20 de dec. de 2016
BO NADAL E BOAS LECTURAS
AQUÍ TEDES AS NOSAS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA ESTE NADAL.
DESFRUTADE MOITO.
BOAS FESTAS!!
29 de nov. de 2016
Non violencia contra as mulleres
Con motivo da celebración do Día da Non Violencia contra as Mulleres cada clase pensou un lema en contra da violencia e a favor da convivencia e a igualdade. Os carteis están nas portas das clases ou nun lugar preferente e coas copias fixemos un pequeno mural para a entrada do colexio. Aquí podédelos ver todos nun pequeno libriño.
21 de nov. de 2016
Os máis lectores
Algunhas rapazas e rapaces comezaron con moita gana de ler este curso. Noraboa principalmente a Maitane e Alejandra de 5º A. Seguide así.Aquí tedes aos máis lectores e lectoras do mes de outubro.
ALEJANDRA ARAÚJO BOENTE 5º A
MAITANE MORALES LÓPEZ 5º A
CASANDRA ALBÁN ÁLVAREZ 2º A
SARAY BARROS ZÚÑIGA 2º A
SAMUEL CORUJEIRA LIMA 2º A
MARIO BUGARÍN GONZÁLEZ 2º A
AINHOA CARBALLO NÚÑEZ 6º B
RODRIGO DOVAL SUÁREZ 2º A
LAURA FREITAS TÁBOAS 5º A
SARA CARRERA ALONSO 2º A
HUGO PINO MARTÍNEZ 3º B
POL ARJONES GIL 1º A
ATENEA CHÁVEZ RODRÍGUEZ 2º A
ANTÍA CORUJEIRA MARTÍNEZ 2º A
IRENE GIL BARBOSA 5º A
MARTÍN VEIGA CARRERA 3º B
NOELIA A. VENDITTI MASCIARELLI 5º B
EVA CICIRELLO GONZÁLEZ 5º A
SABELA RIVAS SAMPEDRO 3º B
XIANA FERNÁNDEZ MANÉNDEZ 3º A
RODRIGO ÁLVAREZ NOGUEIRA 2º A
NAIARA ALONSO FERNÁNDEZ 3º A
15 de nov. de 2016
Reunións do club de lectura
A semana pasada os membros do club "Os Comelibros" reuníronse para comentar os libros que leran: O grupo A, "Quién cuenta las estrellas" e o grupo B "Unha xanela para Cecilia". Aquí podedes ver algunhas portadas que fixeron e algunhas fotos.
11 de nov. de 2016
Lendas de Ponteareas e outras historias do Samaín
Lendas de Ponteareas e outras historias que teñen que ver co Samaín recollidas ou inventadas polos nenos e nenas deste centro.
Aquí tedes o libro.
Aquí tedes o libro.
11 de out. de 2016
Benvida
Benvidas rapazas e rapaces a un novo curso!
Convidamos a tod@s a visitar a biblioteca.
Lembramos aos maiores que poden buscar desde a Internet para saber o que hai na biblio e onde está colocado. Neste blog pinchade na marxe dereita e veredes.
Convidamos a tod@s a visitar a biblioteca.
Lembramos aos maiores que poden buscar desde a Internet para saber o que hai na biblio e onde está colocado. Neste blog pinchade na marxe dereita e veredes.
30 de xuño de 2016
14 de xuño de 2016
FESTA DOS AXUDANTES
QUE FARÍA A BIBLIOTECA SEN AXUDANTES?
PREFERIMOS NON PENSALO! PORQUE O SEU TRABALLO É IMPRESCINDIBLE PARA QUE TODO FUNCIONE!
DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA QUIXEMOS AGRADECERLLE A TODOS OS AXUDANTES A SÚA COLABORACIÓN E IMPLICACIÓN NA BIBLIOTECA CUNHA PEQUENA FESTA E ALGÚN QUE OUTRO AGASALLIÑO!
MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS!!
3 de xuño de 2016
POPI EXPLORADORA E OS CONTOS CLÁSICOS
Lembrades cal era o obxectivo do xogo de investigación dos rapaces e rapazas de cuarto? Pois aquí tedes expostos no RECUNCHO CREATIVO algunhas ilustracións de contos clásicos feitos polos exploradores e exploradoras! Tras atopar os contos na biblioteca e cubrir a información que se lles pedía no nivel básico, algún alumnos atrevéronse co nivel superior e deixaronnos traballos coma estes!
31 de maio de 2016
VISITA DE LEDICIA COSTAS
O PASADO 26 DE MAIO TIVEMOS A GRAN SORTE DE CONTAR COA PRESENCIA DE LEDICIA COSTAS NA NOSA BIBLIOTECA! OS NOSOS COMELIBROS ESTABAN ENCANTADOS, XA QUE DESPOIS DE LEREN "ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA" ADOECÍAN POR COÑECELA.
