Na
semana pasada apareceu unha nova edición dos xogos.
No Xogo do Sabichondo
queremos que clasifiquedes os animais vertebrados que aparecen nas fotografías.
Atención! Non é dicir o nome do animal senón dicir de que clase é. Tedes unha
pista no papel das respostas.
O Recuncho de Popi tratará sobre o
Día de San Valentín, día dos namorados que, como sabedes, é o 14 de febreiro.
Respondede ás preguntas e lembrade que debedes escribir o nome das fontes
documentais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario