DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA QUEREMOS DESEXARVOS UN BO NADAL, FELICES FESTOS E FELIZ ANINOVO!!!
DEIXÁMOSVOS AQUÍ UNHAS ACTIVIDADES PARA QUE PASEDES O TEMPO DURANTE AS VACACIÓNS!
23 de dec. de 2013
A CARREIRA MÁIS DESATINADA DO MUNDO
Pinky preparoume outra das súas! Inscribiume a traizón na Carreira Máis Desatinada do Mundo sobre patíns con foguetes... foi unha fin de semana de pesadelo! Ao final, xúrovolo polos bigotes de meu avó, non vía a hora de volver á oficina!OS MEMBROS DO GRUPO B DO CLUBE DE LECTURA "OS COMELIBROS" PODEDES DEIXAR AQUÍ AS VOSAS OPINIÓNS SOBRE O LIBRO
O CARTEIRO DE BAGDAD
Esta novela cóntanos a historia dun rapaz, chamado Abdulwahid de 11 anos e a súa familia, que viven nun barrio humilde da capital de Bagdad. O pai do cativo, Ibrahim, é o carteiro da cidade. A xente vive esculcando o ceo, as escolas pecharon e os cativos xa non xogan na rúa. Ibrahim reparte o correo na súa motocicleta. Leva no peto unha misteriosa carta que está decidido a entregar custe o que custe.
PARA OS QUE XA LERON A HISTORIA (GRUPO A) AQUÍ VOS DEIXAMOS NO BLOG UNHA SERIE DE ACTIVIDADES SOBRE O LIBRO. SO TEDES QUE PINCHAR NA IMAXE DO LIBRO QUE VOS APARECE Á DEREITA E QUE LEVA POR TÍTULO, O CARTEIRO DE BAGDAD!
22 de dec. de 2013
SEGUNDA REUNIÓN DOS COMELIBROS
O pasado xoves 18, tivemos a segunda reunión do CLUBE DE LECTURA: OS COMELIBROS
O grupo A, interccambiou impresións sobre o libro "O carteiro de Bagdad" de Marcos Calveiro.
No grupo B, comentaron a lectura de Gerónimo Stilton "A carreira máis desatinada do mundo"
Aquí podedes ver algunhas imaxes de ambas as dúas reunións
2ªREUNIÓN OS COMELIBROS - diapositivas
Podedes deixar comentarios sobre calquera das lecturas. Que parte da historia vos gustou máis? Cal é a vosa personaxe favorita? Que relación ten a historia co mundo actual?, etc.
O grupo A, interccambiou impresións sobre o libro "O carteiro de Bagdad" de Marcos Calveiro.
No grupo B, comentaron a lectura de Gerónimo Stilton "A carreira máis desatinada do mundo"
Aquí podedes ver algunhas imaxes de ambas as dúas reunións
2ªREUNIÓN OS COMELIBROS - diapositivas
Podedes deixar comentarios sobre calquera das lecturas. Que parte da historia vos gustou máis? Cal é a vosa personaxe favorita? Que relación ten a historia co mundo actual?, etc.
16 de dec. de 2013
PREMIOS PARA OS ACERTANTES DO RECUNCHO DE POPI
Hoxe luns, fixemos a entrega de premios aos acertantes do segundo xogo do RECUNCHO DE POPI!
NORABOA A TODOS!!
15 de dec. de 2013
LIBROS INTERESANTES PARA O NADAL
Dende o colexio queremos desexarvos un BO NADAL a todos e todas e recomendarvos unha serie de lecturas para estas vacacións. Aquí vos deixamos unha lista de lecturas para cada ciclo tanto para os pais e nais coma para os nenos e nenas!
13 de dec. de 2013
REUNIÓN CLUBE DE LECTURA
LEMBRAMOSVOS QUE O VINDEIRO MARTES 17 TEREMOS A NOSA ÚLTIMA REUNIÓN DO TRIMENTRE DO CLUBE DE LECTURA.
NO GRUPO A COMENTAREMOS A LECTURA SOBRE "O CARTEIRO DE BAGDAD".
O GRUPO B POÑERÁN EN COMÚN AS SÚAS IDEAS SOBRE " A CARREIRA MÁIS DESATINADA DO MUNDO"
NON ESQUEZADES TRAER O MATERIAL PARA A REUNIÓN.
NON ESQUEZADES TRAER O MATERIAL PARA A REUNIÓN.
ACERTANTES DOS XOGOS DE BIBLIOTECA
Comezamos co RECUNCHO DE POPI. Aínda que houbo moitos participantes, sinto decirvos que ninguén foi quen de escribir correctamente as articulacións do corpo. Outra vez será rapaces! Preparádevos para o seguinte xogo. A ver se hai máis sorte!
En canto ao XOGO DO SABICHONDO, aquí vos deixamos a lista dos acertantes. NORABOA RAPACES! Entregaranse os premios O LUNS 16 na hora do recreo na aula de AUDIOVISUAIS.
28 de nov. de 2013
OS COMELIBROS
Hoxe imos falar un pouquiño máis do clube de lectura, OS COMELIBROS.
Este curso contamos con dous grupos.
A primeira reunión do curso foi o día 15 de OUTUBRO. Este día os nosos comelibros recibiron instruccións básicas sobre o noso clube de lectura!
O día 12 de NOVEMBRO, tivemos a segunda reunión.
O grupo A está a ler "O CARTEIRO DE BAGDAD" de Marcos Calveiro.
