23 de abr. de 2013

Día do libro

Con motivo do día do libro queremos facer visibles as lecturas preferidas dos nosos alumnos. Para iso preguntamos polas clases e o resultado é unha exposición que poderemos desfrutar por dúas semanas nas escaleiras do colexio, así como no edificio de E. Infantil. A exposición está dividida en seccións, estando en cada escaleira os libros favoritos dos alumnos que baixan por ela. Estamos agradeblemente sorprendidos polas moitas e variadas lecturas que as nosas alumnas e alumnos escolleron.





Novo tema para o Xogo do Sabichondo: "Podemos ler..."

Debido a que neste mes se celebra o día do libro propoñemos nesta ocasión como tema para o Xogo do Sabichondo o seguinte título: "Podemos ler..." .
Os nenos e as nenas deberán relacionar as imaxes que aparecen no panel cos seus nomes.

3 de abr. de 2013

o carteiro de Bagdad

Ola! vouvos escribir un resumo do libro "O carteiro de Bagdad" que fixo un comelibros do grupo A.
" Este libro narra a historia da guerra que se vive en Bagdad, pero tamén da morte, do sofremento que provoca a guerra. Pero tamén fala dun neno chamado Abdulwahid. Que recibe este nome en homenaxeao gañador da medalla de bronce dos Xogos Olímpicos de Roma. Este atleta competía na categoría de levantamento de pesas.
O pai de  Abdulwahid é carteiro e reparte o correo na súa motocicleta, o seu nome é Ibrahim. Ibrahim posee unha carta misteriosa, á  que non lle atopa destinatario. Nun intento de entregar unha carta, Ibrahim sofre un atropello.

Mentres Ibrahikm está convalecente,Abdulwahid xúralle polo Profeta a seu pai que entregará a carta ao seu destinatario. antes de partir, Abdulwahid vai en busca do seu amigo Ahmed, que yten familia perto da dirección do destinatario, para que o acompañe na entrega.
Despois de pasar por moitas anécdotas do viaxe conseguen entregar a carta. á volta da viaxe o pensamento dos nenos cambia moito; xa non son nemnos inocentes que xogan na almuíña, senón que senten que creceron.
Á volta a casa Abdulwahid teme pola vida de seu pai, pero despois de ver unha carpa dourada no río, consegue velo na súa motocicleta..."
moitas grazas pola túa aportación Francisco.