18 de feb. de 2014

TECENDO POEMAS


Hoxe 19, damos comezo a una nova proposta dende o Equipo de Biblioteca: O MES DA POESÍA: TECENDO POEMAS, con motivo do centenario de Xosé María Díaz Castro. Este será o autor ao que se lle dedique o DÍA DAS LETRAS GALEGAS este ano 2014.
Aquí vos deixamos máis información sobre a proposta.


NOVOS XOGOS

             Na semana pasada apareceu unha nova edición dos xogos.
 No Xogo do Sabichondo queremos que clasifiquedes os animais vertebrados que aparecen nas fotografías. Atención! Non é dicir o nome do animal senón dicir de que clase é. Tedes unha pista no papel das respostas.
            O Recuncho de Popi tratará sobre o Día de San Valentín, día dos namorados que, como sabedes, é o 14 de febreiro. Respondede ás preguntas e lembrade que debedes escribir o nome das fontes documentais.

PREMIOS DOS XOGOS DE XANEIRO

O pasado martes 12, entregamos os premios aos acertantes dos Xogos de Biblioteca propostos no mes de xaneiro. NORABOA A TODOS!

          XOGO DO SABICHONDO



            RECUNCHO DE POPI



10 de feb. de 2014

ACERTANTES DOS XOGOS DE XANEIRO

Xa foron publicados nos taboleiros do Equipo de Biblioteca os gañadores destes xogos de xaneiro, tanto do RECUNCHO DE POPI coma do XOGO DO SABICHONDO. Velaquí tedes as listas.






OS PREMIOS ENTREGARANSE MAÑÁ DÍA 12 NA HORA DO RECREO.

5 de feb. de 2014

IMAXES DOS COMELIBROS

Como xa aparece no almanaque de reunións o día 21 de xaneiro o grupo B de Os Comelibros reuniuse para falar do libro "AVENTURAS DE LA MANO NEGRA"
O grupo A non pudo reuniunirse ese martes, así que a reunión tivo lugar o 28 de febreiro para falar de "A CARREIRA MÁIS DESATINADA DO MUNDO".
Ambos os dous grupos comentaron o que máis lles gustou de cadanseu libro, fixeron unha análise crítica da historia e falaron sobre as personaxes preferidas.
Aquí temos algunhas das imaxes de ambas as dúas reunións
Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Free digital scrapbook created with Smilebox



A vindeira reunión será o 18 de febreiro. As lecturas para comentar ese día serán as seguintes:
GRUPO A: "O MISTERIO DAS BADALADAS" en formato papel.
GRUPO B: "EL PRINCIPITO" en formato electrónico

LECTURAS DO COMELIBROS

As lecturas a comentar nesta última reunión do clube de lectura eran as seguintes:

  • Os alumnos e alumnas do GRUPO A tiveron a oportunidade de ler no libro electrónico "A CARREIRA MÁIS DESATINADA DO MUNDO" de Gerónimo Stilton. Xa  falamos un chisco sobre o libro. Que vos parece se hoxe comentamos algo sobre o autor?
          Todos pensabades que este libro o escribira GERÓNIMO  STILTON! 
Pero é realmente ese o nome do escritor? Pois ben rapaces e rapazas, que saibades que ese é o nome ficticio co que firma a escritora italiana ELIZABETTA DAMI
Ás veces tamén escribe baixo o seudónimo de TEA STILTON. Elizabetta é filla de Piero Dami, que é un dos escritores de literatura infantil más coñecidos do mundo.

Se queredes coñecer máis sobre este escritor ficticio, GERÓNIMO STILTON, non tedes máis que premer na seguinte ligazón que está relacionado co seu mundo. Aquí atoparedes xogos, cancións e moitas cousas máis.

                                         CLUBE GERÓNIMO STILTON

  • Os alumnos e alumnas do GRUPO B leron sobre papel "AVENTURAS DE LA MANO NEGRA" que foi escrita por HANS JÜRGEN PRESS, un ilustrador e escritor de libros infantiles que naceu nun pequeno pobo alemán en 1926. A maioría dos seus libros conteñen historias nas que o lector debe buscar pistas nas ilustracións e resolver un enigma.
Félix, Adela, Rollo, Kiki e a súa aridlla forman "la mano negra" e reúnense á salida do colexio. Grazas ás súas dotes deductivas e de observación dedícanse a esclarecer misterios a partires da averiguación de datos. Nas catro historias que conforman este libro, o lector tamén participa coma dectective e pon a proba a súa capacidade deductiva, a través de pistas, do establecemento de relacións de causalidade entre os feitos, os actos e a intuición.

REUNIÓNS DOS COMELIBROS

Lembrámosvos os días que temos as reunións do clube de lectura OS COMELIBROS para este segundo trimestre do curso. Tamén podedes botar unha ollada tamén na parte dereita deste blog para non esquecervos dos días.


4 de feb. de 2014

CONSTRUINDO A PAZ

E como non temos un novo XOGO DO SABICHONDO para os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º. Coincidindo con xaneiro, que é o mes no que festexamos o Día da Paz, este xogo está relacionado cos VALORES NECESARIOS PARA CONSTRUIR A PAZ,
Coma nos outros xogos, contamos con nove imaxes ás que lle temos que dar nome. 
Aínda que desta vez vos damos algunha pista máis, xa que vos incluimos as letras, desordeadas, das palabras correctas.



NUNS DÍAS PUBLICAREMOS TANTO NO BLOG COMA NOS TABOLEIROS OS GAÑADORES DO XOGO DO SABICHONDO E DO RECUNCHO DE POPI.

NELSON MANDELA

Comezamos este novo ano con outro concurso máis do RECUNCHO DE POPI. Esta vez quixemos facer unha homenaxe a NELSON MANDELA ao cal se lle concedeu o PREMIO NOBEL DA PAZ en recoñecemento da súa contribución á cultura da paz e da liberdade.



ÁNIMO RAPACES E RAPAZAS! AS PREGUNTAS SON BEN SINXELAS! SE PRECISADES AXUDA PODEDES FACER USO DOS ORDENADORES E LIBROS DA BIBLIOTECA.



3 de feb. de 2014

LECTURAS DE XANEIRO

FELIZ ANINOVO RAPACES E RAPAZAS! 

Parece que as vacacións vos abriu o apetito da lectura. Non hai máis que ver a lista dos libros máis emprestados no mes de xaneiro! Velaquí tedes a relación de libros máis lidos por vós neste mes.