O grupo B, tras ler a "XOELIKI" de Abraham Carreiro, está a experimentar a lectura nun libro electrónico ca historia "A CARREIRA MÁIS DESATINADA DO MUNDO" de Gerónimo Stilton.
Aquí vos deixamos algunhas fotos das nosas reunións.
Aquí vos deixamos algunhas fotos das nosas reunións.
NOVO CONCURSO
Atentos rapaces e rapazas. É ben sinxelo. As imaxes correspóndese coas partes do corpo. Debedes escribir as articulacións que aparecen sinaladas.
Lembrade escribilas en galego e sen erros!
26 de nov. de 2013
CALENDARIO DE REUNIÓNS DO CLUBE DE LECTURA
Para lembrarvos a todos cando temos reunión neste PRIMEIRO TRIMESTRE, deixamos un calendario cos días, marcados, das nosas reunións do clube "Os comelibros"
24 de nov. de 2013
VOLTAMOS CON POPI
Esta semana comezou o segundo Concurso Do RECUNCHO DE POPI! Esta vez poñerá a proba coñecementos culturais dun país de fala inglesa!
LEMBRADE: Non esquezades escribir a fonte onde atopastes a información.
E aquí tedes as tres preguntas que debedes respostar:
1. EN QUE PAIS SE ATOPA O "LONDON EYE"?2. EN QUE ANO SE CONSTRUIU?
3. QUEN FOI O ARQUITECTO ENCARGADO DO SEU DESEÑO?
13 de nov. de 2013
11 de nov. de 2013
CONTOS DE MEDO 2013
Agora xa podedes ler os contos de medos gañadores tamén aquí no blog! Nuns días tamén poderedes facelo en papel. Haberá un libro na biblioteca con todos os contos que creastes!
GAÑADORES DOS CONTOS DE MEDO
Velaquí tedes a lista dos gañadores dos contos de medo. Tamén están publicados nos taboleiros dos recunchos da Biblioteca!
NORABOA A TODOS E A TODAS! A verdade é que escribistes unhas historias incribles e terroríficas!
Moi pronto poderes ler as vosas historias gañadoras aquí no blog de biblioteca
GAÑADORES DOS PRIMEIROS XOGOS DA BIBLIOTECA
Hoxe luns, todos os gañadores e gañadoras recibirán un premio durante a hora do recreo na biblioteca!
NORABOA A TODOS!
NORABOA A TODOS!
7 de nov. de 2013
CONTOS DE MEDO- SAMAÍN 2013
Por mor do día do Samaín, rapaces e rapazas do noso colexio crearon as súas propias historias de terror!
Moitas delas foron lidas polas aulas ao resto do alumnado. Tamén foron onde os máis pequenos para interpretar as súas historias!
Velaquí tedes algunhas fotos que fixemos durante as lecturas dos contos!
En breve, publicaremos neste blog o nome dos gañadores deses contos!
8 de out. de 2013
O XOGO DO SABICHONDO
Este primeiro xogo está relacionado con cousas da biblioteca, é dicir, rincóns e diversos materiais que podedes atopar na nosa biblioteca.
A cada imaxe correspondelle un número, así que fixádevos ben!
7 de out. de 2013
O CLUBE DE LECTURA "OS COMELIBROS"
Atentos rapaces e rapazas porque esta semana temos a nosa primeira reunión do curso do CLUBE DE LECTURA "OS COMELIBROS"
Como xa poidestes ler no taboleiro da biblioteca a reunión terá lugar o martes DÍA 8, na hora do recreo.
Contamos convosco!
4 de out. de 2013
O RECUNCHO DE POPI
Velaquí as primeiras preguntas do Recuncho de Popi. Botádelles un ollo, a ver se sabedes as respostas! Se non, xa sabedes rapaces e rapazas, correndo cara á biblioteca para atopar a información!
COMEZAN OS CONCURSOS DA BIBLIOTECA
Co mes de outubro chegan os xogos organizados pola biblioteca: "O XOGO DO SABICHONDO" e "O RECUNCHO DE POPI" Con este motivo, tanto O Sabichondo coma Popi fixéronvos chegar unhas cartas anunciando o seu comezo e animándovos a PARTICIPAR!
Lémbrarvos que:
O "Xogo do Sabichondo" é un concurso para os de 1º, 2º e 3º no que teñen que escribir o nome das imaxes que aparecen no taboleiro. As respostas teñen que estar perfectamente escritas en galego.
O "Recuncho de Popi" é un xogo destinado ao alumnado de 4º, 5º e 6º. Para serdes gañadores e gañadoras deberedes contestar ás preguntas de Popi pero sen esquecervos de escribir a fonte de onde atopastes a información.
BENVIDOS!
Dende a biblioteca do cole dámosvos a benvida a todos e a todas un curso máis! Un curso que vén cheo de novidades e sorpresas. Así que estade ben atentos a todo o que ocorra no cole e en especial a todo o que se conte neste blog.
Como sabedes, dende comezos desta semana, xa podedes vir á biblioteca polas tardes, agás os martes. O horario é o mesmo que o de outros anos, de 4 a 6 da tarde.
Ademáis de polas tardes, xa sabedes que podedes vir todos os recreos a ler un chisco ou a coller algún libro para ler na casa!
