Amosando publicacións coa etiqueta novidades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta novidades. Amosar todas as publicacións

23 de xan. de 2017

NOVIDADES XANEIRO

Velaquí os últimos libros e películas que se mercaron. Pinchando sobre cada portada poderás ver unha pequena reseña e o lugar onde está.

17 de xan. de 2017

NOVIDADES NOVEMBRO-DECEMBRO

Aquí temos os libros e películas que se mercaron para o colexio nestes dous meses. A maioría están na biblioteca e uns poucos en aulas.

20 de xan. de 2016

NOVA MALETA PARA PAIS E PROFES

Temos ata o entroido unha nova maleta emprestada pola consellería. Nela hai 37 libros e 3 películas. A maioría dos libros están destinados á lectura dos rapaces e rapazas pero tamén hai algúns que parecen moi interesantes tanto para profesores como para pais/nais. Desde o equipo da biblioteca convidámosvos a botarlles unha ollada antes de que marchen coa finalidade de coñecelos. Os que son para a lectura infantil están na cesta e os de adultos( pais, profes) na sección de novidades.
Premede na seguinte imaxe para ver os títulos que podedes atopar na nova maleta!


11 de nov. de 2015

NOVIDADES NOVEMBRO

Chegaron Os Bolechas! Aquí tedes toda a colección, onde podedes buscar calquera información que vos interese.

19 de out. de 2015

OS CLÁSICOS

Grazas á doazón dunha familia temos á nosa disposición unha colección de clásicos da literatura universal.

6 de out. de 2015

NOVIDADES: LIBROS NOVOS DA BIBLIOTECA

Esta mensaxe vai dirixida aos nosos grandes lectores e lectoras. No lado dereito deste blog e debaixo de Popi, incluímos unha sección baixo o título de NOVIDADES no que poderes atopar os novos libros que nos van chegando á Biblioteca cada mes! Só tedes que premer na imaxe, botar unha ollada e pasar pola biblio a escoller o título que máis vos interese!



Comezamos o mes de outubro cunha chea de novidades, pero queremos resaltar as lecturas en inglés que podedes atopar na biblioteca. Animádevos rapaces e rapaces!Hai unha gran variedade, pasade a escoller o título que máis vos interese!

Ademáis dos libros en inglés tamén tedes á vosa disposición outras obras que están expostas na biblioteca! 
Desta vez, fixemos uso dunha fermosa cesta para meter esta serie d libros ben divertidos.
Outra nova foi a maleta que nos chegou ao cole con lecturas para pais e nais do alumnado. Tales lecturas están expostas no recuncho de novidades!