24 de abr. de 2016

POPI EXPLORADORA EN PRIMEIRO

  E, POR FIN, CHEGOU A QUENDA DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE PRIMEIRO!!!
POPI EXPLORADORA MANDOULLES A INVITACIÓN A CLASE E TAMÉN SE FIXO PÚBLICO NO TABOLEIRO DA BIBLIOTECA!!



PERO CAL É A VOSA MISIÓN??

Onde está,
na biblioteca,
o libro
que máis che gusta?

UNHA VEZ QUE O ATOPEDES, DEBEDES CUBRIR A SEGUINTE INFORMACIÓN E FACER UN DEBUXO

NOME:...................................................... CURSO:..................................

Título: ….....................................................................................................
Autor/a:........................................................................................................
Editorial:...............................................
Localización:.................................................
Color e forma da etiqueta:............................................................................


NON ESQUEZADES BOTARLLE UNHA OLLADA ÁS PISTAS QUE ESTÁN ONDA O RECUNCHO CREATIVO!!


23 de abr. de 2016

O DÍA DO LIBRO NA RADIO FALADORA


E NON PODIAMOS FALTAR NA RADIO UN DÍA TAN ESPECIAL COMA ESTE! ALUMNOS E ALUMNAS DE 4A ENCARGARONSE DO PROGRAMA DE RADIO ESPECIAL DO DÍA DO LIBRO. ADEMAIS DE PREPARA O GUIÒN, TAMÉN SE ENCARGARON DA EMISIÓN, ASÍ QUE ENVIARON A EVA, MARTÍN E CRISTINA COMO LOCUTORES PARA NOS AMENIZAR CUNHA CHEA DE CURIOSIDADES SOBRE ESTE DÍA (CENTENARIO DE SHAKESPEARE E ... ENTRE OUTRAS COUSAS) A VERDADE É QUE FOI BEN INTERESANTE E DIVERTIDO! GRAZAS RAPACES E RAPAZAS!

22 de abr. de 2016

DÍA DO LIBRO 2016

Por mor do  Día do Libro , algúns alumnos e alumnas dende 3º a 6º prepararon a lectura dun conto para os máis cativos. En parellas, os máis maiores traballaron na lectura, dramatización e posta en escena dun conto para ler, o venres 22 de abril, nas clases de infantil, 1º e 2º. Tanto mestres e mestras coma os seus compañeiros e compañeiras axudaron a estas parellas co vestiario, a interpretación... e o resultado foi EXCELENTE!
Moitas grazas a todos e todas dende a Biblioteca!