Popi convídavos a desfrutar das novas incorporacións da nosa biblioteca. Rápido, que voan!
12 de xan. de 2019
CLUB DE LECTURA
Presentamos aos integrantes do Club de Lectura. Durante o primeiro trimestre leron "Palabras de Caramelo" e "Escarlatina, a cociñeira defunta". Son grandes lectores!
20 de dec. de 2018
Papa Noel pasou pola biblioteca
Papa Noel pasou pola biblioteca... e sabedes o que nos deixou? Un montón de fotos de cando eramos pequen@s!
Desexámosvos unhas felices festas, vémonos en 2019!
26 de nov. de 2018
25-N
Para conmemorar o 25 de Novembro, día Internacional contra a Violencia de Xénero, dende a biblioteca púxose en marcha un taller de siluetas de mans.
Durante uns días, alumnas e alumnos de todos os cursos de Primaria foron pasando pola biblioteca para debuxar a súa man.
Un sinxelo xesto co que unha vez máis, o pequeno gran de area de cada nen@ vai facendo unha fermosa montaña.
4 de nov. de 2018
Un cole terrorífico
Este ano a temática para a celebración do Samaín foron os "coles terroríficos". O cole decorouse para a ocasión, e ademais, os nenos e nenas fixeron unhas escalofriantes historias de medo... Mirade!
Durante o recreo desfrutamos da lectura de terroríficas historias grazas á colaboración dalgúns alumn@s:
Popi está desexando que chegue o Samaín do curso que vén para poder desfrutar outra vez da vosa creatividade e dos vosos disfraces!
6 de out. de 2018
Nov@s lectores
Hai uns días que recibimos na biblioteca unha visita moi especial...
As nenas e nenos de 1º de Primaria visitaron a biblioteca para coñecela, saber como levar libros prestados, como devolvelos, que libros poden coller...
Estiveron moi atentos e marcharon moi contentos cunha carta de benvida de Popi. De seguro que serán uns grandes lectores!
Benvid@s!
Benvid@s un curso máis!
Como sabedes, xa está aberta a biblioteca. Podedes vir nos recreos a ler un chisco, ou a coller algún libro para ler na casa. Tamén podedes vir polas tardes en horario de 4 a 6, agás os martes.
Popi espera ansiosa a vosa visita!
7 de xuño de 2018
VISITA XAVIER ESTÉVEZ E COMPAÑEIROS DO CEIP SANTIAGO DE OLIVEIRA
VISITA XAVIER ESTÉVEZ PARA FALAR DE KIBUCO.
ESTA ACTIVIDADE FOI CONXUNTA COS COMPAÑEIROS DO CEIP SANTIAGO DE OLIVEIRA.
UNHA XORNADA INOLVIDABLE!
GRAZAS A TOD@S
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





















































