Para festexar a chegada da nova mascota da nosa biblioteca, fixemos un taller de marcapáxinas de Xela que tivo moito éxito!
28 de xan. de 2020
22 de xan. de 2020
XELA
SORPRESA!!!
Presentámoste a Xela, a curuxa que gañou o concurso para ser a nova mascota da nosa Biblioteca. Aquí tedes o vídeo de presentación que fixeron as nenas e nenos de 2ºC, a clase da nena creadora de Xela: Iria.
Cada semana, Xela estará cunha clase. Agardamos que disfrutedes moito das sorpresas que levará con ela, e que lle deixedes o voso recordo en forma de carta ou de debuxiño.
18 de xan. de 2020
Novidades
Na nosa biblioteca hai libros creados por uns autores/as moi especiais... o alumnado do cole! Aquí tendes o resultado dunha actividade proposta polo equipo de Biblioteca, na que as nenas e nenos, a partir da letra que lles foi asignada, tiveron que crear un diccionario temático. Xa temos o diccionario do Nadal e o diccionario da Paz. Próximamente teremos o do Entroido. Podedes pasar a velos!
Ademais, tamén poderedes desfrutar de todas estas novidades.
7 de xan. de 2020
Adiviña adiviñanza...
Feliz aninovo a todas!! Xa estamos de volta das vacacións. Que vos parece se comezamos o ano cun pasatempo que sempre vos gusta moito? Aí van unhas cantas adiviñas...
1. Anda e non ten pés; come, e non ten boca, e
toda a comida lle parece pouca.
2. Ten un dente e tira pola xente.
3. No alto vive, no alto está, tecendo arreo sen liño e sen la.
4. Cal é o animal? A ver se o acertas, que leva unha silla e non senta nela.
SOLUCIÓNS:
1. O muíño
2. A campá
3. A araña
4. O cabalo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)