23 de feb. de 2018
22 de xan. de 2018
18 de dec. de 2017
Os pitiños tiveron premio!!!
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de premiarnos por Pitiños: un proxecto do ovo á galiña, que puxemos en marcha o curso pasado entre a biblioteca e as titoras Maite Domínguez e Susana Lamela.
O traballo entre as diferentes aulas e a biblioteca enriquece os proxectos e fomenta o uso da biblioteca, xa non só como un espazo de lectura e de búsqueda de información, senón tamén de realización de diferentes actividades, como a de búsqueda de pistas co robot.
Se queredes volver consultar o proxecto, pinchade no seguinte enlace:
10 de dec. de 2017
Nadal na biblio
Xa chega Papa Noël para desexarnos unhas boas festas en diferentes idiomas. El sabe moitos idiomas xa que viaxa por todo o mundo. Deixounos este precioso mural nun recuncho da nosa biblioteca.
25 de Novembro
Con motivo da celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero dende a biblioteca realizamos a actividade "Como cambia o conto..."Trátase de fomentar a igualdade entre homes e mulleres a través dos contos tradicionais.
20 de nov. de 2017
24 de out. de 2017
POPI COÑECE AOS NOVOS COMELIBROS
HOXE A NOSA MASCOTA DA BIBLIOTECA POPI RECIBE A ESTES NENOS E NENAS DE 6º. SON OS NENOS QUE VAN FORMAR PARTE DO CLUB DE LECTURA DESTE ANO.
PARA COÑECELOS E PRESENTALOS POPI FIXO UNHA PEQUENA REUNIÓN NUN ANAQUIÑO DO RECREO. CONTOULLE DE QUE TRATA O CLUB PERO NON LLE CONTOU AS SORPRESAS QUE VAN TER.
ESTÁN ANSIOSOS POR EMPEZAR!!!!
2 de out. de 2017
29 de set. de 2017
VISITA GUIADA 1º
Xa están chegando a biblio os novos lectores deste curso. Os nenos de primeiro chegan con moitas gañas de lectura.
28 de set. de 2017
27 de set. de 2017
RECIBIMOS UNHA CARTA DE POPI
Hoxe,lemos nas clases a carta da nosa Popi. É unha invitación para ir a biblio.
22 de xuño de 2017
Verán de boas lecturas
Desde o equipo da biblioteca desexamos que pasedes un bo verán e por iso vos recomendamos boas lecturas. Velaquí a guía para pequenos e maiores.
20 de xuño de 2017
As nosas ilustracións
Os membros do club de lectura "Os Comelibros" debuxaron unhas illustracións dos libros que leron. Podedes velas a continuación.
14 de xuño de 2017
Encontro con Gonzalo Moure
Hoxe tivemos o privilexio de desfrutar dun encontro con Gonzalo Moure. Alumnos e mestras quedamos engaioladas coas súas palabras e coa súa persoa.GRAZAS.
Velaquí algunhas fotos do encontro.
Velaquí algunhas fotos do encontro.
31 de maio de 2017
A PITA FALADORA
Velaquí a Pita Faladora, a revista do colexio editada polo Equipo de Normalización Lingüística.
Vaivos encantar.
Vaivos encantar.
30 de maio de 2017
Traballo por proxectos e a biblioteca
Dende hai varios cursos, estamos colaborando coas titoras de Primaria que traballan por proxectos ofrecéndolles bibliografía para levar á aula ou para consultar na propia biblioteca.
Este curso segumios con esta colaboración e paticipamos coas titoras de 1º nos proxectos A semana das mans e As follas do noso patio.
A semana das mans relacionouse co corpo humano, as súas partes, hábitos saudables...
Neste,a partir das follas do noso patio estudamos os tipos de plantas, as súas partes, os nomes vulgares e científicos... Para rematar o proxecto construímos un herbario.
Pero ademais destes proxectos, decidimos dar un paso máis e organizamos un proxecto en conxunto: Pitiños, un proxecto do ovo á galiña.
A colaboración pola nosa parte coas titoras de 1º consistíu en:
- Poñer a disposición das familias os nosos ordenadores e a bibliografía para que puidesen facer o traballo de pescuda.
- Poñer a disposición das titoras a maleta viaxeira chea de libros relacionados co proxecto.
- Axudarlle ao alumnado de 1º nos recreos a atopar libros de literatura relacionados co proxecto.
- Poñer a disposición das titoras o espazo da biblioteca para realizar a actividade de robótica "Na procura do pitiño lector".
Pinchando na seguinte imaxe poderase seguir o proxecto paso a paso.
21 de abr. de 2017
Poemas e cantigas de Ponteareas
Recopilamos todos os poemas populares recollidos, os de poetas locais e os inventados polas alumnas e alumnos neste libro:
30 de mar. de 2017
Día da Poesía
O pasado día 21 os nenos e nenas de Primaria leron para os seus compañeiros de Primaria e Infantil. Velaquí ás fotos.
