24 de feb. de 2020
12 de feb. de 2020
Día da lectura en voz alta
A asociación Lit World promove desde o ano 2010 a conmemoración anual do Día da Lectura en Voz Alta,
como unha chamada de atención sobre a importancia desta práctica de
lectura no desenvolvemento da linguaxe, o amor pola lectura e o
desenvolvemeto e fortalecemento de hábitos persoais. Porque a
lectura é poderosa... as persoas que len poden comprender mellor a
outras persoas, sentir empatía por elas e ver o mundo desde a súa
perspectiva. Leer en voz alta... crea comunidade. Na súa páxina
recollen propostas para celebrar esta data na escola e nas nosas
bibliotecas xunto a unha guía para ler en voz alta.
Pola nosa parte, deixámosvos un vídeo onde se recollen varios beneficios desta práctica de lectura:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)