28 de xuño de 2013
Lecturas refrescantes
17 de xuño de 2013
Grazas, axudantes
Hoxe celebramos unha pequena festa cos axudantes da biblioteca. Queriamos agradecerlles o labor tan valioso que fixeron durante todo o curso asistindo unha vez por semana para axudar durante o tempo de recreo na biblioteca. Ao final entregámoslles un pequeno agasallo.
Algúns destes alumnos e alumnas xa se van para o instituto o vindeiro curso. Outros seguirán axudando o ano que vén.
Moita sorte a tod@s! Vós merecedes o mellor.
Algúns destes alumnos e alumnas xa se van para o instituto o vindeiro curso. Outros seguirán axudando o ano que vén.
Moita sorte a tod@s! Vós merecedes o mellor.
10 de xuño de 2013
Premios Sabichondo
Hoxe entregamos os últimos premios do Xogo do Sabichondo por este curso.
Os acertantes foron
Daniela de 1º B
María, Laura e José Enrique de 2º A
Sheila de 3º A
Noraboa a todos!
Os acertantes foron
Daniela de 1º B
María, Laura e José Enrique de 2º A
Sheila de 3º A
Noraboa a todos!
Encontro con An Alfaya
O pasado 6 de xuño as alumnas/os es profesoras do club de lectura “Os Comelibros” tivemos ocasión de desfrutar dun encontro coa escritora An Alfaya, autora do libro Unha xanela para Cecilia, que eliximos para ler este ano. An ofreceunos unha amena charla onde repasou a súa traxectoria e lembrou para nós as súas primeiras experiencias como escritora sendo aínda unha nena, e como a escrita lle serviu durante moito tempo para canalizar a todas aquelas cousas que a súa timidez lle impedía expresar directamente.
Os alumnos e alumnas entregáronlle algúns debuxos inspirados na súa obra e ela escribiulles dedicatorias nas copias dos mesmos. Tamén adicou un exemplar do seu libro para a biblioteca do colexio.
Grazas, An, pola túa simpatía e amabibilidade.
Os alumnos e alumnas entregáronlle algúns debuxos inspirados na súa obra e ela escribiulles dedicatorias nas copias dos mesmos. Tamén adicou un exemplar do seu libro para a biblioteca do colexio.
Grazas, An, pola túa simpatía e amabibilidade.
23 de maio de 2013
Roberto Vidal Bolaño en cómic
Desde a biblioteca escolar propuxemos a todo o colexio a elaboración de cómics sobre a vida e a obra de Roberto Vidal Bolaño.
Algúns deles foron elaborados colaborando diferentes cursos, outros elaboráronse en grupos dentro da mesma clase e mesmo houbo quen se atreveu a elaboralos de xeito individual. De momento están expostos nas paredes do colexio. Pasada unha semana serán encadernados e quedarán na biblioteca no noso recanto "Fixémolo nós".
Aí van algunhas fotos cos resultados.
Algúns deles foron elaborados colaborando diferentes cursos, outros elaboráronse en grupos dentro da mesma clase e mesmo houbo quen se atreveu a elaboralos de xeito individual. De momento están expostos nas paredes do colexio. Pasada unha semana serán encadernados e quedarán na biblioteca no noso recanto "Fixémolo nós".
Aí van algunhas fotos cos resultados.
15 de maio de 2013
"Contos de burros"
23 de abr. de 2013
Día do libro
Con motivo do día do libro queremos facer visibles as lecturas preferidas dos nosos alumnos. Para iso preguntamos polas clases e o resultado é unha exposición que poderemos desfrutar por dúas semanas nas escaleiras do colexio, así como no edificio de E. Infantil. A exposición está dividida en seccións, estando en cada escaleira os libros favoritos dos alumnos que baixan por ela. Estamos agradeblemente sorprendidos polas moitas e variadas lecturas que as nosas alumnas e alumnos escolleron.
Novo tema para o Xogo do Sabichondo: "Podemos ler..."
Debido a que neste mes se celebra o día do libro propoñemos nesta ocasión como tema para o Xogo do Sabichondo o seguinte título: "Podemos ler..." .
Os nenos e as nenas deberán relacionar as imaxes que aparecen no panel cos seus nomes.
Os nenos e as nenas deberán relacionar as imaxes que aparecen no panel cos seus nomes.
3 de abr. de 2013
o carteiro de Bagdad
Ola! vouvos escribir un resumo do libro "O carteiro de Bagdad" que fixo un comelibros do grupo A.
" Este libro narra a historia da guerra que se vive en Bagdad, pero tamén da morte, do sofremento que provoca a guerra. Pero tamén fala dun neno chamado Abdulwahid. Que recibe este nome en homenaxeao gañador da medalla de bronce dos Xogos Olímpicos de Roma. Este atleta competía na categoría de levantamento de pesas.
O pai de Abdulwahid é carteiro e reparte o correo na súa motocicleta, o seu nome é Ibrahim. Ibrahim posee unha carta misteriosa, á que non lle atopa destinatario. Nun intento de entregar unha carta, Ibrahim sofre un atropello.
Mentres Ibrahikm está convalecente,Abdulwahid xúralle polo Profeta a seu pai que entregará a carta ao seu destinatario. antes de partir, Abdulwahid vai en busca do seu amigo Ahmed, que yten familia perto da dirección do destinatario, para que o acompañe na entrega.
Despois de pasar por moitas anécdotas do viaxe conseguen entregar a carta. á volta da viaxe o pensamento dos nenos cambia moito; xa non son nemnos inocentes que xogan na almuíña, senón que senten que creceron.
