Voa con Xela ao mundo dos libros
8 de xuño de 2020
Recomendacións lectoras
Despedimos este curso tan atípico
deixándovos unhas recomendacións
de lecturas para este verán:
Que pasedes unhas fabulosas vacacións e
disfrutedes moito das vosas lecturas.
Vémonos en setembro!
21 de maio de 2020
Nós lemos na casa
The Very Hungry Caterpillar
Eric Carle
20 de maio de 2020
Nós lemos na casa
O grúfalo
Julia Donaldson
19 de maio de 2020
Nós lemos na casa
O Coelliño Branco
(Xosé Ballesteros)
18 de maio de 2020
Nós lemos na casa
Benvid@s unha semana máis
á hora de ler!
Nesta ocasión, en lugar dun vídeo,
deixámosvos o número do mes de maio
da revista O Papagaio.
Feliz lectura!
15 de maio de 2020
Nós lemos na casa - Letras Galegas
E rematamos a semana con
dous pasatempos sobre o Día das Letras Galegas
e Ricardo Carvalho Calero.
Agardamos que vos gusten!
14 de maio de 2020
Nós lemos na casa - Letras Galegas
Continuamos a nosa semana
adicada ás Letras Galegas e
Ricardo Carvalho Calero.
Hoxe temos unha adaptación dunha das
súas obras máis populares:
"
As pitas baixo a choiva
"
E aquí tedes unha felicitación de varias escritoras e escritores da nosa lingua:
13 de maio de 2020
Nós lemos na casa - Letras Galegas
Queredes coñecer un pouco máis
sobre
Ricardo Carvalho Calero
?
Aquí tedes a súa historia
fantasticamente narrada por un grupo
de nenas e nenos
dun cole de Ourense:
12 de maio de 2020
Nós lemos na casa - Letras Galegas
Gustouvos o xogo de onte?
Conseguistes rematalo?
😀
Hoxe contámosvos a orixe do Día das Letras Galegas:
11 de maio de 2020
Nós lemos na casa - Letras Galegas
Esta semana temos unha celebración especial.
Como xa sabedes, o domingo 17 de maio
festexamos o Día das Letras Galegas.
Este ano o autor homenaxeado
é Ricardo Carvalho Calero.
Convidámoste a coñecelo un pouco máis
a través deste
Scape Room
tan divertido:
8 de maio de 2020
Nós lemos na casa
Aquí temos unha vez máis
á profe Rochi,
contándonos outra historia sobre
a súa avoíña Rosa:
7 de maio de 2020
Nós lemos na casa
Hoxe a profe Mari
cóntanos a historia do hipopótamo Owen:
6 de maio de 2020
Nós lemos na casa
É o turno de Iria de 2ºC,
que nos vai contar
"Antón el ratón":
5 de maio de 2020
Nós lemos na casa
Continuando co reto de crear historias
con títulos de libros,
hoxe Lara de 2ºC preséntanos
Buscando a Xela:
4 de maio de 2020
Nós lemos na casa
Hoxe, para comezar a semana,
ademais do conto, deixámosvos un conselliño para subir correctamente as vosas tarefas
en fotografía:
30 de abr. de 2020
Nós lemos na casa
Hoxe é o turno de Iam de 2ºC,
que nos presenta
El reino de la fantasía:
29 de abr. de 2020
Nós lemos na casa
Varios nen@s de 2º de Primaria
continuaron co resto proposto polas mestras
de crear historias cos títulos dos seus libros.
Hoxe temos a historia de Iciar de 2º C,
A misión de Matilda:
28 de abr. de 2020
Nós lemos na casa
Hoxe contamos coa colaboración
dun pequerrecho ben simpático: Nico!
27 de abr. de 2020
Nós lemos na casa
Inauguramos semana con outra
colaboración moi especial:
Belem de Andrade
Moitísimas Grazas 💜
24 de abr. de 2020
Nós lemos na casa
Hoxe, para rematar por todo o alto a semana do libro, temos a historia da alma da biblioteca,
a profe Rochi:
Publicacións máis recentes
Publicacións máis antigas
Inicio
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)