23 de dec. de 2013

BO NADAL E FELIZ ANINOVO

DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA QUEREMOS DESEXARVOS UN BO NADAL, FELICES FESTOS E FELIZ ANINOVO!!!

DEIXÁMOSVOS AQUÍ UNHAS ACTIVIDADES PARA QUE PASEDES O TEMPO DURANTE AS VACACIÓNS!


A CARREIRA MÁIS DESATINADA DO MUNDO

Pinky preparoume outra das súas! Inscribiume a traizón na Carreira Máis Desatinada do Mundo sobre patíns con foguetes... foi unha fin de semana de pesadelo! Ao final, xúrovolo polos bigotes de meu avó, non vía a hora de volver á oficina!




OS MEMBROS DO GRUPO B DO CLUBE DE LECTURA "OS COMELIBROS" PODEDES DEIXAR AQUÍ AS VOSAS OPINIÓNS SOBRE O LIBRO

O CARTEIRO DE BAGDAD


PARA OS QUE XA LERON A HISTORIA (GRUPO A) AQUÍ VOS DEIXAMOS NO BLOG UNHA SERIE DE ACTIVIDADES SOBRE O LIBRO. SO TEDES QUE PINCHAR NA IMAXE DO LIBRO QUE VOS APARECE Á DEREITA E QUE LEVA POR TÍTULO, O CARTEIRO DE BAGDAD!

22 de dec. de 2013

SEGUNDA REUNIÓN DOS COMELIBROS

O pasado xoves 18, tivemos a segunda reunión do CLUBE DE LECTURA: OS COMELIBROS
O grupo A, interccambiou impresións sobre o libro "O carteiro de Bagdad" de Marcos Calveiro.
No grupo B, comentaron a lectura de Gerónimo Stilton "A carreira máis desatinada do mundo"

Aquí podedes ver algunhas imaxes de ambas as dúas reunións


2ªREUNIÓN OS COMELIBROS - diapositivas

Podedes deixar comentarios sobre calquera das lecturas. Que parte da historia vos gustou máis? Cal é a vosa personaxe favorita? Que relación ten a historia co mundo actual?, etc.

15 de dec. de 2013

LIBROS INTERESANTES PARA O NADAL

Dende o colexio queremos desexarvos un BO NADAL a todos e todas e recomendarvos unha serie de lecturas para estas vacacións. Aquí vos deixamos unha lista de lecturas para cada ciclo tanto para os pais e nais coma para os nenos e nenas!


13 de dec. de 2013

REUNIÓN CLUBE DE LECTURA

LEMBRAMOSVOS QUE O VINDEIRO MARTES 17 TEREMOS A NOSA ÚLTIMA REUNIÓN DO TRIMENTRE DO CLUBE DE LECTURA.

NO GRUPO A COMENTAREMOS A LECTURA SOBRE "O CARTEIRO DE BAGDAD".
O GRUPO B POÑERÁN EN COMÚN AS SÚAS IDEAS SOBRE " A CARREIRA MÁIS DESATINADA DO MUNDO"

NON ESQUEZADES TRAER O MATERIAL PARA A REUNIÓN.

ACERTANTES DOS XOGOS DE BIBLIOTECA

Comezamos co RECUNCHO DE POPI. Aínda que houbo moitos participantes, sinto decirvos que ninguén foi quen de escribir correctamente as articulacións do corpo. Outra vez será rapaces! Preparádevos para o seguinte xogo. A ver se hai máis sorte! 

 En canto ao XOGO DO SABICHONDO, aquí vos deixamos a lista dos acertantes. NORABOA RAPACES! Entregaranse os premios O LUNS 16 na hora do recreo na aula de AUDIOVISUAIS.