Á volta a casa Abdulwahid teme pola vida de seu pai, pero despois de ver unha carpa dourada no río, consegue velo na súa motocicleta..."
moitas grazas pola túa aportación Francisco.
" Este libro narra a historia da guerra que se vive en Bagdad, pero tamén da morte, do sofremento que provoca a guerra. Pero tamén fala dun neno chamado Abdulwahid. Que recibe este nome en homenaxeao gañador da medalla de bronce dos Xogos Olímpicos de Roma. Este atleta competía na categoría de levantamento de pesas.
O pai de Abdulwahid é carteiro e reparte o correo na súa motocicleta, o seu nome é Ibrahim. Ibrahim posee unha carta misteriosa, á que non lle atopa destinatario. Nun intento de entregar unha carta, Ibrahim sofre un atropello.
Mentres Ibrahikm está convalecente,Abdulwahid xúralle polo Profeta a seu pai que entregará a carta ao seu destinatario. antes de partir, Abdulwahid vai en busca do seu amigo Ahmed, que yten familia perto da dirección do destinatario, para que o acompañe na entrega.
Despois de pasar por moitas anécdotas do viaxe conseguen entregar a carta. á volta da viaxe o pensamento dos nenos cambia moito; xa non son nemnos inocentes que xogan na almuíña, senón que senten que creceron.
Á volta a casa Abdulwahid teme pola vida de seu pai, pero despois de ver unha carpa dourada no río, consegue velo na súa motocicleta..."
moitas grazas pola túa aportación Francisco.
28 de feb. de 2013
Top febreiro
Libros máis emprestados no mes de febreiro foron:
- Animales de la granja
- El libro de la selva
- CEDRIC 1 Primeras clases
- O gran soño
- A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza
- Ibai Reportero
- Mulán
- ¡Me aburro!
- O traxe de luces
- 101 Dálmatas
- CEDRIC 5- ¿Qué mosca le ha picado?
- CEDRIC 3- Clases de esquí
- El pan y la pasta
- La fiesta
- Unha eiruga moi larpeira
- Néstor jardinero
- Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis
- CEDRIC 6- Frío y caliente
- El Rey León
- CEDRIC 2- Clases de alto riesgo
Os máis emprestados
No mes de xaneiro os libros máis emprestados na nosa biblioteca foron:
A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na
cabeza.
Os bolechas queren saber... como é un castro
El libro de la selva
Cedric 5. ¿Qué mosca le ha picado?
Néstor decora su casa
Cedric 1. Primeras clases
Unha eiruga moi larpeira
Os bolechas. A montaña
La Bella Durmiente
El Rey León
Junie B. Jones 9: Va de boda
Mulán
Adivina que oigo
Bambi
Dinosaurio
Astérix y lo nunca visto
O león Kandinga
El cerdito
La mantequilla y el yogur
23 de feb. de 2013
Recuncho de Popi: Novo tema
Esta semana propoñemos un novo tema para investigar ralacionado coa celebración o día 8 de marzo do Día Internacional da Muller Traballadora.
No panel correspondente aparecen as preguntas. Recordade que debedes facer referencia sempre á fonte documtal da que sacades a información.
Animádevos a participar!!
Coplas do Entroido
Alumnos de de diferentes cursos cantaron para nós coplas de Entroido, algunhas inventadas por eles mesmos.
Foron gravadas e están sendo emitidas no programa da Radio Xornal Faladora.
Tamén poderedes velas na web do colexio: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnosasenoraremedios/
Recollerémolas nun libro que estara na biblioteca a disposición de todas e todos.
Foron gravadas e están sendo emitidas no programa da Radio Xornal Faladora.
Tamén poderedes velas na web do colexio: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnosasenoraremedios/
Recollerémolas nun libro que estara na biblioteca a disposición de todas e todos.
MALETA VIAXEIRA
O pasado mes de decembro decidimos enviar unha maleta viaxeira ao 3º Ciclo de E. Primaria para que os nosos alumnos coñezan as novidades que hai na biblioteca e se animen a desfrutar delas.
Cada semana permanece nunha aula diferente e cambiamos os títulos cada vez que cambia de curso.
Xa imos pola 3ª maleta e parece que tén moito éxito.
DÍA DE ROSALÍA
O noso colexio tamén participou na LECTURA COLECTIVA DE CANTARES GALLEGOS que a AELG convocou para todos os centros escolares galegos con motivo da celebracion do Día de Rosalía, o vindeiro 24 de febreiro.
Alumnas e alumnos de 6º de E. Primaria recitaron o poema "Díxome nantronte o cura".
FELICIDADES, RAPAZAS E RAPACES!!
Alumnas e alumnos de 6º de E. Primaria recitaron o poema "Díxome nantronte o cura".
FELICIDADES, RAPAZAS E RAPACES!!
NOVAS LECTURAS
Seguimos lendo nos dous grupos do noso clube de lectura. As seguintes lecturas son:
GRUPO A: "O Carteiro de Bagdad"
GRUPO B: "Chamádeme Simbad"
Ámbolos dous tratan temas que teñen unha certa fondura e seriedade. Sabemos que os nosos alumnos xa teñen idade para pensar neles.
Agardamos que vos gusten.
GRUPO A: "O Carteiro de Bagdad"
GRUPO B: "Chamádeme Simbad"
Ámbolos dous tratan temas que teñen unha certa fondura e seriedade. Sabemos que os nosos alumnos xa teñen idade para pensar neles.
