21 de dec. de 2012

Os máis emprestados

Esta é a lista dos libros mías emprestados desde principio do curso na nosa biblioteca. Como podedes ver, hai algúns que ocupan sempre os primeiros postos, con lixeiras diferencias. En calquera caso, estamos felices de que tantos rapaces fagades uso da biblioteca para levar libros. Hai moito e bo para escoller.

Novembro 

  1. Mi gran libro de la hora
  2. Bambi
  3. Cans de Ribeira
  4. Os bolechas. O Río
  5. Os bolechas. A Carballeira
  6. Mulán
  7. Osito y sus amigos
  8. Os bolechas queren saber... como é un castro
  9. Os bolechas. A montaña
  10. Personajes de cuentos
  11. Twennies, no tengo miedo
  12. Tartaruga
  13. Cuentos de princesas
  14. Blancanieves y los siete enanitos
  15. O ladrón de paxaros
  16. Busca los dinosaurios
  17. Merlín el encantador
  18. O patadón
  19. Pocahontas

Decembro

  1. Os bolechas. O Río
  2.  Mulán
  3.  Os bolechas. A montaña
  4.  Bambi
  5.  Os bolechas queren saber... como é un castro
  6.  Os bolechas. A Carballeira
  7.  Blancanieves y los siete enanitos
  8.  Adivina que oigo
  9.  Busca los dinosaurios
  10.  La bella durmiente
  11.  Bloblo
  12.  Os bolechas queren saber.. como é un acuario
  13.  Osito y sus amigos
  14.  Cuentos de princesas
  15.  Cans de Ribeira
  16.  Personajes de cuentos
  17.  O traxe de luces
  18.  Os bolechas. A lagoa.
  19.  Merlín el encantador
  20.  Mi gran libro de la hora
  21.  La nueva casa
  22.  Aladdin
  23.  Os tres bandidos
  24.  La zorra y la cigüeña
  25.  Astérix y lo nunca visto
 
 
 

O buzón das recomendacións


Hai cousa dun mes puxemos un buzón onde os alumnos podían recomendar libros que lles gustasen, indicando a idade, o título do libro e o autor . Gracias por participar, especialmente aos nenos e nenas de 7 anos. Animádevos a compartir con todos as vosas preferencias.

Aí vai a lista dos libros que gustaron moito:


6 ANOS:

Zazún y la jirafa

A casa da bruxa



7 ANOS:

Mi primer atlas

O xigante barrigudo

Alicia en el país de las maravillas

Cuentos de Andersen

Caperucita Roja

Los porqués de los animales

Garbancito

El patito feo

La liebre y la tortuga

Curiosidades de los animales

Trio Beta. El guardián del faro

Los animales miedosos

Os bolechas

La batalla de los luchadores Bakugan

Barbie escola de princesas. La Historia



8 ANOS:

Peter Pan

Los Tres Cerditos



9 ANOS:

Biblioteca Escolar



10 ANOS:

Xoeliki

Como complacer a todo el mundo sin dejar de hacer... lo que uno quiere



11 ANOS:

Fiz e os biosbardos





Novas reunións do noso clube de lectura

O martes e mércores pasado reuníronse os grupos A e B do clube de lectura Os comelibros. 

No grupo A intercambiamos impresións sobre o libro "La niña de plata". Recordamos que a autora, a quen recibimos hai dous cursos, nos dixera que o libro foi inspirado na visión dunha nena estraña que se cruzara unha vez na súa vida.
Tomás amosou a súa preferencia por Rogata e Zaira ofreceunos un resumo do libro. Diversos alumnos expresaron a súa pena por algúns acontecementos terribles que conta o libro.
 En xeral o libro gustou moito pero os membros do grupo aínda deberán vencer a timidez e participar máis.

No grupo B falamos sobre Xoeliki, o último libro que lemos, onde un neno vive emocionantes aventuras que levan a un final...feliz?. Invitámosvos a descubrilo.
É un libro de Abraham Carreiro, escritor e ilustrador a quen tivemos o pracer de recibir no colexio o pasado curso. gustou moito a todos os alumnos. Sobre os personaxes, os preferidos son Xoeliki e a súa amiga Ari. 
Paula foi a alumna máis participativa. Animádevos para a seguinte.
Moitas grazas a Sara Vila e a Paula, que compartiron con todo o grupo un biscoito e unha torta de mazás deliciosas.

