2 de dec. de 2019

A miña superheroína


Para conmemorar o 25 de novembro, dende a biblioteca levamos a cabo un obradoiro de superheroínas. As nenas e os nenos que voluntariamente participaron nel decoraron a súa, puxéronlle un nome e describiron cal era o seu superpoder.






























Reunímolas todas e fixemos un libro cunha mensaxe moi importante: o empoderamento das nenas e a naturalidade coa que o viven os cativos. Isto tamén é educar 😃


 

22 de nov. de 2019

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O próximo luns 25 de novembro conmemoramos o día Internacional contra a Violencia de Xénero. Dende a biblioteca queremos recomendar varias lecturas relacionadas con esta data.


   

LA CENICIENTA QUE NO QUERÍA COMER PERDICES

Unha cincenta actual que está farta de levar zapatos que lle fan dano.













                            



    ROSA CARAMELO   

Porque a violencia de xénero comeza a frenarse cunha educación non sexista.




 ARTURO E CLEMENTINA 
Un conto escrito no ano 1976, do que 
aínda temos moito que aprender.


 

18 de nov. de 2019

Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas



Durante este mes celebramos o mes da Ciencia en galego nas bibliotecas, xa que grazas a elas, todas as persoas temos a posibilidade de acceder a moitos coñecementos científicos rigorosos e contrastados. Ademais, o galego é cada vez máis unha lingua de transmisión da Ciencia.

A continuación vos deixamos varias ligazóns nas que poderedes atopar diferentes experimentos que se están a levar a cabo para esta conmemoración:








Lembrade que unha sociedade máis informada é máis difícil que sexa manipulada.

1 de nov. de 2019

Samaín na biblio


Un pouco de trick or treat, un pouco de historias de terror na escuridade... Nesta biblioteca sabemos pasalo en grande!

24 de out. de 2019

Samaín

Xa temos a nosa biblioteca ambientada terrorificamente. Visitádenos! Atoparedes moitos libros ideais para esta época do ano. 




14 de out. de 2019

DÍA DAS ESCRITORAS

O día das escritoras é unha conmemoración que se leva a cabo dendo o ano 2016. Promovida pola Biblioteca Nacional de España e FEDEPE, búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos da súa obra. 

A edición deste ano leva o lema "Mulleres, amor e liberdade". Velaquí vos deixamos uns pouquiños fragmentos de autoras galegas para que os disfrutedes.

 

Rosalía de Castro: Cantares gallegos 
“Cando era tempo de inverno,pensaba en donde estarías;cando era tempo de sol,pensaba en donde andarías. ¡Agora... tan soio penso,meu ben, si me olvidarías!”.

Xela Arias: Intempériome 
“[...] é que teño o corazón de auga derretida desbordandovasos e piscinase veñan as aulas zoando coma corsariosdos mares da palabra”.

María Xosé Queizán: Despertar das amantes 
“Suspiramos con Ofeliamorremos con Xulietachoramos con Rosalíaespiramos con Werther”

Helena Villar Janeiro: Amor por catro 
“E volveron mirarse. Agora a tristeza fora substituída pola tenrura e o mutuo agradecemento ásinceridade”

      

30 de set. de 2019

OS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES DO SEÑOR MORRIS LESSMORE


Hoxe animámosvos a ver esta fermosa curta sobre o apaixoante mundo que se esconde dentro de cada libro...


 

OS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES DO SR. MORRIS LESSMORE


E a ti? Hai algunha historia especial que queiras compartir que che sucedese con algún libro?

Agardamos os vosos comentarios 😊

18 de set. de 2019

DECÁLOGO DA NOSA BIBLIOTECA




Xa queda menos para abrir de novo as nosas portas! Pronto descubriredes as grandes novidades que estamos preparando para vós. Para ir abrindo boca, aquí tedes un pequeno adianto: o novo decálogo da nosa biblio.

 

17 de set. de 2019

BENVID@S AO NOVO CURSO

Ola a todas e todos! Benvid@s a un novo curso! 


Estade moi atent@s, porque pronto haberá sorpresas... Vémonos na biblio!

10 de maio de 2019

Recibimos a María Canosa

O pasado martes recibimos a visita da escritora María Canosa. Ela é a autora de "Muriel", o libro elixido para ler e traballar no Club de Lectura este curso.

 Foi unha mañá moi emocionante, na que puidemos conversar con ela, facerlle preguntas e mesmo entrevistala para o noso programa de Radio Faladora.












 

Desde aquí dámoslle as grazas por acompañarnos nesta xornada tan enriquecedora. Grazas María!








8 de mar. de 2019

Día da muller

O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. 


Dende a Biblioteca reivindicamos o día vinculándoo ao 50 aniversario do centro. Fixémolo elaborando debuxos do cole, coa frase "neste centro as mulleres son..."


Día da Muller by Slidely Slideshow

24 de feb. de 2019

Día de Rosalía de Castro

Tal día como hoxe, 24 de febreiro, nacía hai 178 anos Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. 



Como cada ano por estas datas, sucédense numerosas homenaxes para recordar a unha das escritoras e poetas máis importantes da nosa terra.


Dende o cole tamén a recordamos. O programa de Radio Faladora desta semana estivo adicado á vida e obra de Rosalía, facendo un percorrido pola súa traxectoria e recitando varios dos seus poemas. 


Ademais, utilizamos a nosa creatividade para decorar o cole cuns retratos de Rosalía moi orixinais.

Rosalía vista polo CEIP Nosa Señora dos Remedios (Ponteareas) by Slidely Slideshow

1 de feb. de 2019

Día da paz


Para conmemorar o día da Paz, durante uns días as nenas e nenos do cole pasaron pola biblioteca para ser fotografados xunto aos seus mellores amigos. Baixo o lema "convivimos para a paz", empapelamos os corredores con esta fermosa mensaxe en forma de fotos: sabemos ser amigos, podemos facer sentir ben aos demais, sempre hai espazo para unha aperta e todos podemos facer do cole un lugar mellor.





















A Popi encantoulle vervos tan unidos!