Agardamos que vos gusten.
Lecturas xaneiro-febreiro
>Pasaron xa dous meses sin que compartiramos con vós as experiencias sobre as nosas lecturas desde finais de decembro ata a semana pasada, que foron moi interesantes.
No grupo A lemos dous libros:
"Cómo complacer a todo el mundo sin dejar de hacer ... lo que uno quiere": Foi unnha lectura moi divertida para todos, especialmente como o protasgonista se apañaba para sacar ao seu pai de tódolos líos nos que se metía.
"O Misterio das Badaladas": Este libro gustounos moito porque nos movía a participar na resolución do misterio tratando de resolver as pistas que ían aparecendo.
A maioría dos membros do grupo recomendaría estes libros para ler e pasalo ben.
No grupo B lemos
"La Niña de Plata": Este libro non lle gustou a todo o mundo porque era moi triste por veces.
"O Misterio das Badaladas": O reloxio da torre dá 13 badaladas e un grupo de rapaces decídese a resolver o misterio. Foi un libro que resultou moi atraente para todos os lectores deste grupo, xa que intentamos nós tamén resolver o misterio.
No grupo B houbo unha alta participación á hora de comentar este último libro.
Por outra banda, cada día o pasamos mellor grazas ás doces merendolas coas que nos agasallan algunhas alumnas. Desta vez houbo abundancia, variedade e... estaba todo para chupa-los dedos. Se seguimos así imos engordar.
No grupo A lemos dous libros:
"Cómo complacer a todo el mundo sin dejar de hacer ... lo que uno quiere": Foi unnha lectura moi divertida para todos, especialmente como o protasgonista se apañaba para sacar ao seu pai de tódolos líos nos que se metía.
"O Misterio das Badaladas": Este libro gustounos moito porque nos movía a participar na resolución do misterio tratando de resolver as pistas que ían aparecendo.
A maioría dos membros do grupo recomendaría estes libros para ler e pasalo ben.
No grupo B lemos
"La Niña de Plata": Este libro non lle gustou a todo o mundo porque era moi triste por veces.
"O Misterio das Badaladas": O reloxio da torre dá 13 badaladas e un grupo de rapaces decídese a resolver o misterio. Foi un libro que resultou moi atraente para todos os lectores deste grupo, xa que intentamos nós tamén resolver o misterio.
No grupo B houbo unha alta participación á hora de comentar este último libro.
Por outra banda, cada día o pasamos mellor grazas ás doces merendolas coas que nos agasallan algunhas alumnas. Desta vez houbo abundancia, variedade e... estaba todo para chupa-los dedos. Se seguimos así imos engordar.
Sabichondo: acertantes e novo tema
>O pasado día 15 entregamos os premios aos acertantes da última edición do Xogo do Sabichondo.
Había que atopar os nove valores positivos que para construir a PAZ:1. PACIENCIA
2. AMOR
3. AXUDA
4. ESCOITAR
5. COMARTTIR
6. AMISTADE
7. ALEGRÍA
8. DIÁLOGO
9. SOLIDARIEDADE.
Resultou un pouco difícil, sobre todo a última palabra.
>Os acertantes foron;
MARÍA , de 2º A, que xa ten a chapa laranxa por levar tres acertos, eAARÓN, de 2º C, con chapa amarela.
Queremos felicitarvos pola alta participación e, dunha maneira especial, aos acertantes. Seguide así.
>Nesta semana xa apareceu un novo tema para o Xogo do Sabichondo.
Desta vez tedes que acertar os oficios e profesións que teñen as mulleres do panel.
Animádevos a seguir participando, que o estades facendo moi ben.
21 de dec. de 2012
Os máis emprestados
Esta é a lista dos libros mías emprestados desde principio do curso na nosa biblioteca. Como podedes ver, hai algúns que ocupan sempre os primeiros postos, con lixeiras diferencias. En calquera caso, estamos felices de que tantos rapaces fagades uso da biblioteca para levar libros. Hai moito e bo para escoller.
Novembro
- Mi gran libro de la hora
- Bambi
- Cans de Ribeira
- Os bolechas. O Río
- Os bolechas. A Carballeira
- Mulán
- Osito y sus amigos
- Os bolechas queren saber... como é un castro
- Os bolechas. A montaña
- Personajes de cuentos
- Twennies, no tengo miedo
- Tartaruga
- Cuentos de princesas
- Blancanieves y los siete enanitos
- O ladrón de paxaros
- Busca los dinosaurios
- Merlín el encantador
- O patadón
- Pocahontas
Decembro
- Os bolechas. O Río
- Mulán
- Os bolechas. A montaña
- Bambi
- Os bolechas queren saber... como é un castro
- Os bolechas. A Carballeira
- Blancanieves y los siete enanitos
- Adivina que oigo
- Busca los dinosaurios
- La bella durmiente
- Bloblo
- Os bolechas queren saber.. como é un acuario
- Osito y sus amigos
- Cuentos de princesas
- Cans de Ribeira
- Personajes de cuentos
- O traxe de luces
- Os bolechas. A lagoa.
- Merlín el encantador
- Mi gran libro de la hora
- La nueva casa
- Aladdin
- Os tres bandidos
- La zorra y la cigüeña
- Astérix y lo nunca visto
O buzón das recomendacións
Hai cousa dun mes puxemos un buzón onde os alumnos podían recomendar libros que lles gustasen, indicando a idade, o título do libro e o autor . Gracias por participar, especialmente aos nenos e nenas de 7 anos. Animádevos a compartir con todos as vosas preferencias.