Felices lecturas de nadal

O equipo da biblioteca quere desexarvos un Bo Nadal e para iso seleccionamos unhas maravillosas lecturas que podedes pedirlles aos Reis. Se pinchades no seguinte enlace atoparédelas:
https://www.box.com/s/cyrlp4zjm0ixgn591g1n

10 de dec. de 2012

Gañadores Xogo do Sabichondo

Mañá na hora do recreo entregaranse os agasallos e as chapas aos acertantes da segunda edición do Xogo do Sabichondo deste curso.
Os acertantes son os seguintes:
1ºA
CRISTINA

2º A
MARÍA *

2º C
EDGAR *
AARÓN
PABLO

3º B
ANTÍA
LUCÍA TURRADO*

 NOTA: Os acertantes sinalados co asterisco  xa acertan por segunda vez este curso e polo tanto recibirán  a chapa amarela.

NORABOA A TODOS!!


As respostas correctas pódense ver no taboleiro de Novas da biblioteca.

28 de nov. de 2012

Novas preguntas do Recuncho de Popi

No panel do Recuncho de Popi aparecen as preguntas que debes contestar.
Indica a fonte documental da que sacaches  a información.
PARTICIPA!!

Novas preguntas do Sabichondo

Desta vez debedes escribir os nomes das imaxes que aparecen no panel.
Todas están relacionadas co inverno.
Ánimo e a gañar moitos premios!

Reunión "Os Comelibros"

O mércores da semana pasada reuniuse o grupo B do clube de lectura "Os Comelibros" para poñer en común as nosas impresións sobre o libro que lemos "Como complacer a todo el mundo sin dejar de hacer... lo que uno quiere".
Pasamos un rato moi agradable recordando anécdotas curiosas e características especiais dalgún dos personaxes, especialmente do protagonista, que tén unha habilidade especial para resolver os problemas.
O autor do libro é alemán pero o libro está traducido a máis de vinte idiomas diferentes. Non deixedes de lelo, que é moi divertido.
De aquí a mediados de decembro imos ler "Xoeliki", o libro que xa leron os do grupo A e nos dixeron que tamén era moi divertido.

16 de nov. de 2012

PREMIADOS CONTOS DE MEDO

O día 9 de novembro entregáronse os agasallos aos autores dos mellores contos de medo do Samaín.
Os premiados foron:

3º B:
   Sabela Garrido González
   Lucía Turrado González
   Samuel Juiz Rodríguez

4º A:
  Andrea Domínguez Casabella
   Alicia Fernández Fernández

4º B:
   Vanesa Freitas Táboas
   Lome Philippon Salinas

5º A:
  Adrián Castañeira Pérez
   Alba Niyireth Cruz Bernal

5º B:
   Alejandra Boullosa Martínez
   Carla Sousa Márquez

5º C:
   Cristina Sánchez Meilán

6º A:
   Manuela Barbosa Mendes
   Irene Fernández Pardo
   Aroa Carballido Nogueira
   Francisco Miguel González Castro

6º B:
   Mar Lorenzo Barrera
   Paula Vázquez Gándara

Tamén recibiron un diploma todos os participantes no certame, xa que os seus contos clasificáronse despois dunha selección previa feita nas aulas.
Parabéns par todos!!
 Non deixedes de escribir.

Entregas de premios

O pasado día 13 celebrouse a entrega de premios da primeira edición do Xogo do Sabichondo. A cada acertante entregóusele unha chapa branca , que indica o primeiro nivel de Sabichondo. A medida que vaian acertando máis veces recibirán unha chapa de outras cores, que representan categorías superiores. Ademais recibiron cada un un pequeno agasallo. Os acertantes foron os seguintes:

1º A:
    CINTHIA
    ALEJANDRA
    EVA

2º A:
    MARÍA

2º B:
    AINHOA

2º C:
    TANIA
    JOANA
    ALEJANDRA
    ÉDGAR
    NICOLE

3º A:
    MIGUEL BARREIRO
    JUAN

3º B:
    LUCÍA TURRADO
    LAURA PAZO
    LUCÍA IGLESIAS
    MENCÍA
    JUDIT
    CARLA
    SUSANA
    NEREA

Moitas felicidades a todos!!

