27 de xuño de 2014

GUÍA DE LECTURAS PARA VERÁN

Xa rematamos o curso pero aquí vos deixamos unha serie de lecturas para que vos entreteñades durante o verán.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!!
QUE TEÑADES UNHAS BOAS VACACIÓNS!!

PRIMEIRO CICLO


SEGUNDO CICLO


TERCEIRO CICLO




PREMIOS ESPECIAIS

QUEREMOS FACER ESPECIAL MENCIÓN A DOUS GAÑADORES EN CONCRETO, XA QUE ACERTARON TODOS OS XOGOS QUE SE PROPUXERON.  POLO QUE AMBOS OS DOUS RECIBIRON PREMIOS ESPECIAIS
OS SEUS NOMES SON:

MARÍA FERNÁNDEZ DE 3ºA: GAÑADORA ESPECIAL DO XOGO DO SABICHONDO



PEDRO ESTÉVEZ DE 5ºA: GAÑADOR DO RECUNCHO DE POPI


GAÑADORES DE XUÑO

E coa fin de curso chegan os últimos gañadores dos Xogos de Biblioteca!
Noraboa rapaces e rapazas!



VISITA DE MARCOS CALVEIRO

O día 10 de Xuño tivemos a sorte de ter entre nós a Marcos Calveiro, autor de "El Samurai del Rey" e "O Carteiro de Bagdad", dous dos libros que Os Comelibros tiveron a oportunidade de ler.


Esta reunión do clube de lectura foi especial porque os rapaces e rapazas tiveron a oportunidade de escoitar ao autor de ditos libros. 
Marcos Calveiro fixo unha presentación na que nos explicou por que se decidiu a escribir "El Samurai del Rey", así como a situación histórica da súa novela.
Tras a presentación tivemos a oportunidade de facerlle preguntas sobre a súa obra. Aínda que tamén contestou a preguntas persoais feitas por os curiosos Comelibros.
Fixémoslle un pequeno agasallo dende o Equipo de Biblioteca e tamén uns debuxos feitos polos rapaces e rapazas sobre o seu libro.
Asinou autografos a todos e todas! 
Aquí deixamos proba de como trascorreu a visita!


Despois de todo isto, fixémoslle unha pequena entrevista para a nosa Radio Faladora, así que todos os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de coñecer un pouquiño mellor a este gran escritor!


Dende aquí non podemos máis que agradecerlle a súa visita. MOITAS GRAZAS!

6 de xuño de 2014

ÚLTIMOS XOGOS

Estamos chegando ao final e coa fin de curso rematamos cos Xogos de Biblioteca ata setembro! Como sabedes o último xogo do RECUNCHO DE POPI que comezou o mes de maio, estaba adicado ao escritor homenaxeado nas LETRAS GALEGAS neste 2014.


A vindeira semana, saberemos por fin os gañadores no só do RECUNCHO DE POPI, senón tamén do XOGO DO SABICHONDO! Coma sempre, ademáis de nos taboleiros da biblioteca, faremos a lista pública a través da nosa radio escolar! ESTADE ATENTOS!