Aí vai a lista dos libros que gustaron moito:
6 ANOS:
Zazún y la jirafa
A casa da bruxa
7 ANOS:
Mi primer atlas
O xigante barrigudo
Alicia en el país de las maravillas
Cuentos de Andersen
Caperucita Roja
Los porqués de los animales
Garbancito
El patito feo
La liebre y la tortuga
Curiosidades de los animales
Trio Beta. El guardián del faro
Los animales miedosos
Os bolechas
La batalla de los luchadores Bakugan
Barbie escola de princesas. La Historia
8 ANOS:
Peter Pan
Los Tres Cerditos
9 ANOS:
Biblioteca Escolar
10 ANOS:
Xoeliki
Como complacer a todo el mundo sin dejar de hacer... lo que uno quiere
11 ANOS:
Fiz e os biosbardos
Novas reunións do noso clube de lectura
O martes e mércores pasado reuníronse os grupos A e B do clube de lectura Os comelibros.
No grupo A intercambiamos impresións sobre o libro "La niña de plata". Recordamos que a autora, a quen recibimos hai dous cursos, nos dixera que o libro foi inspirado na visión dunha nena estraña que se cruzara unha vez na súa vida.
Tomás amosou a súa preferencia por Rogata e Zaira ofreceunos un resumo do libro. Diversos alumnos expresaron a súa pena por algúns acontecementos terribles que conta o libro.
En xeral o libro gustou moito pero os membros do grupo aínda deberán vencer a timidez e participar máis.
No grupo B falamos sobre Xoeliki, o último libro que lemos, onde un neno vive emocionantes aventuras que levan a un final...feliz?. Invitámosvos a descubrilo.
É un libro de Abraham Carreiro, escritor e ilustrador a quen tivemos o pracer de recibir no colexio o pasado curso. gustou moito a todos os alumnos. Sobre os personaxes, os preferidos son Xoeliki e a súa amiga Ari.
Paula foi a alumna máis participativa. Animádevos para a seguinte.
Moitas grazas a Sara Vila e a Paula, que compartiron con todo o grupo un biscoito e unha torta de mazás deliciosas.
Felices lecturas de nadal
O equipo da biblioteca quere desexarvos un Bo Nadal e para iso seleccionamos unhas maravillosas lecturas que podedes pedirlles aos Reis. Se pinchades no seguinte enlace atoparédelas:
https://www.box.com/s/cyrlp4zjm0ixgn591g1n
https://www.box.com/s/cyrlp4zjm0ixgn591g1n
10 de dec. de 2012
Gañadores Xogo do Sabichondo
Mañá na hora do recreo entregaranse os agasallos e as chapas aos acertantes da segunda edición do Xogo do Sabichondo deste curso.
Os acertantes son os seguintes:
Os acertantes son os seguintes:
1ºA
CRISTINA
2º A
MARÍA *
2º C
EDGAR *
AARÓN
PABLO
3º B
ANTÍA
LUCÍA TURRADO*
NOTA: Os acertantes sinalados co asterisco xa acertan por segunda vez este curso e polo tanto recibirán a chapa amarela.
NORABOA A TODOS!!
As respostas correctas pódense ver no taboleiro de Novas da biblioteca.
28 de nov. de 2012
Novas preguntas do Recuncho de Popi
No panel do Recuncho de Popi aparecen as preguntas que debes contestar.
Indica a fonte documental da que sacaches a información.
PARTICIPA!!
Novas preguntas do Sabichondo
Desta vez debedes escribir os nomes das imaxes que aparecen no panel.
Todas están relacionadas co inverno.
Ánimo e a gañar moitos premios!
Reunión "Os Comelibros"
O mércores da semana pasada reuniuse o grupo B do clube de lectura "Os Comelibros" para poñer en común as nosas impresións sobre o libro que lemos "Como complacer a todo el mundo sin dejar de hacer... lo que uno quiere".
Pasamos un rato moi agradable recordando anécdotas curiosas e características especiais dalgún dos personaxes, especialmente do protagonista, que tén unha habilidade especial para resolver os problemas.
O autor do libro é alemán pero o libro está traducido a máis de vinte idiomas diferentes. Non deixedes de lelo, que é moi divertido.
De aquí a mediados de decembro imos ler "Xoeliki", o libro que xa leron os do grupo A e nos dixeron que tamén era moi divertido.
16 de nov. de 2012
PREMIADOS CONTOS DE MEDO
O día 9 de novembro entregáronse os agasallos aos autores dos mellores contos de medo do Samaín.
Os premiados foron:
3º B:
Sabela Garrido González
Lucía Turrado González
Samuel Juiz Rodríguez
4º A:
Andrea Domínguez Casabella
Alicia Fernández Fernández
4º B:
Vanesa Freitas Táboas
Lome Philippon Salinas
5º A:
Adrián Castañeira Pérez
Alba Niyireth Cruz Bernal
5º B:
Alejandra Boullosa Martínez
Carla Sousa Márquez
5º C:
Cristina Sánchez Meilán
6º A:
Manuela Barbosa Mendes
Irene Fernández Pardo
Aroa Carballido Nogueira
Francisco Miguel González Castro
6º B:
Mar Lorenzo Barrera
Paula Vázquez Gándara
Tamén recibiron un diploma todos os participantes no certame, xa que os seus contos clasificáronse despois dunha selección previa feita nas aulas.