      

15 de nov. de 2012

Club de lectura grupo A Xoeliki

O pasado luns 12 de Novembro tivemos a 1ª reunión do grupo A do Club de Lectura "Os Comelibros". O libro que lemos foi Xoeliki, de Abraham Carreiro. En xeral, o libro  gustounos  moito, pois os/as nenos/as e profes nos sentimos moi identificados co mundo da Internet e dos ordenadores. A medida que estivemos conversando as profes tentamos darlles algunhos consellos os/as rapaces para  poder navegar pola Internet con seguridade e incluso lles contamos algunha anécdota persoal.
Zaira fíxonos un pequeno resume do libr o e entre todos/as comentamos algunhos detalles, por exemplo cando a Xoeliki lle deron un "magicphone". 
Houbo un momento no que comentamos como eran as personaxes da historia e entre todos fomos desccribindo momentos e detalles curiosos. A personaxe máis interesante era "Maverick" porque é o Xefe Da Resistencia Pirata......
Foi un momento divertido, espero que nas próximas reunións siga sendo así.

31 de out. de 2012

contos do samain

Estes días os alumnos e alumnas de 2º e 3º ciclo estanlles lendo historias de medo aos pequenos. Son historias que eles inventaron, participando nun concurso de contos de medo con motivo do Samaín. As sesións de lectura comezaron onte día 30 e continuarán hoxe e toda a semana que vén. Durante a última sesión de cada día lenlles contos aos alumnos de 1º e 2º de E. Primara e de E. Infantil. Na hora do recreo poderán tamén asistir ás lecturas alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º.

16 de out. de 2012

Popi manda investigar

Estas son as preguntas que se propoñen este mes para o "Recuncho de Popi":

1ª  Cal é a orixe do nome da estación do outono?

2ª Escribe tres características desta estación.

3ª Que significa que as árbores sexan de folla caduca?

Lembrade que tedes que indicar cal é a fonte documental da que sacastes a información.

Anímate a participar!!!

NORMAS DO SABICHONDO

  NO TABOLEIRO APARECEN NOVE IMAXES DE COUSAS QUE PODES ATOPAR NA BIBLIOTECA.
2ª AO LADO DE CADA IMAXE HAI UN NÚMERO.
3º DEBES CONTESTAR Á PREGUNTA: EN QUE LUGAR OU RECUNCHO DA BIBLIOTECA PODES ATOPAR...?
4ª NA PLANTILLA DEBES CONTESTAR, AO LADO DE CADA NÚMERO O NOME DO RECUNCHO OU DO LUGAR DA BIBLIOTECA.
PARTICIPA E ...SORTE!!!

Atención aos comelibros


O día 15, na hora do recreo, fixemos a primeira reunión deste curso. Nela faíxose a entrega do material e dos primeiros libros:
"Xoeliki"
"Cómo complacer a todo el mundo sin dejar de hacer... lo que uno quiere"
A actividade tivo moi boa acollida e están apuntados 34 rapazas e rapaces de 6º . Agora... a desfrutar!!!

BENVIDOS!!

Benvidos un novo curso!!
Este ano a biblioteca está renovada e estamos desexando compartila con toda a comunidade educativa.
Polas mañás estamos aquí agardando a vosa presencia, especialmente na hora do recreo.
Tamén como sabedes podedes vir tódalas tardes, agás os martes, de catro a seis. Vinde! Non nos deixedes sós!
Comezou xa o primeiro xogo do Sabichondo e do Recuncho de Popi.
Animádevos a participar!

Tamén se entregaron os primeiros libros aos membros do clube "Os Comelibros".

