>Pasaron xa dous meses sin que compartiramos con vós as experiencias sobre as nosas lecturas desde finais de decembro ata a semana pasada, que foron moi interesantes.
No
grupo A lemos dous libros:
"Cómo complacer a todo el mundo sin dejar de hacer ... lo que uno quiere": Foi unnha lectura moi divertida para todos, especialmente como o protasgonista se apañaba para sacar ao seu pai de tódolos líos nos que se metía.
"O Misterio das Badaladas": Este libro gustounos moito porque nos movía a participar na resolución do misterio tratando de resolver as pistas que ían aparecendo.
A maioría dos membros do grupo recomendaría estes libros para ler e pasalo ben.
No
grupo B lemos
"La Niña de Plata": Este libro non lle gustou a todo o mundo porque era moi triste por veces.
"O Misterio das Badaladas": O reloxio da torre dá 13 badaladas e un grupo de rapaces decídese a resolver o misterio. Foi un libro que resultou moi atraente para todos os lectores deste grupo, xa que intentamos nós tamén resolver o misterio.
No grupo B houbo unha alta participación á hora de comentar este último libro.
Por outra banda, cada día o pasamos mellor grazas ás doces merendolas coas que nos agasallan algunhas alumnas. Desta vez houbo abundancia, variedade e... estaba todo para chupa-los dedos. Se seguimos así imos engordar.