“CÓMO COMPLACER A TODO EL MUNDO SIN DEJAR DE HACER ... LO QUE UNO
QUIERE” DE
PETER- KLAUS WOLF
A Miguel Barreiro de 6ºA
gustoulle a parte do cementerio. Miguel di que se nota cando se minte porque un
termina facendo xestos que o delatan.
A Esther Porrit, de 6ºC,
gustoulle cando Félix mantiña unha conversa con Rosa.
Paula pensa que na vida non se
consigue nada con mentiras. Aínda así, Félix minte moi ben porque conseguiu que
Raúl fose o seu excravo.
Santi opina que no colexio non
se debe mentir porque non é unha materia. Cando sexamos maiores, por moito que
mintamos non imos ter un futuro mellor.
David di que cando un minte é
para o seu propio ben.
Paula dinos que Félix é unha
especie de pegamento entre os pais porque o amor que lle teñen impídelles
separarse.
Para Ana, os dous pais teñen
dereito a estar co seu fillo. Tamén pensa que o máis difícil é mentirse a si
mesmo.
Paula comenta que para Félix
mentir é dicir o que os demais queren escoitar, pero iso non é bo, porque se
sacas un tres nun exame, non che poden dicir ¡Moi ben!, aínda que iso
fose xusto o que ti quixeses escoitar.
Para concluír, Félix, cando minte, pensa na súa
propia felicidade e non na dos demais.