20 de xan. de 2016

NOVA MALETA PARA PAIS E PROFES

Temos ata o entroido unha nova maleta emprestada pola consellería. Nela hai 37 libros e 3 películas. A maioría dos libros están destinados á lectura dos rapaces e rapazas pero tamén hai algúns que parecen moi interesantes tanto para profesores como para pais/nais. Desde o equipo da biblioteca convidámosvos a botarlles unha ollada antes de que marchen coa finalidade de coñecelos. Os que son para a lectura infantil están na cesta e os de adultos( pais, profes) na sección de novidades.
Premede na seguinte imaxe para ver os títulos que podedes atopar na nova maleta!


19 de xan. de 2016

POPI EXPLORADORA EN 3º

O CONCURSO DE POPI EXPLORADORA XA CHEGOU A TERCEIRO E FÍXOO CUNHA INVITACIÓN MOI PERSOAL!!




SE QUEREDES SABER MÁIS OBSERVADE OS TABOLEIROS DA BIBLIOTECA. NELES ESTÁ TODA A INFORMACIÓN QUE PRECISADES PARA COMEZAR A BUSCA: A PREGUNTA, AS NORMAS...


NOUTRO TABOLEIRO TAMÉN PODEDES ATOPAR AS PISTAS! SORTE RAPACES E RAPAZAS!


E NON ESQUEZADES CUBRIR TODA A INFORMACIÓN QUE SE VOS PIDE!!

NOME: ……………………………………………………………………
CURSO: ………………...

COMPLETA
A FAMILIA ECOVERDE COIDA O PLANETA
Indo a diario ao traballo …………………………………………………………………………
………………………………………………………………………………………………………...
Mercando …………………………………………………………………………………………
…………………………………………………………………………………………………………
Fabricando ………………………………………………………………………………………..
…………………………………………………………………………………………………………
4º Lendo ……………………………………………………………………………………………..

DI ONDE ATOPACHES A INFORMACIÓN
TÍTULO DO LIBRO:…………………………………………………………………………………
EDITORIAL: ………………………………………………………………………………………….
COLOR DA ETIQUETA:…………………………..
MATERIA:…………………………………………