22 de maio de 2015

REUNIÓN DOS COMELIBROS DE MAIO

Esta reunión de "OS COMELIBROS" é a penúltima do curso e a última na que comentamos as lecturas do curso. En Xuño teremos unha reunión moi especial, a visita do autor dun dos libros que lemos neste curso!

Os grupos B e C, xuntáronse o luns 18 e o grupo A o mércores 20. Botádelle unha ollada ao vídeo para ver como foron as nosas reunións. 


No grupo A dialogaron sobre o libro "El Samurai del Rey" de Marcos S. Calveiro
O grupo B reuniuse para intercambiar opinións de "Xoeliki" obra escrita por Abraham Carreiro
O grupo C falaron de "A lenda do rei lobo" de Xavier Estévez Ferreiro, autor que teremos o pracer de coñecer dentro duns días.

Velaquí un vídeo que resume esta penúltima reunión do curso, xa que a última será unha reunión diferente e especial!


1 de maio de 2015

CHEGA MAIO COS LIBROS FAVORITOS

Ao igual que o ano pasado, os alumnos e alumnas mandáronnos á biblio unha lista cos seus libros favoritos! Así que durante os primeiros días de maio, poderedes atopar nalgúns dos recunchos da biblioteca cales sen os libros prefiridos polos vosos compañeiros e compañeiras, xa que están expostas as portadas de moitos deles! 
A ler rapaces e rapazas!!