Este primeiro xogo está relacionado con cousas da biblioteca, é dicir, rincóns e diversos materiais que podedes atopar na nosa biblioteca.
A cada imaxe correspondelle un número, así que fixádevos ben!
Dende a biblioteca do cole dámosvos a benvida a todos e a todas un curso máis! Un curso que vén cheo de novidades e sorpresas. Así que estade ben atentos a todo o que ocorra no cole e en especial a todo o que se conte neste blog.