AÍNDA QUE NON SÓ OS NOSOS COMELIBROS TIVERON A OPORTUNIDADE DE COÑECELA MELLOR, XA QUE ESTIVEMOS ACOMPAÑADOS POR MESTRAS, ALUMNOS E ALUMNAS DO CEIP SANTIAGO DE OLIVEIRA.
ANTES DE QUE LEDICIA CHEGASE AO COLE, REUNIMONOS TODOS NA BIBLIO, PARA ESTAR PREPARADOS PARA CANDO CHEGASE. FIXÉMOSLLE UNHA PEQUENA PRESENTACIÓN E DE SEGUIDO NOS FALOU SOBRE O LIBRO QUE LEMOS NO CLUBE DE LECTURA E SOBRE OUTRAS DAS SÙAS OBRAS. CONTOUNOS UNHA MOREA DE COUSAS SOBRE ELA E OS SEUS LIBROS E CONTESTOU A TODAS AS PREGUNTAS QUE LLE FIXEMOS.
ANTES DE FIRMARNOS OS LIBROS, DEMOSLLE UNS AGASALLIÑOS, ENTRE ELES UNS LIBROS FEITOS POR NÓS CON DEBUXOS E INFORMACIÓN SOBRE "ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA"
ACEPTOU ENCANTADA A NOSA INVITACIÓN Á RADIO FALADORA, ONDE GRAVAMOS UNHA ENTREVISTA MOOOOI INTERESANTE! ASÍ, TODOS OS RAPACES E RAPAZAS DO COLEXIO POIDERON SABER UN CHISQUIÑO MÁIS SOBRE ELA.
TAMÉN TIVEMOS SESIÓN DE FOTOS EN GRUPO!
LEDICIA, FOI UN PRACER TERTE DE ESCRITORA CONVIDADA NO COLE!
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN PEQUENIÑO RESUMO DE COMO FOI A NOSA MAÑÁ COA VISITA DESTA GRAN ESCRITORA GALEGA.
VISITA LEDICIA COSTAS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
25 de maio de 2016
Libro de Manuel María
Con motivo das Letras Galegas os alumnos e alumnas de diferentes cursos ilustraron poemas de Manuel María. dunha selección fixemos este libriño.
24 de maio de 2016
A Pita Faladora
Todo o persoal do colexio temos xa nas nosas mans o número 37 da Pita Faladora, editada polo Equipo Dinamizador da Lingua Galega.
Velaquí está. Agardamos que vos guste.
Velaquí está. Agardamos que vos guste.
22 de maio de 2016
CONCURSO DE POPI EN 4º
E para rematar os concursos deste curso,Popi enviou unha invitación aos alumnos e alumnas de cuarto!QUE EMOCIÓN! Desta a investigación estaba relacionada con contos clásicos que podemos atopar na biblioteca!Non esquezades ler as pistas e fixarvos ben no que tedes que atopar!!SORTE A TODOS!!
8 de maio de 2016
OS GAÑADORES DE 1º
E, XA TEMOS GAÑADORES DO CONCURSO DE POPI EXPLORADORA EN PRIMEIRO!!
AÍNDA QUE QUEREMOS AGRADECER A TODOS/AS OS/AS QUE PARTICIPASTES NESTE XOGO DE POPI EXPLORADORA. FIXÉSTELO PERO QUE MOI BEN!!NORABOA!!!
3 de maio de 2016
REUNIÓN DOS COMELIBROS
NESTA PRIMEIRA SEMANA DE MAIO OS NOSOS COMELIBROS REUNÍRONSE PARA COMENTAR UN LIBRO BEN INTERESANTE DE LEDICIA CASAS, TITULADO "ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA" A VERDADE É QUE OS RAPACES E RAPAZAS FIXERON GRANDES TRABALLOS SOBRE A LECTURA E ESTÁN DESEXANDO COÑECER Á AUTORA QUE NOS VISITARÁ NO MES DE MAIO! QUE SORTE TEMOS DE QUE POIDA VIR VISITARNOS! TERÉMOSVOS INFORMADOS NO BLOG SOBRE A VISITA DA AUTORA!
24 de abr. de 2016
POPI EXPLORADORA EN PRIMEIRO
E, POR FIN, CHEGOU A QUENDA DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE PRIMEIRO!!!
POPI EXPLORADORA MANDOULLES A INVITACIÓN A CLASE E TAMÉN SE FIXO PÚBLICO NO TABOLEIRO DA BIBLIOTECA!!
PERO CAL É A VOSA MISIÓN??
Onde está,
na biblioteca,
o libro
que máis che gusta?
|
UNHA VEZ QUE O ATOPEDES, DEBEDES CUBRIR A SEGUINTE INFORMACIÓN E FACER UN DEBUXO
NOME:......................................................
CURSO:..................................
