A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de premiarnos por Pitiños: un proxecto do ovo á galiña, que puxemos en marcha o curso pasado entre a biblioteca e as titoras Maite Domínguez e Susana Lamela.
O traballo entre as diferentes aulas e a biblioteca enriquece os proxectos e fomenta o uso da biblioteca, xa non só como un espazo de lectura e de búsqueda de información, senón tamén de realización de diferentes actividades, como a de búsqueda de pistas co robot.
Se queredes volver consultar o proxecto, pinchade no seguinte enlace:






Estamos con Popi na segunda reunión do club de lectura os nenos de 6ºB co seu libro xa lido. Vede que traballos máis bonitos fixeron.
POPI ESTÁ MOI CONTENTA CON ELES.











































