Amosando publicacións coa etiqueta A Radio Faladora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A Radio Faladora. Amosar todas as publicacións

23 de abr. de 2016

O DÍA DO LIBRO NA RADIO FALADORA


E NON PODIAMOS FALTAR NA RADIO UN DÍA TAN ESPECIAL COMA ESTE! ALUMNOS E ALUMNAS DE 4A ENCARGARONSE DO PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL DO DÍA DO LIBRO. ADEMAIS DE PREPARA O GUIÒN, TAMÉN SE ENCARGARON DA EMISIÓN, ASÍ QUE ENVIARON A EVA, MARTÍN E CRISTINA COMO LOCUTORES PARA NOS AMENIZAR CUNHA CHEA DE CURIOSIDADES SOBRE ESTE DÍA (CENTENARIO DE SHAKESPEARE E ... ENTRE OUTRAS COUSAS) A VERDADE É QUE FOI BEN INTERESANTE E DIVERTIDO! GRAZAS RAPACES E RAPAZAS!

31 de out. de 2015

CONTO EN SAMAÍN

Este xoves, con motivo da celebración do Samaín no colexio, o Equipo de Biblioteca quixo agasallar aos nenos e nenas coa lectura dun CONTO DE MEDO levada a cabo por alumnos e alumnas de 6º, que se escoitou a través da Nosa Radio Faladora!
Escollemos un conto de medo que foi gañador no ano 2013, escrito por Vanesa Freitas Táboas e que se titulaba "Unha meiga chuchona no pobo"


23 de abr. de 2015

PROGRAMA ESPECIAL DE RADIO

Para festexar o día do libro, que mellor que un programa especial sobre este día! A verdade é que estivo moi entretido. Rapaces e rapazas de todos os cursos (dende 4 anos ata 6º)
leron un cachiño dalgún libro ou poema interesante que están a traballar na clase! Ademáis poidemos coñecer a orixe do Día do Libro, que é BEN interesante. Se queredes volver a escoitalo, moi pronto estará aloxado na web do colexio!
Aquí vos deixamos algunhas fotos da gravación dese día! Esperamos que o pasarades moi ben!


23 de abr. de 2014

PROGRAMA ESPECIAL

HOXE, CON MOTIVO DO DÍA DO LIBRO EMITIUSE UNHA EDICIÓN ESPECIAL DA NOSA RADIO FALADORA.
EN BREVE PODEREDES ESXOITALO PINCHANDO NO ENLACE CORRESPONDENTE DA NOSA LISTA DE BLOGS Á DEREITA DA PANTALLA.
PERO MENTRES TANTO, VELAQUÍ O GUIÓN DA RADIO DESTE DÍA ESPECIAL!