28 de nov. de 2013

OS COMELIBROS

Hoxe imos falar un pouquiño máis do clube de lectura, OS COMELIBROS.
Este curso contamos con dous grupos. 
A primeira reunión do curso foi o día 15 de OUTUBRO. Este día os nosos comelibros recibiron instruccións básicas sobre o noso clube de lectura!
O día 12 de NOVEMBRO, tivemos a segunda reunión.
O grupo A está a ler "O CARTEIRO DE BAGDAD" de Marcos Calveiro.
O grupo B, tras ler a "XOELIKI" de Abraham Carreiro,  está a experimentar a lectura nun libro electrónico  ca historia "A CARREIRA MÁIS DESATINADA DO MUNDO" de Gerónimo Stilton.
Aquí vos deixamos algunhas fotos das nosas reunións.

NOVO CONCURSO


Chega o segundo concurso do XOGO DO SABICHONDO!
Atentos rapaces e rapazas. É ben sinxelo. As imaxes correspóndese coas partes do corpo. Debedes escribir as articulacións que aparecen sinaladas.
Lembrade escribilas en galego e sen erros!

26 de nov. de 2013

24 de nov. de 2013

VOLTAMOS CON POPI

Esta semana comezou o segundo Concurso Do RECUNCHO DE POPI! Esta vez poñerá a proba coñecementos culturais dun país de fala inglesa!
LEMBRADE: Non esquezades escribir a fonte onde atopastes a información.
E aquí tedes as tres preguntas que debedes respostar:

1. EN QUE PAIS SE ATOPA O "LONDON EYE"?

2. EN QUE ANO SE CONSTRUIU?

3. QUEN FOI O ARQUITECTO ENCARGADO DO SEU DESEÑO?

11 de nov. de 2013

CONTOS DE MEDO 2013

Agora xa podedes ler os contos de medos gañadores tamén aquí no blog! Nuns días tamén poderedes facelo en papel. Haberá un libro na biblioteca con todos os contos que creastes!

GAÑADORES DOS CONTOS DE MEDO


Velaquí tedes a lista dos gañadores dos contos de medo. Tamén están publicados nos taboleiros dos recunchos da Biblioteca!

NORABOA A TODOS E A TODAS! A verdade é que escribistes unhas historias incribles e terroríficas!
Moi pronto poderes ler as vosas historias gañadoras  aquí no blog de biblioteca








GAÑADORES DOS PRIMEIROS XOGOS DA BIBLIOTECA

Hoxe luns, todos os gañadores e gañadoras recibirán un premio durante a hora do recreo na biblioteca!
NORABOA A TODOS!


7 de nov. de 2013

CONTOS DE MEDO- SAMAÍN 2013


Por mor do día do Samaín, rapaces e rapazas do noso colexio crearon as súas propias historias de terror!
Moitas delas foron lidas polas aulas ao resto do alumnado. Tamén foron onde os máis pequenos para interpretar as súas historias!
Velaquí tedes algunhas fotos que fixemos durante as lecturas dos contos!

En breve, publicaremos neste blog o nome dos gañadores deses contos!