Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día de Rosalía b>. Amosar todas as publicacións
25 de feb. de 2016
24 de feb. de 2016
DÍA DE ROSALÍA
O día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía cun recital no que alumnos e alumnas recitaron os seus poemas e unha profesora tocou a zanfona
3
º Primaria-Sara, Pedro e Hugo: “Has de cantar”
“Chote
de Leirado”
1º
Primaria- Antía, Uxía e Pablo: “Así mo pediron”
“Mallou”
6º
B- Mencía- “Eu cantar, cantar, cantei”
“A
regueifa”
6º
A- Marcos- “Unha vez tiven un cravo”
“A
Maruxa”
5º
Primaria- Naiara, Xoán e Fran- “Adios ríos, adios
fontes”
“Romance
da herbeira”
2º
Primaria- Carlota e Eric- “Vamos bebendo
“Dame
un biquiño”
4º
Primaria- Eva, María e Rebeca- “Como chove
miudiño"
“Marcha
procesional de Villalba”
“Pasacorredoiras de..Arnoia.”
9 de mar. de 2015
VISITA Á BIBLIOTECA DE PONTEAREAS
A biblioteca de Ponteareas conmemorou o nacemento de Rosalía de Castro cun concurso aberto aos escolares de primaria.
Podían participar os alumnos/as de 1º a 4º con debuxos sobre Rosalía e os de 5º e 6º con algunha das súas poesías.
Todos os traballos foron expostos na Sala Multiusos da biblioteca municipal.
Algúns de nós tivemos a oportunidade de ir velos, xa que fomos até a biblioteca municipal e aquí tedes unha presentación desa visita!
VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL - Kizoa Movie Maker
24 de feb. de 2015
CONCURSO DO MES DA POESÍA
MES DA POESÍA
Do 24 de
febreiro (día de Rosalía) ó 21 de marzo (Día Mundial da Poesía)
Este curso
desde o equipo da biblioteca propoñemos para a celebración do mes da poesía a
elaboración de caligramas poéticos.
O certame
rexirase polas seguintes BASES:
1.
Os
participantes elaborarán un caligrama poético.
2. A
participación poderá ser individual ou en grupo.
3. Os alumnos e alumnas de 1º e 2º poderán copiar
as poesías.
4. Os alumnos e alumnas de 3º e 4º poderán
completar poesías dándolles algún verso.
5. As alumnas e alumnos de 5º e 6ºdeberán crear
poesía e debuxo.
6. A elaboración dos caligramas en Infantil queda
a criterio das profesoras.
7.
Os tamaños
aceptables serán os seguintes:
A4 ou A5 para traballos individuais
de Primaria
A3, A4 ou A5 para traballos grupais
de Primaria
Tamaño
libre para Infantil
8. Data límite de entrega de traballos: 19 de
marzo.
9. O caligrama
gañador será publicado na revista “A Pita Faladora”
ALGÚNS
EXEMPLOS DE CALIGRAMAS
11 de mar. de 2014
O DÍA DE ROSALÍA
Como sabedes o 24 de febreiro é o día adicado a Rosalía de Castro, así que dende a biblioteca quixemos homenaxear á escritora facendo uns marcapáxinas sobre dita conmemoración. E este foi o resultado.
Así de fermosos quedaron. Pero non só incluímos un retrato de Rosalía e a data dedicada a ela, senón que por a outra cara podemos atopar e ler os seus poemas máis soados.
23 de feb. de 2013
DÍA DE ROSALÍA
O noso colexio tamén participou na LECTURA COLECTIVA DE CANTARES GALLEGOS que a AELG convocou para todos os centros escolares galegos con motivo da celebracion do Día de Rosalía, o vindeiro 24 de febreiro.
Alumnas e alumnos de 6º de E. Primaria recitaron o poema "Díxome nantronte o cura".
FELICIDADES, RAPAZAS E RAPACES!!
Alumnas e alumnos de 6º de E. Primaria recitaron o poema "Díxome nantronte o cura".
FELICIDADES, RAPAZAS E RAPACES!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