30 de abr. de 2012

GAÑADORES DO RECUNCHO DE POPI

EDICIÓN ADICADA ÁS MULLERES GALEGAS ILUSTRES


 

Irene e Aroa de 5º A.

GAÑADORES DO XOGO DO SABICHONDO

EDICIÓN ADICADA ÁS FLORES


 

1. Naira de 1º A
2. Érica de 1ºB
3. Miguel de 2ºA
4. Marcos de 2ºA
5. Antía de 2ºB
6. Nikol de 2ºB
7. Laura de 2ºB
8. Olaia de 3ºA
9. Isaac de 3 ºA
10. Lucía de 3ºA
11. Omar de 3ºB
12. Iria de 3ºB
13. Lome de 3ºB
14. Estrella de 3ºC
15. Chantal de 3ºC
16. Lucía de 3º C.

RESPOSTAS AO XOGO DO SABICHONDO

            EDICIÓN ADICADA ÁS FLORES


                                       1. tulipán
                                       2. mimosa
                                       3. xirasol
                                       4. camelia
                                       5. caravel
                                       6. xeranio
                                       7. margarida
                                       8. rosa
                                       9. hortensia

La niña de plata



Rogata é unha nena orfa que vive coa súa avoa Solange e con Catuxa, a súa coidadora. Dende nena, Catuxa deulle todo o cariño e a comprensión que a súa avoa non lle puido dar.

Aos trece años, Rogata vive a morte da súa compañeira de pupitre por meninxite, unha dura experiencia que a deixa pálida e delgada. A súa avoa decide enviala a pasar o verán con Catuxa á súa vila para que se recupere. Alí faise moi amiga de Argenta, a nena de prata, marxinada pola xente da aldea.

O encanto desta vila irá desapareciendo para ela ao descubrir o odio e a crueldade dos seus habitantes, que rexeitan a Argenta e á súa avoa porque as culpan inxustamente da morte dun neno.

Biografía de Carmen Gómez Ojea

Licénciase en Filosofía e Letras pola Universidad de Oviedo. Reside en Gijón onde compaxina o seu labor como escritora coa colaboración en varios xornais e revistas.
Obtivo numerosos premios, destacando o Premio Nadal de Novela en 1981.
É autora de narrativa infantil, xuvenil e para adultos.
En 1982 foi designada asturiana do ano.

Club de lectura marzo: Carmen Gómez Ojea



Este mes de marzo todos os grupos do Club de lectura

Os Comelibros, leremos o libro La niña de plata, da

escritora Carmen Gómez Ojea.


O martes 13 de marzo manteremos a xuntanza.

RESPOSTAS AO RECUNCHO DE POPI

1.Que significa a palabra Entroido?
Periodo que precede á Cuaresma, tempo no que se celebran festas populares con máscaras, comparsas, etc.

2.Di tres lugares de Galicia que sexan famosos pola celebración do Entroido?
Laza, Verín e Xinzo de Limia, por exemplo.

3.Que son os cigarróns?
Son personaxes típicos do Entroido en Verín.

GAÑADORES DO RECUNCHO DE POPI

EDICIÓN ADICADA AO ENTROIDO


HELLEN CRISTINA 4ºA


ANA 4ºB

ÁLEX 5ºA

FRAN 5ºA

AROA 5ºA

SANTIAGO 6º A

PAULA 6º A

ESTHER PORRIT 6ºC

PEDRO HENRIQUE 6ºC

RESPOSTAS AO XOGO DO SABICHONDO

4ª EDICIÓN: BANDEIRAS E PAÍSES



1.URUGUAI

2. MARROCOS

3. ESPAÑA

4. FILIPINAS

5. COLOMBIA

6. BRASIL

7. ARXENTINA

8. ETIOPÍA

9. PORTUGAL

XOGO DO SABICHONDO: BANDEIRAS E PAÍSES

4ª EDICIÓN:
BANDEIRAS E PAÍSES.