Parabéns par todos!!
Non deixedes de escribir.
Os premiados foron:
3º B:
Sabela Garrido González
Lucía Turrado González
Samuel Juiz Rodríguez
4º A:
Andrea Domínguez Casabella
Alicia Fernández Fernández
4º B:
Vanesa Freitas Táboas
Lome Philippon Salinas
5º A:
Adrián Castañeira Pérez
Alba Niyireth Cruz Bernal
5º B:
Alejandra Boullosa Martínez
Carla Sousa Márquez
5º C:
Cristina Sánchez Meilán
6º A:
Manuela Barbosa Mendes
Irene Fernández Pardo
Aroa Carballido Nogueira
Francisco Miguel González Castro
6º B:
Mar Lorenzo Barrera
Paula Vázquez Gándara
Tamén recibiron un diploma todos os participantes no certame, xa que os seus contos clasificáronse despois dunha selección previa feita nas aulas.
Parabéns par todos!!
Non deixedes de escribir.
Entregas de premios
O pasado día 13 celebrouse a entrega de premios da primeira edición do Xogo do Sabichondo. A cada acertante entregóusele unha chapa branca , que indica o primeiro nivel de Sabichondo. A medida que vaian acertando máis veces recibirán unha chapa de outras cores, que representan categorías superiores. Ademais recibiron cada un un pequeno agasallo. Os acertantes foron os seguintes:
1º A:
CINTHIA
ALEJANDRA
EVA
2º A:
MARÍA
2º B:
AINHOA
2º C:
TANIA
JOANA
ALEJANDRA
ÉDGAR
NICOLE
3º A:
MIGUEL BARREIRO
JUAN
3º B:
LUCÍA TURRADO
LAURA PAZO
LUCÍA IGLESIAS
MENCÍA
JUDIT
CARLA
SUSANA
NEREA
Moitas felicidades a todos!!
1º A:
CINTHIA
ALEJANDRA
EVA
2º A:
MARÍA
2º B:
AINHOA
2º C:
TANIA
JOANA
ALEJANDRA
ÉDGAR
NICOLE
3º A:
MIGUEL BARREIRO
JUAN
3º B:
LUCÍA TURRADO
LAURA PAZO
LUCÍA IGLESIAS
MENCÍA
JUDIT
CARLA
SUSANA
NEREA
Moitas felicidades a todos!!
15 de nov. de 2012
Club de lectura grupo A Xoeliki
O pasado luns 12 de Novembro tivemos a 1ª reunión do grupo A do Club de Lectura "Os Comelibros". O libro que lemos foi Xoeliki, de Abraham Carreiro. En xeral, o libro gustounos moito, pois os/as nenos/as e profes nos sentimos moi identificados co mundo da Internet e dos ordenadores. A medida que estivemos conversando as profes tentamos darlles algunhos consellos os/as rapaces para poder navegar pola Internet con seguridade e incluso lles contamos algunha anécdota persoal.
Zaira fíxonos un pequeno resume do libr o e entre todos/as comentamos algunhos detalles, por exemplo cando a Xoeliki lle deron un "magicphone".
Houbo un momento no que comentamos como eran as personaxes da historia e entre todos fomos desccribindo momentos e detalles curiosos. A personaxe máis interesante era "Maverick" porque é o Xefe Da Resistencia Pirata......
Foi un momento divertido, espero que nas próximas reunións siga sendo así.
31 de out. de 2012
contos do samain
Estes días os alumnos e alumnas de 2º e 3º ciclo estanlles lendo historias de medo aos pequenos. Son historias que eles inventaron, participando nun concurso de contos de medo con motivo do Samaín. As sesións de lectura comezaron onte día 30 e continuarán hoxe e toda a semana que vén. Durante a última sesión de cada día lenlles contos aos alumnos de 1º e 2º de E. Primara e de E. Infantil. Na hora do recreo poderán tamén asistir ás lecturas alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º.
16 de out. de 2012
Popi manda investigar
Estas son as preguntas que se propoñen este mes para o "Recuncho de Popi":
1ª Cal é a orixe do nome da estación do outono?
2ª Escribe tres características desta estación.
3ª Que significa que as árbores sexan de folla caduca?
Lembrade que tedes que indicar cal é a fonte documental da que sacastes a información.
Anímate a participar!!!
1ª Cal é a orixe do nome da estación do outono?
2ª Escribe tres características desta estación.
3ª Que significa que as árbores sexan de folla caduca?
Lembrade que tedes que indicar cal é a fonte documental da que sacastes a información.
Anímate a participar!!!
NORMAS DO SABICHONDO
1ª NO TABOLEIRO APARECEN NOVE IMAXES DE COUSAS QUE PODES ATOPAR NA BIBLIOTECA.
2ª AO LADO DE CADA IMAXE HAI UN NÚMERO.
3º DEBES CONTESTAR Á PREGUNTA: EN QUE LUGAR OU RECUNCHO DA BIBLIOTECA PODES ATOPAR...?
3º DEBES CONTESTAR Á PREGUNTA: EN QUE LUGAR OU RECUNCHO DA BIBLIOTECA PODES ATOPAR...?
4ª NA PLANTILLA DEBES CONTESTAR, AO LADO DE CADA NÚMERO O NOME DO RECUNCHO OU DO LUGAR DA BIBLIOTECA.
