Castro é escritor, coordinador de Novos Proxectos na Editorial Galaxia e blogueiro.

O autor, nacido en Vigo, leva moitos anos traballando no campo da comunicación e a xestión cultural.É asiduo colaborador de diversos medios de comunicación galegos como cronista cultural. Foi un dos primeiros autores en promover o uso da Internet como motor para a animación á lectura e o debate cultural dende a súa concurrida bitácora “A canción do náufrago”.

A súa carreira como escritor comezou en 1991 coa publicación de Amor de cinema, ao que lle seguiron outros títulos coma:

  • A canción do náufrago
  • As palabras da néboa
  • O ceo dos afogados
  • Play-Back
  • Río Leteo
  • Spam
  • Un bosque cheo de faias
  • Xeografías
  • Xeración Perdida

O libro de Francisco Castro que estamos a traballar no club de lectura é Chamádeme Simbad, publicado pola Editorial Galaxia no ano 2009.