30 de abr. de 2012

CLUB DE LECTURA MES DE FEBREIRO. GRUPO B

“CÓMO COMPLACER A TODO EL MUNDO SIN DEJAR DE HACER ... LO QUE UNO QUIERE” DE PETER- KLAUS WOLF

A Miguel Barreiro de 6ºA gustoulle a parte do cementerio. Miguel di que se nota cando se minte porque un termina facendo xestos que o delatan.

A Esther Porrit, de 6ºC, gustoulle cando Félix mantiña unha conversa con Rosa.

Paula pensa que na vida non se consigue nada con mentiras. Aínda así, Félix minte moi ben porque conseguiu que Raúl fose o seu excravo.

Santi opina que no colexio non se debe mentir porque non é unha materia. Cando sexamos maiores, por moito que mintamos non imos ter un futuro mellor.

David di que cando un minte é para o seu propio ben.

Paula dinos que Félix é unha especie de pegamento entre os pais porque o amor que lle teñen impídelles separarse.

Para Ana, os dous pais teñen dereito a estar co seu fillo. Tamén pensa que o máis difícil é mentirse a si mesmo.

Paula comenta que para Félix mentir é dicir o que os demais queren escoitar, pero iso non é bo, porque se sacas un tres nun exame, non che poden dicir ¡Moi ben!, aínda que iso fose xusto o que ti quixeses escoitar.

Para concluír, Félix, cando minte, pensa na súa propia felicidade e non na dos demais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario