20 de dec. de 2018

Papa Noel pasou pola biblioteca

Papa Noel pasou pola biblioteca... e sabedes o que nos deixou? Un montón de fotos de cando eramos pequen@s!



Desexámosvos unhas felices festas, vémonos en 2019!

26 de nov. de 2018

25-N

Para conmemorar o 25 de Novembro, día Internacional contra a Violencia de Xénero, dende a biblioteca púxose en marcha un taller de siluetas de mans.



Durante uns días, alumnas e alumnos de todos os cursos de Primaria foron pasando pola biblioteca para debuxar a súa man.


























Un sinxelo xesto co que unha vez máis, o pequeno gran de area de cada nen@ vai facendo unha fermosa montaña.




Este é o resultado final. O CEIP Nosa Señora dos Remedios contra a violencia de xénero!









4 de nov. de 2018

Un cole terrorífico

Este ano a temática para a celebración do Samaín foron os "coles terroríficos". O cole decorouse para a ocasión, e ademais, os nenos e nenas fixeron unhas escalofriantes historias de medo... Mirade!















Durante o recreo desfrutamos da lectura de terroríficas historias grazas á colaboración dalgúns alumn@s:








Popi está desexando que chegue o Samaín do curso que vén para poder desfrutar outra vez da vosa creatividade e dos vosos disfraces!









6 de out. de 2018

Nov@s lectores

Hai uns días que recibimos na biblioteca unha visita moi especial...


 As nenas e nenos de 1º de Primaria visitaron a biblioteca para coñecela, saber como levar libros prestados, como devolvelos, que libros poden coller...  





Estiveron moi atentos e marcharon moi contentos cunha carta de benvida de Popi. De seguro que serán uns grandes lectores!




Benvid@s!

Benvid@s un curso máis! 

Como sabedes, xa está aberta a biblioteca. Podedes vir nos recreos a ler un chisco, ou a coller algún libro para ler na casa. Tamén podedes vir polas tardes en horario de 4 a 6, agás os martes.

Popi espera ansiosa a vosa visita! 

 




7 de xuño de 2018

VISITA XAVIER ESTÉVEZ E COMPAÑEIROS DO CEIP SANTIAGO DE OLIVEIRA


VISITA XAVIER ESTÉVEZ PARA FALAR DE KIBUCO.

ESTA ACTIVIDADE FOI CONXUNTA COS COMPAÑEIROS DO CEIP SANTIAGO DE OLIVEIRA.

UNHA XORNADA INOLVIDABLE!

GRAZAS A TOD@S

9 de maio de 2018

3 de abr. de 2018

Reunión do Club de Lectura para falar de KIBUCO de Xavier Estévez. En breve contaremos coa visita do autor!





19 de mar. de 2018

Con motivo da celebración do día da muller o 8 de marzo; dende a Nosa Biblioteca queremos recordar as mulleres máis importantes da nosa vida.