GAÑADORES



1. CAROLINA LÓPEZ DE 1º B

2. MIGUEL BARREIRO DE 2º A

3. MENCÍA DE 2º A

4. IVÁN DE 2º A

5. LUCÍA TURRADO DE 2º B

6. LAURA PAZO DE 2º B

7. AINOA DE 2º B

8. SENBETE DE 2º B

9. LUCÍA 3º A

10. EUNICE DE 3º A

11. ADRIÁN DE 3º

12. SARAY CARRERA DE 3º A

13. OMAR GORIS DE 3º B

14. LOME DE 3º B

15. CECILIA DE 3º C

16. CHANTAL DE 3º C

17. ESTRELLA DE 3º C

CLUB DE LECTURA MES DE FEBREIRO. GRUPO B

“CÓMO COMPLACER A TODO EL MUNDO SIN DEJAR DE HACER ... LO QUE UNO QUIERE” DE PETER- KLAUS WOLF

A Miguel Barreiro de 6ºA gustoulle a parte do cementerio. Miguel di que se nota cando se minte porque un termina facendo xestos que o delatan.

A Esther Porrit, de 6ºC, gustoulle cando Félix mantiña unha conversa con Rosa.

Paula pensa que na vida non se consigue nada con mentiras. Aínda así, Félix minte moi ben porque conseguiu que Raúl fose o seu excravo.

Santi opina que no colexio non se debe mentir porque non é unha materia. Cando sexamos maiores, por moito que mintamos non imos ter un futuro mellor.

David di que cando un minte é para o seu propio ben.

Paula dinos que Félix é unha especie de pegamento entre os pais porque o amor que lle teñen impídelles separarse.

Para Ana, os dous pais teñen dereito a estar co seu fillo. Tamén pensa que o máis difícil é mentirse a si mesmo.

Paula comenta que para Félix mentir é dicir o que os demais queren escoitar, pero iso non é bo, porque se sacas un tres nun exame, non che poden dicir ¡Moi ben!, aínda que iso fose xusto o que ti quixeses escoitar.

Para concluír, Félix, cando minte, pensa na súa propia felicidade e non na dos demais.

GAÑADORES DO RECUNCHO DE POPI

EDICIÓN ADICADA AOS DIREITOS HUMANOS


ÁNGEL BARREIRO 6º A

EVA VARELA 6ºC

PAULA 6º A

ALBA CASTRO PÉREZ 6ºA

CLARA MARTÍNEZ JULIÁN 4ºA

HELLEN CRISTINA 4ºA

ESTHER PORRIT 6ºC

RESPOSTAS AO RECUNCHO DE POPI

Que son os dereitos humanos?

  1. Son aqueles Dereitos básicos para toda persoa que constitúen a súa dignidade como tal .

Que di o artigo 3 da Declaración dos dereitos humanos?

  1. art 3. todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa.


Cando se conmemora? Nomea 3 dereitos

10 de Decembro


  • Dereito a vivir con dignidade.
  • Dereito á Educación.
  • Dereito a ter unha familia.

CLUB DE LECTURA MES DE FEBREIRO. GRUPO A

LIBRO “CHAMÁDEME SIMBAD” DE FRANCISCO CASTRO.

COMENTARIOS:



A Pedro de 6ºC gustoulle a parte cando o avó de Paulo chamáballe Simbad ao neno e cando xogan a ser piratas.

A Angélica de 6ºA pareceulle un pouco triste o libro porque ela ten a súa avoa en Colombia que sofre alzheimer e ela recoñecía moitos dos síntomas da enfermidade no libro.

Eva de 6ºC dixo que lle gustara o libro sobre todo polo inxenio que tivo Paulo para atopar ao seu avó.

As profes Marga e Mar plantexaron temas aos rapaces como o feito de coidar ou non aos nosos maiores dentro do entorno familiar, que papel xogan os xeriátricos ou os centros de día na sociedade actual, etc

16 de abr. de 2012

Club de lectura: Grupo A

LIBRO “CÓMO COMPLACER A TODO EL MUNDO SIN DEJAR DE HACER ... LO QUE UNO QUIERE” DE PETER- KLAUS WOLF.