23 de mar. de 2017
Mes da poesía
Nete cartel vense as actividades en relación á poesía do mes de marzo.
En breve poderedes ver as fotos.

Loading...
23 de feb. de 2017
A carreira máis desatinada do mundo
Estas son as ilustracións que fixeron os rapaces e rapazas do club de lectura, grupo B
23 de xan. de 2017
NOVIDADES XANEIRO
17 de xan. de 2017
NOVIDADES NOVEMBRO-DECEMBRO
20 de dec. de 2016
BO NADAL E BOAS LECTURAS
AQUÍ TEDES AS NOSAS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA ESTE NADAL.
DESFRUTADE MOITO.
BOAS FESTAS!!
29 de nov. de 2016
Non violencia contra as mulleres
Con motivo da celebración do Día da Non Violencia contra as Mulleres cada clase pensou un lema en contra da violencia e a favor da convivencia e a igualdade. Os carteis están nas portas das clases ou nun lugar preferente e coas copias fixemos un pequeno mural para a entrada do colexio. Aquí podédelos ver todos nun pequeno libriño.
21 de nov. de 2016
Os máis lectores
Algunhas rapazas e rapaces comezaron con moita gana de ler este curso. Noraboa principalmente a Maitane e Alejandra de 5º A. Seguide así.Aquí tedes aos máis lectores e lectoras do mes de outubro.
ALEJANDRA ARAÚJO BOENTE 5º A
MAITANE MORALES LÓPEZ 5º A
CASANDRA ALBÁN ÁLVAREZ 2º A
SARAY BARROS ZÚÑIGA 2º A
SAMUEL CORUJEIRA LIMA 2º A
MARIO BUGARÍN GONZÁLEZ 2º A
AINHOA CARBALLO NÚÑEZ 6º B
RODRIGO DOVAL SUÁREZ 2º A
LAURA FREITAS TÁBOAS 5º A
SARA CARRERA ALONSO 2º A
HUGO PINO MARTÍNEZ 3º B
POL ARJONES GIL 1º A
ATENEA CHÁVEZ RODRÍGUEZ 2º A
ANTÍA CORUJEIRA MARTÍNEZ 2º A
IRENE GIL BARBOSA 5º A
MARTÍN VEIGA CARRERA 3º B
NOELIA A. VENDITTI MASCIARELLI 5º B
EVA CICIRELLO GONZÁLEZ 5º A
SABELA RIVAS SAMPEDRO 3º B
XIANA FERNÁNDEZ MANÉNDEZ 3º A
RODRIGO ÁLVAREZ NOGUEIRA 2º A
NAIARA ALONSO FERNÁNDEZ 3º A
15 de nov. de 2016
Reunións do club de lectura
A semana pasada os membros do club "Os Comelibros" reuníronse para comentar os libros que leran: O grupo A, "Quién cuenta las estrellas" e o grupo B "Unha xanela para Cecilia". Aquí podedes ver algunhas portadas que fixeron e algunhas fotos.
11 de nov. de 2016
Lendas de Ponteareas e outras historias do Samaín
Lendas de Ponteareas e outras historias que teñen que ver co Samaín recollidas ou inventadas polos nenos e nenas deste centro.
Aquí tedes o libro.
Aquí tedes o libro.
11 de out. de 2016
Benvida
Benvidas rapazas e rapaces a un novo curso!
Convidamos a tod@s a visitar a biblioteca.
Lembramos aos maiores que poden buscar desde a Internet para saber o que hai na biblio e onde está colocado. Neste blog pinchade na marxe dereita e veredes.
Convidamos a tod@s a visitar a biblioteca.
Lembramos aos maiores que poden buscar desde a Internet para saber o que hai na biblio e onde está colocado. Neste blog pinchade na marxe dereita e veredes.
30 de xuño de 2016
14 de xuño de 2016
FESTA DOS AXUDANTES
QUE FARÍA A BIBLIOTECA SEN AXUDANTES?
PREFERIMOS NON PENSALO! PORQUE O SEU TRABALLO É IMPRESCINDIBLE PARA QUE TODO FUNCIONE!
DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA QUIXEMOS AGRADECERLLE A TODOS OS AXUDANTES A SÚA COLABORACIÓN E IMPLICACIÓN NA BIBLIOTECA CUNHA PEQUENA FESTA E ALGÚN QUE OUTRO AGASALLIÑO!
MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS!!
3 de xuño de 2016
POPI EXPLORADORA E OS CONTOS CLÁSICOS
Lembrades cal era o obxectivo do xogo de investigación dos rapaces e rapazas de cuarto? Pois aquí tedes expostos no RECUNCHO CREATIVO algunhas ilustracións de contos clásicos feitos polos exploradores e exploradoras! Tras atopar os contos na biblioteca e cubrir a información que se lles pedía no nivel básico, algún alumnos atrevéronse co nivel superior e deixaronnos traballos coma estes!
