28 de nov. de 2012

Novas preguntas do Recuncho de Popi

No panel do Recuncho de Popi aparecen as preguntas que debes contestar.
Indica a fonte documental da que sacaches  a información.
PARTICIPA!!

Novas preguntas do Sabichondo

Desta vez debedes escribir os nomes das imaxes que aparecen no panel.
Todas están relacionadas co inverno.
Ánimo e a gañar moitos premios!

Reunión "Os Comelibros"

O mércores da semana pasada reuniuse o grupo B do clube de lectura "Os Comelibros" para poñer en común as nosas impresións sobre o libro que lemos "Como complacer a todo el mundo sin dejar de hacer... lo que uno quiere".
Pasamos un rato moi agradable recordando anécdotas curiosas e características especiais dalgún dos personaxes, especialmente do protagonista, que tén unha habilidade especial para resolver os problemas.
O autor do libro é alemán pero o libro está traducido a máis de vinte idiomas diferentes. Non deixedes de lelo, que é moi divertido.
De aquí a mediados de decembro imos ler "Xoeliki", o libro que xa leron os do grupo A e nos dixeron que tamén era moi divertido.

16 de nov. de 2012

PREMIADOS CONTOS DE MEDO

O día 9 de novembro entregáronse os agasallos aos autores dos mellores contos de medo do Samaín.
Os premiados foron:

3º B:
   Sabela Garrido González
   Lucía Turrado González
   Samuel Juiz Rodríguez

4º A:
  Andrea Domínguez Casabella
   Alicia Fernández Fernández

4º B:
   Vanesa Freitas Táboas
   Lome Philippon Salinas

5º A:
  Adrián Castañeira Pérez
   Alba Niyireth Cruz Bernal

5º B:
   Alejandra Boullosa Martínez
   Carla Sousa Márquez

5º C:
   Cristina Sánchez Meilán

6º A:
   Manuela Barbosa Mendes
   Irene Fernández Pardo
   Aroa Carballido Nogueira
   Francisco Miguel González Castro

6º B:
   Mar Lorenzo Barrera
   Paula Vázquez Gándara

Tamén recibiron un diploma todos os participantes no certame, xa que os seus contos clasificáronse despois dunha selección previa feita nas aulas.
Parabéns par todos!!
 Non deixedes de escribir.

Entregas de premios

O pasado día 13 celebrouse a entrega de premios da primeira edición do Xogo do Sabichondo. A cada acertante entregóusele unha chapa branca , que indica o primeiro nivel de Sabichondo. A medida que vaian acertando máis veces recibirán unha chapa de outras cores, que representan categorías superiores. Ademais recibiron cada un un pequeno agasallo. Os acertantes foron os seguintes:

1º A:
    CINTHIA
    ALEJANDRA
    EVA

2º A:
    MARÍA

2º B:
    AINHOA

2º C:
    TANIA
    JOANA
    ALEJANDRA
    ÉDGAR
    NICOLE

3º A:
    MIGUEL BARREIRO
    JUAN

3º B:
    LUCÍA TURRADO
    LAURA PAZO
    LUCÍA IGLESIAS
    MENCÍA
    JUDIT
    CARLA
    SUSANA
    NEREA

Moitas felicidades a todos!!

      

15 de nov. de 2012

Club de lectura grupo A Xoeliki

O pasado luns 12 de Novembro tivemos a 1ª reunión do grupo A do Club de Lectura "Os Comelibros". O libro que lemos foi Xoeliki, de Abraham Carreiro. En xeral, o libro  gustounos  moito, pois os/as nenos/as e profes nos sentimos moi identificados co mundo da Internet e dos ordenadores. A medida que estivemos conversando as profes tentamos darlles algunhos consellos os/as rapaces para  poder navegar pola Internet con seguridade e incluso lles contamos algunha anécdota persoal.
Zaira fíxonos un pequeno resume do libr o e entre todos/as comentamos algunhos detalles, por exemplo cando a Xoeliki lle deron un "magicphone". 
Houbo un momento no que comentamos como eran as personaxes da historia e entre todos fomos desccribindo momentos e detalles curiosos. A personaxe máis interesante era "Maverick" porque é o Xefe Da Resistencia Pirata......
Foi un momento divertido, espero que nas próximas reunións siga sendo así.