PARTICIPA E ...SORTE!!!
Atención aos comelibros
O día 15, na hora do recreo, fixemos a primeira reunión deste curso. Nela faíxose a entrega do material e dos primeiros libros:
"Xoeliki"
"Cómo complacer a todo el mundo sin dejar de hacer... lo que uno quiere"
A actividade tivo moi boa acollida e están apuntados 34 rapazas e rapaces de 6º . Agora... a desfrutar!!!
BENVIDOS!!
Benvidos un novo curso!!
Este ano a biblioteca está renovada e estamos desexando compartila con toda a comunidade educativa.
Polas mañás estamos aquí agardando a vosa presencia, especialmente na hora do recreo.
Tamén como sabedes podedes vir tódalas tardes, agás os martes, de catro a seis. Vinde! Non nos deixedes sós!
Comezou xa o primeiro xogo do Sabichondo e do Recuncho de Popi.
Animádevos a participar!
Tamén se entregaron os primeiros libros aos membros do clube "Os Comelibros".
Este ano a biblioteca está renovada e estamos desexando compartila con toda a comunidade educativa.
Polas mañás estamos aquí agardando a vosa presencia, especialmente na hora do recreo.
Tamén como sabedes podedes vir tódalas tardes, agás os martes, de catro a seis. Vinde! Non nos deixedes sós!
Comezou xa o primeiro xogo do Sabichondo e do Recuncho de Popi.
Animádevos a participar!
Tamén se entregaron os primeiros libros aos membros do clube "Os Comelibros".
19 de xuño de 2012
30 de abr. de 2012
GAÑADORES DO XOGO DO SABICHONDO
EDICIÓN ADICADA ÁS FLORES
2. Érica de 1ºB
3. Miguel de 2ºA
4. Marcos de 2ºA
5. Antía de 2ºB
6. Nikol de 2ºB
7. Laura de 2ºB
8. Olaia de 3ºA
9. Isaac de 3 ºA
10. Lucía de 3ºA
11. Omar de 3ºB
12. Iria de 3ºB
13. Lome de 3ºB
14. Estrella de 3ºC
15. Chantal de 3ºC
16. Lucía de 3º C.
RESPOSTAS AO XOGO DO SABICHONDO
EDICIÓN ADICADA ÁS FLORES
1. tulipán
2. mimosa
3. xirasol
4. camelia
5. caravel
6. xeranio
7. margarida
8. rosa
9. hortensia
La niña de plata
Rogata é unha nena orfa que vive coa súa avoa Solange e con Catuxa, a súa coidadora. Dende nena, Catuxa deulle todo o cariño e a comprensión que a súa avoa non lle puido dar.
Aos trece años, Rogata vive a morte da súa compañeira de pupitre por meninxite, unha dura experiencia que a deixa pálida e delgada. A súa avoa decide enviala a pasar o verán con Catuxa á súa vila para que se recupere. Alí faise moi amiga de Argenta, a nena de prata, marxinada pola xente da aldea.
O encanto desta vila irá desapareciendo para ela ao descubrir o odio e a crueldade dos seus habitantes, que rexeitan a Argenta e á súa avoa porque as culpan inxustamente da morte dun neno.
Biografía de Carmen Gómez Ojea
Licénciase en Filosofía e
Letras pola Universidad de
Oviedo. Reside en Gijón onde compaxina o seu labor como escritora
coa colaboración en varios xornais e revistas.
Obtivo
numerosos premios, destacando o Premio
Nadal de
Novela en 1981.
É
autora de narrativa infantil, xuvenil e para adultos.
En 1982 foi
designada asturiana do ano.
Club de lectura marzo: Carmen Gómez Ojea
Este mes de marzo
todos os grupos do Club de lectura
Os Comelibros, leremos o libro
La niña de plata, da
escritora Carmen Gómez Ojea.
O martes 13 de marzo manteremos a
xuntanza.
RESPOSTAS AO RECUNCHO DE POPI
1.Que significa a palabra
Entroido?
Periodo que precede á Cuaresma, tempo no que se celebran festas populares con máscaras, comparsas, etc.
2.Di tres lugares de Galicia que sexan famosos pola celebración do Entroido?
Laza, Verín e Xinzo de Limia, por exemplo.
3.Que son os cigarróns?
Son personaxes típicos do Entroido en Verín.
Periodo que precede á Cuaresma, tempo no que se celebran festas populares con máscaras, comparsas, etc.
2.Di tres lugares de Galicia que sexan famosos pola celebración do Entroido?
Laza, Verín e Xinzo de Limia, por exemplo.
3.Que son os cigarróns?
Son personaxes típicos do Entroido en Verín.
GAÑADORES DO RECUNCHO DE POPI
EDICIÓN ADICADA AO
ENTROIDO
HELLEN CRISTINA
4ºA
ANA 4ºB
ÁLEX 5ºA
FRAN 5ºA
AROA 5ºA
SANTIAGO 6º A
PAULA 6º A
ESTHER PORRIT
6ºC
PEDRO HENRIQUE 6ºC
RESPOSTAS AO XOGO DO SABICHONDO
4ª EDICIÓN: BANDEIRAS E
PAÍSES
1.URUGUAI
2. MARROCOS
3. ESPAÑA
4. FILIPINAS
5. COLOMBIA
6. BRASIL
7.
ARXENTINA
8. ETIOPÍA
9. PORTUGAL
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
