31 de maio de 2016
VISITA DE LEDICIA COSTAS
O PASADO 26 DE MAIO TIVEMOS A GRAN SORTE DE CONTAR COA PRESENCIA DE LEDICIA COSTAS NA NOSA BIBLIOTECA! OS NOSOS COMELIBROS ESTABAN ENCANTADOS, XA QUE DESPOIS DE LEREN "ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA" ADOECÍAN POR COÑECELA.
AÍNDA QUE NON SÓ OS NOSOS COMELIBROS TIVERON A OPORTUNIDADE DE COÑECELA MELLOR, XA QUE ESTIVEMOS ACOMPAÑADOS POR MESTRAS, ALUMNOS E ALUMNAS DO CEIP SANTIAGO DE OLIVEIRA.
ANTES DE QUE LEDICIA CHEGASE AO COLE, REUNIMONOS TODOS NA BIBLIO, PARA ESTAR PREPARADOS PARA CANDO CHEGASE. FIXÉMOSLLE UNHA PEQUENA PRESENTACIÓN E DE SEGUIDO NOS FALOU SOBRE O LIBRO QUE LEMOS NO CLUBE DE LECTURA E SOBRE OUTRAS DAS SÙAS OBRAS. CONTOUNOS UNHA MOREA DE COUSAS SOBRE ELA E OS SEUS LIBROS E CONTESTOU A TODAS AS PREGUNTAS QUE LLE FIXEMOS.
ANTES DE FIRMARNOS OS LIBROS, DEMOSLLE UNS AGASALLIÑOS, ENTRE ELES UNS LIBROS FEITOS POR NÓS CON DEBUXOS E INFORMACIÓN SOBRE "ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA"
ACEPTOU ENCANTADA A NOSA INVITACIÓN Á RADIO FALADORA, ONDE GRAVAMOS UNHA ENTREVISTA MOOOOI INTERESANTE! ASÍ, TODOS OS RAPACES E RAPAZAS DO COLEXIO POIDERON SABER UN CHISQUIÑO MÁIS SOBRE ELA.
TAMÉN TIVEMOS SESIÓN DE FOTOS EN GRUPO!
LEDICIA, FOI UN PRACER TERTE DE ESCRITORA CONVIDADA NO COLE!
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN PEQUENIÑO RESUMO DE COMO FOI A NOSA MAÑÁ COA VISITA DESTA GRAN ESCRITORA GALEGA.
VISITA LEDICIA COSTAS - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
25 de maio de 2016
Libro de Manuel María
Con motivo das Letras Galegas os alumnos e alumnas de diferentes cursos ilustraron poemas de Manuel María. dunha selección fixemos este libriño.
24 de maio de 2016
A Pita Faladora
Todo o persoal do colexio temos xa nas nosas mans o número 37 da Pita Faladora, editada polo Equipo Dinamizador da Lingua Galega.
Velaquí está. Agardamos que vos guste.
Velaquí está. Agardamos que vos guste.
22 de maio de 2016
CONCURSO DE POPI EN 4º
E para rematar os concursos deste curso,Popi enviou unha invitación aos alumnos e alumnas de cuarto!QUE EMOCIÓN! Desta a investigación estaba relacionada con contos clásicos que podemos atopar na biblioteca!Non esquezades ler as pistas e fixarvos ben no que tedes que atopar!!SORTE A TODOS!!
8 de maio de 2016
OS GAÑADORES DE 1º
E, XA TEMOS GAÑADORES DO CONCURSO DE POPI EXPLORADORA EN PRIMEIRO!!
AÍNDA QUE QUEREMOS AGRADECER A TODOS/AS OS/AS QUE PARTICIPASTES NESTE XOGO DE POPI EXPLORADORA. FIXÉSTELO PERO QUE MOI BEN!!NORABOA!!!
3 de maio de 2016
REUNIÓN DOS COMELIBROS
NESTA PRIMEIRA SEMANA DE MAIO OS NOSOS COMELIBROS REUNÍRONSE PARA COMENTAR UN LIBRO BEN INTERESANTE DE LEDICIA CASAS, TITULADO "ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA" A VERDADE É QUE OS RAPACES E RAPAZAS FIXERON GRANDES TRABALLOS SOBRE A LECTURA E ESTÁN DESEXANDO COÑECER Á AUTORA QUE NOS VISITARÁ NO MES DE MAIO! QUE SORTE TEMOS DE QUE POIDA VIR VISITARNOS! TERÉMOSVOS INFORMADOS NO BLOG SOBRE A VISITA DA AUTORA!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






















Estamos con Popi na segunda reunión do club de lectura os nenos de 6ºB co seu libro xa lido. Vede que traballos máis bonitos fixeron.
POPI ESTÁ MOI CONTENTA CON ELES.





























