31 de mar. de 2014

TECENDO POEMAS

Como xa dixemos noutras ocasións, o 21 de marzo foi o Día da Poesía, así no colexio decidimos facerlle unha homenaxe a dito xénero literario. Dende a Biblioteca, como ben sabedes, organizamos a sección "TECENDO POEMAS" que comezou o 19 de febreiro. Para o ldía 21 o noso colexio estaba empapelado coas vosas creacións. Queremos agradecervos a vosa participación! A verdade é que sodes uns grandes poetas. Faremos entrega duns diplomas a todos os participantes!


11 de mar. de 2014

O PRINCIPITO

O grupo B do clube de lectura "Os Comelibros" reuniuse o pasado 18 de febreiro,  unha vez lido "O Principito" en formato electrónico para falar e opinar sobre o libro.
En xeral gustoulles moito.


GAÑADORES DOS XOGOS DE FEBREIRO

Velaquí tedes a relación de acertantes dos Xogos da Biblioteca propostos no mes de febreiro. Seguimos sen ter moitos acertantes no Recuncho de Popi, pero a verdade e que co Xogo do Sabichondo lucistesvos rapaces e rapazas! NORABOA A TODOS E TODAS!






































O DÍA DE ROSALÍA

Como sabedes o 24 de febreiro é o día adicado a Rosalía de Castro, así que dende a biblioteca quixemos homenaxear á escritora facendo uns marcapáxinas sobre dita conmemoración. E este foi o resultado.

Así de fermosos quedaron. Pero non só incluímos un retrato de Rosalía e a data dedicada a ela, senón que por a outra cara podemos atopar e ler os seus poemas máis soados.