Título:
….....................................................................................................
Autor/a:........................................................................................................
Editorial:...............................................
Localización:.................................................
Color
e forma da
etiqueta:............................................................................
NON ESQUEZADES BOTARLLE UNHA OLLADA ÁS PISTAS QUE ESTÁN ONDA O RECUNCHO CREATIVO!!
23 de abr. de 2016
O DÍA DO LIBRO NA RADIO FALADORA
E NON PODIAMOS FALTAR NA RADIO UN DÍA TAN ESPECIAL COMA ESTE! ALUMNOS E ALUMNAS DE 4A ENCARGARONSE DO PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL DO DÍA DO LIBRO. ADEMAIS DE PREPARA O GUIÒN, TAMÉN SE ENCARGARON DA EMISIÓN, ASÍ QUE ENVIARON A EVA, MARTÍN E CRISTINA COMO LOCUTORES PARA NOS AMENIZAR CUNHA CHEA DE CURIOSIDADES SOBRE ESTE DÍA (CENTENARIO DE SHAKESPEARE E ... ENTRE OUTRAS COUSAS) A VERDADE É QUE FOI BEN INTERESANTE E DIVERTIDO! GRAZAS RAPACES E RAPAZAS!
22 de abr. de 2016
DÍA DO LIBRO 2016
Por mor do Día do Libro , algúns alumnos e alumnas dende 3º a 6º prepararon a lectura dun conto para os máis cativos. En parellas, os máis maiores traballaron na lectura, dramatización e posta en escena dun conto para ler, o venres 22 de abril, nas clases de infantil, 1º e 2º. Tanto mestres e mestras coma os seus compañeiros e compañeiras axudaron a estas parellas co vestiario, a interpretación... e o resultado foi EXCELENTE!
Moitas grazas a todos e todas dende a Biblioteca!
16 de mar. de 2016
GAÑADORES EN 5º DO XOGO DE INVESTIGACIÓN
A PESARES DA GRAN PARTICIPACIÓN, SÓ UNHA ALUMNA CONSEGUIU O NIVEL SUPERIOR. ELA É IARA DE 5ºA QUE SERÁ AGASALLADA CON ALGO MOI ESPECIAL.ESTADE BEN ATENTOS A EMISIÓN DA PRÓXIMA RADIO-FALADORA.
NORABOA IARA!!
Ao Equipo de Biblioteca encantáronnos os poemas que atopastes e ilustrastes, polo que decidimos facer un libro dixital con todas as vosas poesías.
As vosas poesías tamén están expostas no RECUNCHO CREATIVO e pronto teredes o libro en papel á vosa disposición na biblioteca!!
FIXESTES UN GRAN TRABALLO!!
NORABOA A TODOS E TODAS OS PARTICIPANTES!
3 de mar. de 2016
NOVIDADES
Novas lecturas na biblio
Sigue el tablero Novidades xaneiro-febreiro de biblioremedios en Pinterest.
Sigue el tablero Novidades xaneiro-febreiro de biblioremedios en Pinterest.
26 de feb. de 2016
COMO ATOPAR UN LIBRO NA BIBLIOTECA?
1.-
Pincha á dereita da pantalla na icona do Meiga. Aparecerá
a páxina. da Rede de bibliotecas de Galicia onde está a nosa
biblioteca.
2.-
Á esquerda da pantalla pinchamos sobre “Busca avanzada”
3.- E aparecenos esta páxina.
3.- E aparecenos esta páxina.
4.-Agora podedes buscar o que necesitedes:
- Se buscades un autor escribides o seu nome, por exemplo, Agustín Fernández Paz na barra Autor
- Se buscades un título escribídelo na barra de Título.
- Se queredes buscar sobre un tema determinado, por exemplo traballos manuais escribides na barra Tema
5.-Sairanvos o número de libros que hai na nosa biblio. Lembrade que só aparecen 10 en cada páxina, así que para buscalos todos algunhas veces teredes que navegar por distintas páxinas.
6.- Fixádevos na localización para saber onde está situado o libro.
25 de feb. de 2016
POPI EXPLORADORA EN 5º
E COMEZAMOS O XOGO DE POPI EXPLORADORA EN QUINTO!!POPI XA ENVIOU AS INVITACIÓNS PARA QUE VEÑADES INVESTIGAR Á BIBLIOTECA. O PRIMEIRO PASO É BOTARLLE UNHA OLLADA AO RECUNCHO DA BIBLIOTECA QUE ESTÁ NA ENTRADA. AÍ VEREDES O QUE SE VOS PIDE.
DE SEGURO QUE PRECISADES ALGUNHA PISTA, NON É? POIS NO RECUNCHO CREATIVO POPI DEIXOU AS PISTAS QUE PRECISADES
1.
No blog da biblioteca debes comezar.
2.Segue
as instrucións que che están a dar.
