28 de xuño de 2013

Lecturas refrescantes

Aí vai a nosa proposta de lecturas para o verán,. Agardamos que este pequeno mollo de lecturas refrescantes vos axuden neste tempo de calor.

17 de xuño de 2013

Grazas, axudantes

Hoxe celebramos unha pequena festa cos axudantes da biblioteca. Queriamos agradecerlles o labor tan valioso que fixeron  durante todo o curso  asistindo unha vez por semana para axudar durante o tempo de recreo na biblioteca. Ao final entregámoslles un pequeno agasallo.
Algúns destes alumnos e alumnas xa se van para o instituto o vindeiro curso. Outros seguirán axudando o ano que vén.
Moita sorte a tod@s! Vós merecedes o mellor.






10 de xuño de 2013

Premios Sabichondo

Hoxe entregamos os últimos premios do Xogo do Sabichondo por este curso.
Os acertantes foron
Daniela de 1º B
María, Laura e José Enrique de 2º A
Sheila de 3º A
Noraboa a todos!















Encontro con An Alfaya

O pasado 6 de xuño  as alumnas/os es profesoras do club de lectura “Os Comelibros” tivemos ocasión de desfrutar dun encontro coa escritora An Alfaya, autora do libro Unha xanela para Cecilia, que eliximos para ler este ano. An ofreceunos unha amena charla onde repasou a súa traxectoria e lembrou para nós as súas primeiras experiencias como escritora  sendo aínda unha nena, e como a escrita lle serviu durante moito tempo para canalizar a todas aquelas cousas  que a súa timidez lle impedía expresar directamente.
Os alumnos e alumnas entregáronlle algúns debuxos inspirados na súa obra e ela escribiulles dedicatorias nas copias dos mesmos. Tamén adicou un exemplar do seu libro para a biblioteca do colexio.
Grazas, An, pola túa simpatía e amabibilidade.