 

COMENTARIOS:


A Pedro de 6º C gustoulle a parte cando Félix lle presenta ao seu pai a profesora, a señorita Bárbara Cañonero e como Félix a describe: “Bárbara Cañonero es la responsable del Programa Antidroga del colegio, ... su voz es supersuave y delicada, su pelo brilla, .... huele a vainilla”.



A Angélica de 6ºA pareceulle curioso que Félix falase cos mortos como se estiven vivos, por exemplo na páx 122 cando fala coa morta Rosa: “ tengo la sensación de que con los muertos se puede hablar mejor que con los vivos”.


A Nerea e a Ainhoa de 6ºC chamoulles a atención algúns nomes dos personaxes como o profesor Napia, a señora Cerdá, Félix Constipado, etc, ...


A Damián de 6ºB lle gustou como Félix manipula a Raúl, o matón da clase, consigue dominar a Raúl porque quería aprender Hojurani, un arte marcial, que era un invento de Félix.


A Eva de 6ºC sinalou que a relación entre os pais de Félix non era moi axeitada, eran totalmente opostos, pero ás veces non se respetaban.


As profes Marga e Mar fixeron fincapé en que lles parecía o feito de mentir constantemente, como por exemplo na páx. 7: “Mentir verdaderamente bien hace a todo el mundo feliz”.




3ª edición do Xogo do Sabichondo: Cousas relacionadas co Nadal

GAÑADORES


  1. UXÍA RODRÍGUEZ DE 1º C
  2. MIGUEL BARREIRO DE 2º A
  3. LUCÍA VENDITTI DE 3º B
  4. OMAR GORIS DE 3º B
  5. CHANTAL DE 3º C
  6. RAÚL DE 4º C
  7. IRENE DE 5º A
  8. AROA DE 5º A
  9. JENNIFER DE 5º B
  10. SARA VILA DE 5º B
  11. ALBA CASTRO DE 6º A
  12. ÁFRICA GORIS DE 6º B
  13. AHINOA RGUEZ. DE 6º C


RESPOSTAS


  1. PAPÁ NOEL.
  2. ÁRBORE DE NADAL.
  3. FLOR DE PASCUA OU DE NADAL.
  4. MAZAPÁN.
  5. BOLAS.
  6. ACIBRO.
  7. RENOS.
  8. REIS MAGOS.
  9. TURRÓN.

Xuntanza Club de lectura: Chamádeme Simbad

O luns 16 de xaneiro tivemos a xuntanza do Club de lectura co libro Chamádeme Simbad do escritor Francisco Castro.
Os asistentes afirman que foi unha lectura fácil e que non lles levou moito tempo ler o libro.
Tania Iglesias de 6ºB di que lle chamou a atención que o neno fose só a buscar ao avó.
Nicolás Astray de 6ºA comenta dúas escenas graciosas do libro e di que se nese momento pasouno ben porque lle fixeron moita graza.
Nicolás tamén di que o que menos lle gustou do libro foi que os pais do protagonista querían enviar ao avó a unha residencia.
Tivemos unha conversa moi amena pois falamos de diversos temas acerca do libro e tamén da enfermidade do Alzheimer.

CHAMÁDEME SIMBAD

Francisco Castro é escritor, coordinador de Novos Proxectos na Editorial Galaxia e blogueiro.

O autor, nacido en Vigo, leva moitos anos traballando no campo da comunicación e a xestión cultural.É asiduo colaborador de diversos medios de comunicación galegos como cronista cultural. Foi un dos primeiros autores en promover o uso da Internet como motor para a animación á lectura e o debate cultural dende a súa concurrida bitácora “A canción do náufrago”.

A súa carreira como escritor comezou en 1991 coa publicación de Amor de cinema, ao que lle seguiron outros títulos coma:

  • A canción do náufrago
  • As palabras da néboa
  • O ceo dos afogados
  • Play-Back
  • Río Leteo
  • Spam
  • Un bosque cheo de faias
  • Xeografías
  • Xeración Perdida

O libro de Francisco Castro que estamos a traballar no club de lectura é Chamádeme Simbad, publicado pola Editorial Galaxia no ano 2009.