3.Se
o nivel superior consegues acadar...
4...Un
pase especial para a radio vas gañar.
XA SABEDES RAPACES E RAPAZAS A PESCUDAR POLO BLOG. FIXÁDEVOS BEN QUE DESTA VEZ TEMOS DOUS NIVEIS.
Nivel básico:
Busca un libro de poesía na biblioteca,cubre os datos e méteos na
caixa.
Nivel superior:
Copia un poema do libro e ilústrao (Non vale repetir libros)
PARA O PRIMEIRO NIVEL NON ESQUEZADES COLLER NA BIBLIOTECA O MODELO PARA AS VOSAS RESPOSTAS. ALÍ MESMO TEDES UN BUZÓN PARA INTRODUCILO UNHA VEZ QUE O COMPLETEDES
NOME:......................................................
CURSO:..................................
Título:
…...............................................................................
Autor/a:..................................................................................
Editorial:...............................................
Localización:.................................................
Color
e forma da
etiqueta:......................................................
24 de feb. de 2016
DÍA DE ROSALÍA
O día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía cun recital no que alumnos e alumnas recitaron os seus poemas e unha profesora tocou a zanfona
3
º Primaria-Sara, Pedro e Hugo: “Has de cantar”
“Chote
de Leirado”
1º
Primaria- Antía, Uxía e Pablo: “Así mo pediron”
“Mallou”
6º
B- Mencía- “Eu cantar, cantar, cantei”
“A
regueifa”
6º
A- Marcos- “Unha vez tiven un cravo”
“A
Maruxa”
5º
Primaria- Naiara, Xoán e Fran- “Adios ríos, adios
fontes”
“Romance
da herbeira”
2º
Primaria- Carlota e Eric- “Vamos bebendo
“Dame
un biquiño”
4º
Primaria- Eva, María e Rebeca- “Como chove
miudiño"
“Marcha
procesional de Villalba”
“Pasacorredoiras de..Arnoia.”
23 de feb. de 2016
OS MELLORES EXPLORADORES DE TERCEIRO
Aquí deixamos unha lista dos gañadores de terceiro do Xogo de Popi Exploradora:
OS MELLORES EXPLORADORES
DE 3º
HUGO MENÉNDEZ FARPÓN
JUDITH LÓPEZ CAMPOS
MARILUZ IGLESIAS SOTO
BRAIS GONZÁLEZ FERNÁNDEZ
IZAN GUIZÁN
HUGO TRONCOSO RODRÍGUEZ
PEDRO PIÑEIRO ESTÉVEZ
NORABOA SUPER EXPLORADORES!!!
NORABOA SUPER EXPLORADORES!!!
20 de xan. de 2016
NOVA MALETA PARA PAIS E PROFES
Temos ata o entroido unha nova maleta emprestada pola consellería. Nela hai 37 libros e 3 películas. A maioría dos libros están destinados á lectura dos rapaces e rapazas pero tamén hai algúns que parecen moi interesantes tanto para profesores como para pais/nais. Desde o equipo da biblioteca convidámosvos a botarlles unha ollada antes de que marchen coa finalidade de coñecelos.
Os que son para a lectura infantil están na cesta e os de adultos( pais, profes) na sección de novidades.
Premede na seguinte imaxe para ver os títulos que podedes atopar na nova maleta!
19 de xan. de 2016
POPI EXPLORADORA EN 3º
O CONCURSO DE POPI EXPLORADORA XA CHEGOU A TERCEIRO E FÍXOO CUNHA INVITACIÓN MOI PERSOAL!!
SE QUEREDES SABER MÁIS OBSERVADE OS TABOLEIROS DA BIBLIOTECA. NELES ESTÁ TODA A INFORMACIÓN QUE PRECISADES PARA COMEZAR A BUSCA: A PREGUNTA, AS NORMAS...
NOUTRO TABOLEIRO TAMÉN PODEDES ATOPAR AS PISTAS! SORTE RAPACES E RAPAZAS!
E NON ESQUEZADES CUBRIR TODA A INFORMACIÓN QUE SE VOS PIDE!!
NOME: ……………………………………………………………………
CURSO: ………………...
COMPLETA
A FAMILIA ECOVERDE
COIDA O PLANETA
1º Indo a
diario ao traballo …………………………………………………………………………
………………………………………………………………………………………………………...
2º Mercando
…………………………………………………………………………………………
…………………………………………………………………………………………………………
3º Fabricando
………………………………………………………………………………………..
…………………………………………………………………………………………………………
4º Lendo
……………………………………………………………………………………………..
DI ONDE ATOPACHES A INFORMACIÓN
TÍTULO DO LIBRO:…………………………………………………………………………………
EDITORIAL: ………………………………………………………………………………………….
COLOR DA ETIQUETA:…………………………..
MATERIA:…………………………………………
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)